Restrínxese o tráfico na avenida Xoán Carlos I e na glorieta con Gaiteiro Ricardo Portela

11

Durante a xornada deste xoves e venres, entre as 8h e as 20h, está previsto que se restrinxa o tráfico nun tramo da avenida Xoán Carlos I e na glorieta coa rúa Gaiteiro Ricardo Portela, co obxecto de proceder a rehabilitar a capa de rodadura en dous puntos deste vial para subsanar o deterioro que presenta.

A actuación, que se enmarca nas reposicións de firme que se están a realizar en diversas rúas da cidade dentro do contrato de mantemento de espazos públicos, conleva un plan de tráfico específico durante as dúas xornadas. 

Así, o treito da avenida Xoán Carlos I comprendido entre a avenida de Lugo e a rúa San Mauro permanecerá pechada ao tráfico e só se permitirá o acceso a garaxes. No relativo á actuación na glorieta Xoán Carlos I con Gaiteiro Ricardo Portela, o tráfico afectará aos accesos desde Pintor Laxeiro ( por rúa Lagares e por Avda. Juan Carlos I ) e Gaiteiro Ricardo Portela que se limitarán exclusivamente a garaxes ubicados antes da zona de obras. Mentres, o tráfico pola avenida Xoán Carlos I no sentido avenida de Lugo cara a rúa Pintor Laxeiro non sufrirá restriccións.