O Campionato de España de Tríatlon Sprint Pontevedra 2020 presenta listas de saída de luxo con triatletas internacionais e olímpic@s

215
  • As probas principais teñen lista de espera dende hai semanas ou meses e inclúen nomes como Alberto González, Fernando Alarza, Iván Raña, Tamara Gómez, Miriam Casillas e Saleta Castro

Xa se coñecen as listas de saída provisionais do Campionato de España de Tríatlon Sprint Pontevedra 2020, a competición de regreso do tríatlon nacional que terá lugar os próximos 22 e 23 de agosto cunha inscrición de luxo e baixo estritas medidas de seguridade para garantir os protocolos e medidas sanitarias especiais ditadas pola situación. Deportistas internacionais e olímpic@s compartirán a primeira carreira  tras o parón na actividade obrigado pola pandemia do Covid-19 co resto da elite española. As probas principais teñen lista de espera desde hai semanas ou meses, e inclúen agradables sorpresas como a presenza de Iván Raña con praza confirmada na masculina.

Toda a información da competición, e as listaxes de saída que se irán actualizando ata a súa composición definitiva a próxima semana, aquí:  https://cutt.ly/kd0hFCG. Nomes como Miriam Casillas, Anna Godoy, Sara Pérez Salga, Cecilia Santamaría, Xisca Tous, Saleta Castro ou Marta Sánchez forman parte das prazas confirmadas na elite feminina, que presenta unha ampla lista de espera con afectación aos Grupos de Idade, nos que se reservan 50 dos 300 dorsais dispoñibles para deportistas elite que non consigan por criterios ou invitación de clubs estar na carreira do domingo 23 ás 10:45 horas xunto ás principais estrelas femininas do tríatlon español. O dorsal número 1 será para outra internacional, Tamara Gómez, polo seu triúnfo no Campionato de España en Roquetas de Mar en 2019, xa que as listas de saída priorizan os resultados da pasada tempada fronte a outros aspectos como  internacionalidad.

O mesmo título, Campión de España de Tríatlon Sprint 2019 en Roquetas de Mar, serviralle a Alberto González para lucir o primeiro dorsal da proba elite masculina 2020, que se disputará o domingo 23 ás 9:00 horas. Con máis lista de espera aínda que na categoría feminina, e á espera da configuración final a próxima semana coa recepción das invitacións de clubs e asignación final de dorsais, teñen praza confirmada nomes como Fernando Alarza, Antonio Serrat, Roberto Sánchez Mantecón e o xa mencionado Iván Raña. David Castro,  Genís  Grau ou Jordi García tamén están entre os primeiros 36 deportistas con praza confirmada para outra espectacular cita do Tríatlon español en Pontevedra, cos ecos aínda recentes do brillante  ProTour  FETRI 2019.

O Campionato de España de Tríatlon Sprint 2020 comezará o sábado 22 de agosto coa categoría cadete ás 9:00 horas. Cun gran espazo de tempo entre probas, evitando aglomeracións e permitindo a correcta aplicación de todos os protocolos de seguridade, que incluirán a blindaxe da zona principal de competición con acceso unicamente para deportistas e persoal acreditado tras rigorosos controis, ás 12:00 horas. terá lugar o nacional de Paratriatlón, e ás 16:00 horas o campionato de España Grupos de Idade. 

Deportistas inmersos na loita polos Xogos Paralímpicos de Tokyo

Na lista de saída da proba de paratríatlon atópase a práctica totalidade de deportistas inmersos na loita por alcanzar os Xogos Paralímpicos de Tokyo. Susana Rodríguez Gacio, Eva María Moral, Marta Francés e Xosefina Guimarey, serán as mulleres, e entre a nutrida participación masculina destacan non faltarán Jairo Ruiz, Héctor Catalá, Dani Molina ou Kini Carrasco, por citar só algúns nomes dos grandes paratriatletas españois.

As medidas de seguridade adoptadas pola Federación Española de Tríatlon en atención á situación sanitaria alcanzan aos límites de participación, sensiblemente reducidos con respecto a convocatorias de anos anteriores especialmente en Grupos de Idade.

Unicamente 300 prazas dispoñibles entre as competicións feminina e masculina do sábado 22, con 50 delas afectadas pola preferencia de deportistas elite sen dorsal na saída do domingo. As carreiras cadetes do primeiro día teñen tamén xa en www.triatlon.org publicados as listaxes de saída provisionais, e as probas júnior, que  presentarán un máximo de 150 triatletas en total, sempre con criterios igualitarios, pecharán o programa o domingo 23 con 75 deportistas na proba feminina ás 12:30 horas, e outros tantos na masculina ás 13:15 horas.

Pontevedra presenta unhas condicións ideais para o regreso do tríatlon de alta competición nacional, garantindo amplos espazos na contorna da Avenida de Buenos Aires para que a competición se realice con todas as condicións necesarias para o deportista. Nesta ocasión o público non poderá estar tan presente e achegar tanto calor como adoita facelo na cidade galega na contorna de meta e área de transición, que só serán accesibles a participantes e persoal do evento.

A Federación Española de Tríatlon recomenda ás persoas que poidan desexar presenciar as probas o fagan en lugares sen acumulación de espectadores e mantendo a distancia social ou usando as medidas protectoras necesarias recomendadas polas Autoridades, e a tod@s  @s técnicos, deportistas e clubs participantes a consulta do plan de acción na prevención do Covid-19 de aplicación en Pontevedra, dispoñible xunto ao resto da información do Campionato aquí: https://cutt.ly/d0hMbG.