Os cursos de verán da Uned abordan o futuro de Europa e o Camiño de Santiago

37

O Concello de Pontevedra volve a colaborar coa organización dos cursos de verán da Uned que se celebrarán dende mañá e até este venres, modificando a súa habitual organización.

Nesta ocasión, oferta dous cursos de 130 prazas, 10 delas presenciais nas aulas da Uned en Monte Porreiro o resto online, para abordar O futuro de Europa e o Camiño de Santiago.

A directora da Uned, Marina Troncoso reuniuse esta mañá co alcalde quen afirmou que estes cursos “posicionan á cidade”, xa que a maior parte dos particiantes deciden permanecer aloxados en Pontevedra e gozar da vila durante a súa estancia.