Adxudicada a explotación do aparcadoiro soterrado Veteris

52
  • Adxudícase á empresa Paking Ciudad de Pontevedra por un canon anual de 26.500 euros 

A Xunta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación en réxime de concorrencia mediante concesión demanial da explotación do aparcadoiro soterrado na Unidade de Actuación 35 do PXOM. Trátase do coñecido como aparcadoiro Veteris que, tras catro licitacións, foi adxudicado á única empresa que presentou oferta: Parking Centro Ciudad de Pontevedra S.L.

A cuarta das licitacións dera comezo no mes de maio deste ano, cando se aprobara o informe-proposta do proxecto e os pregos de adxudicación deste aparcadoiro soterrado, e tras xuntanza da mesa de contratación a finais de xullo, o proceso remata coa aprobación da proposta de axudicación en Xunta de Goberno esta mañá. A adxudicación realízase por  65 anos, cun canon anual de 26.500 euros máis IVA.