O Concello recibe 236 solicitudes para as axudas a autónomos e micropemes Supera20

49
  • O departamento tramitador revisará en cinco días as solicitudes que chegaron para facer requirimentos de subsanación de erros.
  • Nos vindeiros 10 días permanecerá aberta a oficina Supera20 na rúa Tareixa, e se manterá a atención telefónica.

O Concello de Pontevedra recibiu 236 solicitudes para as axudas a autónomos e micropemes, Supera20 segundo informou esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, logo de que tivese pechado o prazo de presentación á media noite do mércores.

Segundo manifestou a concelleira, algunhas das solicitudes están duplicadas, pero o departamento de tramitación xa está a revisar todas as peticións e determinar as que precisan ser requiridas para resolver erros. De feito, dos 236 expedientes abertos, 130 xa están revisados e deles, só 46 estaban ben cubertos.

Este proceso de revisión farase durante cinco días, polo que a oficina de asesoramento das axudas, situada na rúa Tareixa manterase aberta durante dez días días máis para atender ás persoas que soliciten a súa axuda. 

En horario presencial, a oficina estará aberta entre as 09.30 e as 13.30 horas, aínda que a Concellaría opta pola atención telefónica (como protocolo Covid), nos horarios de 08.30 a 15.30 horas. Os teléfonos de atención ao público son: 618 385 048 e 681 264 835.

Anabel Gulías destacou que estas axudas amosáronse como unha ferramenta eficaz para dinamizar a economía local e para que as empresas dispuxesen de liquidez polo que concluíu que “estamos moderadamente satisfeitos con esta primeira acollida”.

Tamén avanzou que no caso de que fose necesario, o Concello podería sacar unha segunda convocatoria das axudas.