O Concello autoriza 109 fogueiras de San Xoán a particulares

18
  • Só se autorizan cacharelas en espazos particulares nos que se garantas as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galicia 

O Concello de Pontevedra pechou o pasado venres o prazo para presentar comunicación para a celebración de fogueiras de San Xoán en espazos particulares. En total foron 109 as comunicacións presentadas polas dúas vías implementadas: por sede electrónica e presencialmente na Policía Local.

Este ano e por causa das restricións derivadas da crise sanitaria, o Concello tomou a decisión de non autorizar fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que non é o momento sanitario máis acaído e porque tampouco se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións.

Ao respecto das fogueiras en espazos particulares, o Concello manten os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galiza.