A romaría de San Bieito reformúlase para manter as medidas de seguridade e prevención pola Covid-19

14
  • Suprímense a comida popular e as orquestas e mantéñense as actuacións musicais con pasarrúas ao longo do día, co obxectivo de evitar a concentración de persoas

A popular romaría de San Bieito celebrará mañá o seu día grande pero cuns festexos marcados polas circunstancias derivadas da Covid-19. Así, ademais do uso de máscara e as recomendacións de hixienizar as mans e manter distancias de seguridade ao menos de 1,5 metros para minimizar o risco de contaxio, tamén se eliminaron as partes do programa máis propicios á producir aglomeracións. Nesta edición, non se celebrará a verbena nocturna nin a comida popular con mexilloada e empanada dos últimos anos.

Atendendo ás circunstancias especiais do momento, o Concello tan só mantén as dianas e alboradas, e os pasarrúas de grupos de música tradicional que está previsto que realicen percorridos ao longo de todo o día. A idea é que estas actuacións musicais sexan itinerantes e non favorezan a concentración de persoas nun mesmo punto.

COMPARTIR