Primeiras probas de iluminación na Ponte do Burgo

167
  • A obra ten que estar rematada o 31 de xullo, cando está prevista a súa recepción administrativa.

As obras da Ponte do Burgo chegan ao seu fin,  polo que é o momento de comezar a facer as primeiras probas de iluminación. Onte pola noite fíxose a primeira do taboleiro que está inxectado de distintos puntos de luz amosando o Camiño de Santiago.

Na proba estivo o concelleiro de Obras urbanas, Demetrio Gómez que nestes días confirmou que as obras da Ponte do Burgo teñen que estar rematadas a 31 de xullo, cando se recibirá oficialmente a obra.

Na actualidade, a obra só está pendente de rematar a instalación da iluminación que xa está colocada no taboleiro central e tamén nun dos laterais. Nas vindeiras dúas semanas, a empresa Setga adxudicataria da nova iluminación, rematará os traballos pendentes para a entrega definitiva da obra que está financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).