Habilitados dous números de teléfono para asesorar sobre as axudas Supera20

246
  • Dende mañá ás 10.00 horas serán atendidos polos técnicos encargados de tramitar os expedientes das subvencións para micropemes e autónomos pola Covid.

O Concello de Pontevedra vén de habilitar dúas liñas de teléfono para informar a todas as persoas interesas en optar a liña de subvención Supera20 pensada para as micropemes e autónomos pola Covid.

Dende mañá, martes, 29 de setembro, e a partir das 10.00 horas estarán habilitados os teléfonos:

618 385 048  –  681 264 835

Os teléfonos estarán atendidos polos técnicos encargados de tramitar os expedientes e que irán resolvendo as dúbidas de todas as persoas interesadas en optar a estas axudas.

Poderán solicitar estas axudas as persoas traballadoras autónomas, e as entidades da economía social e micro empresas que empreguen a menos de 10 persoas e que acrediten que non tiveron actividade durante o estado de alarma, que a porcentaxe subvencionable poderá chegar ata o 70% do custe da actuación ou proxecto (cunha contía máxima de de 5.000 euros por solicitude), e que se contempla un anticipo do 75% do importe da axuda unha vez concedida. 

O prazo será de 15 días, a partires do día seguinte da publicación das bases no BOPPO por parte da Base Nacional de Subvencións, e a presentación de solicitudes deberá facerse única e exclusivamente a través da Sede Electrónica.

As bases contemplan 5 categorías de actuacións, que non son excluíntes: 

  • Actuacións de dixitalización e de implementación de tecnoloxías dixitais 
  • Actuacións para a mellora na accesibilidade exterior e interior dos locais, establecementos ou centros de traballo nos que se exerza a acividade económica, comercial ou profesional 
  • Actuacións de renovación, embelecemento e ornato dos locais, establecementos ou centros de traballo nos que se exerza a actividade económica, comercial ou profesional 
  • Actuacións para a redución do consumo de enerxía e mellora da eficiencia enerxética 

Outras actuacións necesarias para a mellora da actividade, como a adquisición de mobiliario e os peches de protección de escaparates. 

Cada unha destas categorías contará cunha puntuación que será ponderada cunha categoría de “esforzo máximo da solicitante” que se corresponde coa porcentaxe de financiamento propio e que se baremará segundo unha fórmula detallada nas bases.