O CITA reanuda a actividade con limitación de aforo

38
  • Non se permitirán visitas en grupo e estableceranse protocolos de seguridade e prevención para persoal e visitantes

A Xunta de Goberno vén de aprobar a reanudación do ‘Servizo de xestión do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais’ (CITA) á entidade Eulen Centro Especial de Empleo S.A. A suspensión deste contrato de xestión fixérase efectiva o pasado 30 de marzo atendendo ás restricións do estado de alarma que non permitían abrir a público este espazo museográfico. 

A reanudación do servizo faise efectivo desde hoxe, aínda que por ser luns -día que os museos non abren ao público- a apertura para visitantes comezará mañá. As persoas que desexan visitar este espazo poderán achegarse directamente ou ben solicitar cita previa no teléfono 986 09 06 77. En todo caso, as visitas estarán suxeiras a limitación de aforo e non se permitirán visitas en grupo. A apertura realizarase atendendo a todas as medidas esixidas en materia de seguridade, como a distancia entre visitantes e entre visitantes e traballadores, desinfección de espazos e posta a disposición do público de dispensadores de xel hidroalcólico.