Tino Fernández levará mañá a Xunta de Goberno a concesión das axudas para as actividades das Anpa

85
  • A Concellería de Educación destinou case 25.000 euros a subvencionar as accións desenvolvidas no eido educativo por 18 Asociacións de Nais e Pais durante o curso 2019-2020

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, levará mañá a Xunta de Goberno a proposta de concesión de subvencións ás accións desenvolvidas no eido educativo polas Asociacións de Nais e Pais (Anpa) de Pontevedra durante o curso escolar 2019-2020. O departamento que dirixe Fernández destinou unha cifra global de case 25.000 euros a financiar estas axudas, das que se beneficiarán 18 Anpa de centros educativos do municipio, con axudas que van dende algo máis de 500 euros até un máximo de 2.000.

As bases e a convocatoria pública para a regulación desta liña de subvencións foran aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 10 de febreiro deste ano, sendo publicadas as solicitudes das Anpa e os orzamentos dos seus proxectos (recibidos por Rexistro Xeral) no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 18 de febreiro. Avaliadas ditas solicitudes e fiscalizada a proposta remitida por parte do Servizo Municipal de Intervención, a Xunta de Goberno é agora o órgano competente para resolver a súa concesión aos proxectos das seguintes asociacións:

  1. Anpa Bolboreta (CEIP Cabanas): agrupacións musicais, guitarra, cociña creativa, robótica lego, charla de educación sexual, obradoiro de primeiros auxilios, Papá Noel no CEIP Cabanas, festival de Nadal, charla sobre optometría comportamental, obradoiros de técnicas de estudo e horto escolar.
  2. Anpa Anduriña (EEI Concepción Crespo Rivas): actividades extraescolares, festas e excursións.
  3. Anpa Santo André de Xeve (CEIP Santo André de Xeve): Familias na Educación e no Lecer.
  4. Anpa Andaina (CEIP A Xunqueira II): actividades no eido educativo.
  5. Anpa O Miradoiro (CEP Marcos da Portela): actividades extraescolares, diversas festas, ornamentación do centro escolar e saídas culturais.
  6. Anpa San Miguel (CEIP Marcón): actividades extraescolares e complementarias.
  7. Anpa Celso Emilio Ferreiro (CEIP A Xunqueira I): actividades lúdicas e extraescolares e festas.
  8. Anpa Helenes (IES A Xunqueira II): banco de préstamo de libros de texto, obradoiro de Inglés, curso de técnicas de estudo, taller de afrontamento do ABAU, charlas para nais e pais sobre Claves para Mellorar o Rendemento Académico do Fillo/a e acto de graduación de 2º de Bacharelato.
  9. Anpa ‘O Areeiro’ (CEIP San Benito de Lérez): Music English Communication, baile moderno, excursións sociais, ludoteca e festa de Nadal, Entroido e Samaín.
  10. Anpa Pardo Bazán (CEIP Froebel): actividades de fomento da cultura galega, do patrimonio, do coñecemento do contorno, de igualdade e non violencia, de vida saudable e para a conciliación da vida laboral e familiar, así como para mellorar a convivencia.
  11. Anpa San Pedro (CEIP Parada-Campañó): memoria do curso 2019-2020 da Anpa San Pedro en colaboración do CEIP.
  12. Anpa O Verxel (IES Sánchez Cantón): festivais, revista e biblioteca.
  13. Anpa San Martiño (CEIP de Verducido): actividades complementarias.
  14. Anpa O Galo (CEIP Barcelos): actividades extraescolares, Barcelosteca, festas de Samaín e Nadal e Mago Paco.
  15. Anpa Virxe do Carme (CEIP Ponte Sampaio): piscina, baile, kickboxing, música tradicional e obradoiros.
  16. Anpa Joaquín Costa (CEIP Álvarez Limeses): diversas actividades para o curso escolar 2019-2020.
  17. Anpa Os Valados (CEIP Vilaverde): chocolatada-festa do Nadal, actividades didácticas, Escola de Nais e Pais, cross escolar e festa de Fin de Curso.
  18. Anpa San José (CEIP Campolongo): actividades desenvolvidas pola Anpa durante o curso 2019-2020.