O Concello completa o reaxuste dos repetidores municipais para a resintonización de canles de TV

5

Os traballos, que contan cun orzamento de máis de 17.000 euros, realizáronse nos repetidores municipais dan servizo a 1.482 vivendas e 3.700 veciños e veciñas das parroquias de Bora, A Canicouva, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido

Esta madrugada veñen de rematarse as adaptacións no repetidor municipal que dá servizo á parroquia de Bora para que as viviendas desta zona non perdan ningunha canle de TV-TDT por mor do segundo dividendo dixital. Con estes traballos, o Concello remata o reaxuste dos repetidores que dan servizo ás parroquias de Bora, Xeve e A Canicouva, que comezara a principios de verán e que se foi realizando en varias fins de semana e sempre de madrugada para causar as menos molestias posibles á veciñanza.

Esta operación de reaxuste dá servizo a 1.482 viviendas e 3.700 veciños e veciñas. Por parroquias, na Canivouva dá servizo a 121 vivendas e 247 veciños, en Bora a 329 vivendas e 713 veciños, en Santa María de Xeve a 296 vivendas e 804 veciños, en Santo André de Xeve a 431 vivendas e 1.045 veciños, e en Verducido a 305 vivendas e 891 veciños e veciñas. A actuación consistiu na substitución dos elementos necesarios para a resintonización e contou cun investimento de máis de 17.000€.

Convén lembrar que maila que non se trata dunha competencia municipal, O Concello asumiu estes traballos nos seus repetidores para facilitar o servizo á veciñanza afectada polo segundo dividendo dixital, que leva a cabo do Goberno central, e que implica que a banda de 700 MHz a través da que actualmente se reciben algunhas das canles de televisión TDT, será ‘liberada’ para que poida ser usada no despregamento do servizo de telefonía móbil 5G. Este proceso é similar ao que xa se realizou en toda a Unión Europea entre finais de 2014 e comezos de 2015 e non vai supoñer, en ningún caso, custos a maiores para particulares.

Tras a operación de reaxuste, cando os e as usuarias perdan o sinal, deberán realizar a operación de resintonización do seu aparato de TV. En concreto mudarán as canles 54 (que pasa á 37) e a 58 (que pasa á 24) que, segundo o caso, afectarán a La 1, La 2, Canal 24 h, Clan TV, TVG, TVG2 e algunhas emisoras de radio.