O investimento na renovación do alumeado de Alba, Cerponzóns e Campañó supera os 1,3 millóns de euros

42
Logos IDAE + fondos FEDE
  • Renovaranse 35 cadros de mando e 2.135 puntos de luz, o que suporá unha redución do consumo enerxético do 66% 
  • A renovación do alumeado público nas parroquias enmárcase na liña de mellora das condicións de vida no rural e dentro do programa de coidado do medio ‘Efecto PO2’
  • Estas tres parroquias súmanse ás actuacións xa aprobadas en Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, á que se está acomentendo en Lourizán, e as xa realizadas en Bora, Ponte Sampaio e A Canicouva

As parroquias de Campañó, Alba e Cerponzóns súmanse á planificación do Concello para renovar o alumeado públicos nas parroquias. A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías vén de anunciar que a Xunta de Goberno aprobou a solicitude para acometer esta actuación. Trátase dunha subvención que implica a cofinanciación a través do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) e cuxo investimento se cifra en 1.325.738,22 euros.

A renovación de todo o alumeado exterior nestas tres parroquias supoñen a renovación de 35 cadros de mando e de 2.135 puntos de luz, o que supón unha redución do consumo enerxético do 66%.  Precisamente no aforro e  na eficiencia enerxética fixo fincapé Anabel Guías quen indicou que “estamos nunha liña importantísima neste mandato de coidado do medio a través do Efecto PO2 que, aparte das cuestións máis obvias como a compostaxe ou a redución de CO2, pois ten que ver con cuestións como reducir o consumo de enerxía eléctrica nas instalacións reformadas, regular os niveis de iluminación, e contribuír ao aforro enerxético”. 

Lembrou que ao longo deste mandato  se leva traballando de xeito constante para completar a renovación do alumeando en case dous do rural pontevedrés, sumando as solicitudes das tres parroquias aprobadas esta mañá. Así, Cerponzósn, Alba e Campañó sumaranse á renovación xa realizada en Ponte Sampio, en Bora e na Canicouva, á que se está realizando en Lourizán, e ás solicitudes xa aprobadas en Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido. Todas estas actuacións suman preto de 3 millóns de euros que, en palabras da concelleira “van destinados a mellorar as condicións enerxéticas e o medio ambiente tnas zonas rurais do Concello, e a manter unha clara aposta polo rural, non só con obras de abastecemento e saneamento, senón tamén noutras cuestións como o alumeado ou as rozas”.

Convén lembrar que a substitución de luminarias leds no alumeado exterior reforza cuestións como a seguridade nas rúas, a seguranza viaria, a redución das avarías ou a rebaixa da luz intrusa. Entre as vantaxes da tecnoloxía led cómpre salientar a alta calidade e rendemento, a posibilidade de dirixir a luz con precisión á área que se quere iluminar, a redución da contaminación lumínica, a ausencia de radiación infravermella e ultravioleta, ou a alta resistencia e durabilidade desta tecnoloxía.