Zafarrancho de limpeza na rúa Manuel del Palacio

5

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa os zafarranchos de limpeza nos barrios da cidade. Nesta ocasión será na rúa Manuel del Palacio, no sentido ascendente lateral esquerdo, incluída a vía de servizo.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende mañá pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.