O BOP publica hoxe as bases das axudas Supera20 para autónomos e micropemes

148

O BOP publica hoxe as bases das axudas Supera20 para autónomos e micropemes

  • Os interesados poderán solicitalas dende mañá até o vindeiro 14 de outubro, incluído.
  • A contía global das axudas é de 1.250.000 euros.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases de convocatoria das axudas Supera20 a autónomos e micropemes con motivo da Covid. A entrada en vigor detas bases será a partir de mañá e durante un prazo de 15 días naturais, é dicir, até o día 14 de outubro incluído.

O enlace para consultar as bases é o seguinte: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/09/29/2020042971

Estas bases tamén están recollidas na páxina web municipal http://www.pontevedra.gal/subvencions/ na que tamén se inclúen os números de teléfonos aos que se pode chamar para resolver dúbidas ou pedir cita previa cos técnicos que tramitarán os expedientes das axudas, así como o enlace á sede electrónica no que a partir dende hoxe ás 00.00 horas se poderán presentar os impresos para solicitar as axudas.

Cabe lembrar que a partir do xoves, 1 de outubro, as axudas Supera20 terán unha oficina habilitada no edificio municipal de Churruchaos, no seu acceso pola rúa Dona Tareixa.

Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de 1.250.000 euros e están destinadas a accións de modernización e mellora de locais, centros de traballo e establecementos empresariais e comerciais con atención directa ao público que tivesen suspendida a súa actividade durante o estado de alarma. 

Poderán presentar solicitudes as persoas traballadoras autónomas, e as entidades da economía social e microempreses que empreguen a menos de 10 persoas. A porcentaxe subvencionable poderá chegar ata o 70% do custe da actuación ou proxecto e a contía máxima de cada axuda será de 5.000 euros por solicitude. Tamén se contempla un anticipo do 75% do importe da axuda unha vez concedida. 

As bases contemplan 5 liñas de actuacións: 

  • Actuacións de dixitalización e de implementación de tecnoloxías dixitais 
  • Actuacións para a mellora na accesibilidade exterior e interior dos locais, establecementos ou centros de traballo nos que se exerza a actividade económica, comercial ou profesional 
  • Actuacións de renovación, embelecemento e ornato dos locais, establecementos ou centros de traballo nos que se exerza a actividade económica, comercial ou profesional 
  • Actuacións para a redución do consumo de enerxía e mellora da eficiencia enerxética 
  • Outras actuacións necesarias para a mellora da actividade, como a adquisición de mobiliario e os peches de protección de escaparates

COMPARTIR