O Concello reforza o sistema de atención telefónica nos servizos de Rexistro e Padrón

61
  • A maiores de reforzar as centraliñas, vén de habilitarse unha liña nova específica para o Padrón: 986 850 337
  • Ademais da carga de traballo derivada da pasada cita electoral, no Padrón tamén se concentra un importante número de solicitudes de documentación necesaria para as axudas para o Ingreso Mínimo Vital 

A concelleira de Réxime Interior, Anabel Gulías, vén de anunciar que o Concello está a reforzar a atención telefónica tanto na centraliña como nos Servizos de Rexistro e Padrón.  Así, neste momento a centraliña está sendo atendida por dúas persoas, e as chamadas dirixidas directamente Rexistro e Padrón por catro, que pasarán a ser cinco a partires do xoves. Ademais, para o Servizo de Padrón creouse unha liña nova específica: 986850337.

Anabel Gulías explicou que na última semana se detectou unha conxestión importante nas liñas de atención ao público en xeral, e nomeadamente no Servizo de Padrón. Entre as causas deste “atasco” menciou os trámites derivados da cita electoral do pasado domingo, e o incremento de solicitudes de documentación necesaria para as axudas para o Ingreso Mínimo Vital. 

A concelleira indiciou que con este reforzo se pretende mellorar a atención á cidadanía, e minimizar os efectos que o traslado provisional destes servizos á Casa da Luz poidan ocasionar. Neste sento, lembrou que tanto Padrón como Rexistro está previsto que volvan para as dependencias de Michelena o vindeiro mes e que o novo sistema de citas previas quede implantado no mes de setembro.