Retómanse os zafarranchos de limpeza nos barrios de Pontevedra

4
  • Comezaron a primeira semana de xuño na rúa Cordón, en Pintor Manuel Colmeiro e no Costado. Este xoves farase no barrio da Seca.

Coa fin do desconfinamento, a Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, retoma os zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade. 

Viñéronse facendo dende a primeira semana de xuño na rúa do Cordón, en Pintor Manuel Colmeiro ou na rúa do Costado. Nesta semana será no barrio da Seca.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.