A reforma de Loureiro Crespo avanza cara a rúa Ángel Amor Ruibal

35
  • Pecharase a circulación de entrada á cidade entre as rúas Forcarei e Ángel Amor Ruibal dende o luns, 29 de xuño, ás 08.00 horas.

As obras de reforma de Loureiro Crespo e do barrio do Castañal avanzan dende mañá cara as rúas Forcarei e Ángel Amor Ruibal, o que obriga a pechar o tráfico de saída da cidade nese tramo.

O corte está previsto dende as 08.00 horas do luns, 29 de xuño. 

O acceso aos garaxes do tramo en obras realizarase pola rúa Loureiro Crespo, polo carril que se manterá operativo ao tráfico (sentido centro cidade). A partir da intersección coa rúa Ángel Amor Ruibal permítese a circulación cara á Avenida de Lugo. 

Convén lembrar que a reforma de Loureiro Crespo e O Castañal deu inicio o pasado 27 de abril e que é unha das máis ambiciosas das proxectadas na cidade, cun orzamento de preto de 3 millóns de euros para a actuación completa. Cun prazo de execución de 11 meses, estenderá os estándares de calidade urbana propios do Modelo Pontevedra a unha das entradas da cidade, e que comprende as rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas, ademais da propia Loureiro Crespo. Implica a renovación da pavimentación e o largo das beirarrúas e varios puntos, ao tempo que inclúe a renovación de todos os servizos soterrados, a instalación de nova iluminación, novo mobiliario urbano, e a plantación de novas árbores en algúns dos treitos.