A Casazul acolleu actividades de 29 colectivos sociais de Pontevedra nestes anos

136

A Concellaría de Benestar Social Municipal celebra esta tarde unha reunión coas asociacións participantes no programa Hedra da Casazul. Trátase dun programa no que a Casazul lles brinda un espazo de reunión e encontro a cambio de actividades ou programas que estas entidades poidan trasladar á sociedade.

A Concellaría de Benestar Social Municipal pretende co programa Hedra:

  • Dotar dun novo recurso estruturado ás asociacións do concello de Pontevedra.
  • Tomar conciencia da importancia do papel activo destes axentes sociai

As asociacións que integran HEDRA propoñen diversas accións de colaboración coa Casazul dependendo da súa finalidade: charlas informativas, ciclos de proxecións, fomento e formación en lingua de signos, campañas de sensibilización, atención personalizada para axuda e orientación á poboación xeral, cursos monográficos, apoio nos “Días mundiais”, aulas formativas interactivas,…

Estas propostas pasan a formar parte da programación xeral da Casazul aberta á poboación xeral.

Pola súa banda, a Casazul, dentro deste programa, tamén está a disposición das entidades asociativas do concello para o emprego dos diferentes espazos da casa, polo que o tecido social está a nutrirse e a crecer de xeito permanente.

Na actualidade teñen sede na Casazul as seguintes entidades (o cal non implica que manteña colaboración con outras):

1.    Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia

2.    Manaia, Asociación galega de axuda á adopción

3.    Alcólicos anónimos

4.    Black Box Project

5.    AA.VV. Santa María

6.    Arxilarte. Asociación Cultural de Ceramistas

7.    Medrando á par, Servizo integral educativo de apoio á familia

8.    Asociación Cultural Trepia

9.    Adipo. Asociación de Deseño, innovación produción e oficios

10. Asociación de nenos diabéticos, Anedia

11. Asociación galega de parkinson

12. Asociación de persoas xordas de Pontevedra.

No periodo 2010– 2014 empregaron os espazos da Casazul as seguintes asociacións para actividades propias, a maiores das anteriores:

  • Amencer – Aspace
  • Sinerxia
  • Asociación española contra el cáncer
  • Colectivo de afectados de fibromialxia
  • Down-Xuntos Pontevedra
  • Peóns dobrados Xadrez
  • Federación Amigos de Galicia
  • ADAHPO – Asociación Déficit De Atención e Hiperactividade de Pontevedra
  • Cogami
  • Rexurdir Provincial
  • A. de persoas senegalesas de Pontevedra-DIOCO
  • A. galega de lupus – AGAL
  • Down-Galicia. Xuntos
  • LEG (Liga estudantil galega)
  • Estudantes sen futuro
  • Percuta
  • Programa Erasmus Plus