Inicio Áreas Asuntos Xerais O Rexistro Xeral Municipal

O Rexistro Xeral Municipal

O Rexistro Xeral do Concello está ubicado no entrechán dereito da Casa do Concello (Rúa Michelena, 30).

Entre outras cousas, é a oficina de atención ao público que recibe toda a documentación oficial, polo que resulta a máis concorrida pola cidadanía.

Calquera solicitude que se queira facer a calquera órgano municipal, debe realizarse a través desta oficina, cubrindo unha instancia e presentándoa alí para que á persoa interesada lle quede constancia oficial de tela presentado.

Case a totalidade das instancias pode descargalas nesta web, para o que pode utilizar a ferramenta da parte inferior desta páxina. Algunhas xestións pode cumprimentalas completamente de xeito directo, a través da Oficina Virtual conectada a esta web.

Horario do Rexistro Xeral

De 8:30 a 13:30 horas de luns a venres.
Agás o periodo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, que é de 9:00 a 13:00 horas.

Teléfonos 986 804 300. Extensión 7220
Fax do Departamento 986 862 590
Secretaría Xeral Extensión 7240
Tlf. do Rexistro de Asociacións 986 804 334

Documentos:

1 instancia xeral.pdf

Seccións :

Que é o Rexistro Municipal de Asociacións?

Ten por obxecto permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello, coñecer os seus fins, a súa representatividade e peso específico, para os efectos de posibilitar o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade, e igualdade.

A inscripción no Rexistro Municipal de Asociacions e unha obriga para as entidades sociais que desexen acceder ás axudas institucionais.

A atención ao público realízase na Secretaría Xeral Municipal (Tlf. 986 804 334) que ten o seguinte horario:

De 8:30 a 13:30 de luns a venres.
Agás o periodo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, que é de 9:00 a 13:00 horas.

Inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións

Preguntas Frecuentes no Concello

Un amplo abano de preguntas realízanse diariamente en cada un dos departamentos do Concello. Aquí están clasificadas por temáticas, algunhas das máis frecuentes.

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia ligera
23.5 ° C
28.3 °
21 °
77%
5.1kmh
63%
Dom
27 °
Lun
24 °
Mar
23 °
Mér
18 °
Xov
22 °

Sobre o Padrón Municipal

Que se precisa para empadroarse en Pontevedra?
Presentar a solicitude (a dispor na oficina ou pode descargala nesta web).
Se o domicilio é en propiedade, documento acreditativo (serve recibo da luz, auga, etc., o seu nome)
Se está en réxime de aluguer, fotocopia do contrato.
Se se empadroa no enderezo doutro propietario, autorización do mesmo.
Fotocopia do D.N.I. (ou tarxeta de residente)dos solicitantes.

Onde pido un certificado de empadroamento ou convivencia?
No Rexistro Xeral do Concello, previo pago das taxas correspondentes.
Se se trata dunha nota simple informativa, pode pedila de balde na oficina do Padrón.
Onde recollo o Certificado do Padrón?
Ao pasar ao redor de seis dias desde a solicitude. No mostrador das oficinas do Padrón, en Michelena 30.

Para empadroarme en Pontevedra, teño que darme de baixa no Concello de onde veño?
Non, só tes que empadroarte en Pontevedra, o resto xa se fai de oficio.

Sobre Asuntos Xerais do Concello


Cal é o horario do Rexistro Xeral?
De 8:30 a 13:30 de luns a venres.
Agás o periodo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, que é de 9:00 a 13:00 horas.

A quen se dirixen os escritos?
Os escritos presentados no Rexistro diríxense ao Sr. Alcalde. Logo serán remitidos a unidade correspondente.

Cales son os xeitos de presentación das instancias?
A ley 30/1992 habilita os ciudadáns a presentar as solicitudes, escritos e comunicacións en todolos rexistros dos órganos administrativos da Administración Xeral do Estado, ou algunha das Administracións dás Comunidades Autónomas, con independencia da Administración Pública, mailo órgano ou entidade ó que se dirixen. Tamén os rexistros das entidades que integran a Administración local poden servir como lugares de presentación de comunicacións dirixidas a outra administración sempre que subscribiran un convenio ao efecto.

Que é o Rexistro Municipal de Asociacións?
A inscripción no Rexistro Municipal de Asociacions e unha obriga para as entidades sociais que desexen acceder ás axudas institucionais.

Onde se atopa a información do taboeiro de anuncios do Concello?
Atópanse catro taboeiros na entrada do Rexistro, con información pública.

Como se obteñen os Certificados de nacemento e matrimonio?
Os Certificados de Nacemento, Matrimonio, Defunción, Antecedentes Penais, Actos de Última Vontade, Fe de Vida e Estado, así como outro tipo de trámites de carácter xudicial, poderán solicitarse no Rexistro Civil, na Praza de Fco. Tomás e Valente. Tlf.- 986 805767 ou ser informados na pagina web do Ministerio de Xustiza www.mjusticia.es

Cales son os dereitos que os cidadáns poden esixir ao Concello?
O artigo 35 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común indica unha listaxe de dereitos dos cidadáns.

Como podo coñecer o Código Postal correspondente a un enderezo?
Na páxina web de CORREOS, utilizando o espazo de oficina virtual, vostede poderá obter o código postal de calquera localidade do territorio español. www.correos.es

Como se obtén o Certificado de Vida Laboral que emite a Seguridade Social?
– Acudir persoalmente á oficina da Tesourería da Seguridade Social.
– Solicitalo a través da páxina web da Seguridade Social.
– Por medio dunha chamada telefónica ao número de teléfono 901 502 050

Onde se atopan os pregos dos concursos municipais?
No Servizo de Contratación, en Michelena, 30 1º andar. Tlf.- 986804300, ext. 7260. Tamén pode consultalos nesta web, no Perfil do Contratante.

Que Servizo xestiona as concesións dos nichos do Cemiterio?
O Servizo de Patrimonio. Teatro Principal, rúa Don Filiberto, 3º Andar. Tlf.- 986 804 300, ext. 4620-4618.

Como solicito unha concesión dun nicho?
Presentando unha instancia no Rexistro Xeral. Se quere máis información pode falar co Administrador no Cemiterio de San Amaro, teléfono 986855259. Pode baixar a instancia na área de descargas desta web.

Que documentación fai falla para solicitar un posto de Venda Ambulante?
Terá que aportar xunto a instancia:
1. Estar inscrito no Rexistro de Venda Ambulante da Xunta
2. Estar dado de alta no I.A.E
3. Estar dado de alta no Réxime de Autónomos da Seguridade Social
4. Certificado de non ter débedas co Concello
5. Dúas fotografías e fotocopia do D.N.I.
Máis información na rúa Sta. Clara, núm.2., Tlf.-986848552

Podo solicitar un posto no Mercado en calquera data?
Ten que consultar o periodo para solicitalo. Promoción Económica, rúa Sta. Clara, núm.2., Tlf.-986 848 552

Sobre danos por responsabilidade do Concello

Como debo reclamar por un dano por responsabilidade do Concello? 
Deberá presentar unha reclamación onde ademais de indicar os seus datos persoais, DNI, domicilio a efectos de notificación, e co fin de determinar se procede a súa admisión, conforme ao establecido no art. 6 do regulamento do procedemento da Administración Pública en materia de responsabilidade patrimonial (RD 429/93 de 26 de marzo) e o art. 70 e 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas 30/92 de 26 de novembro de 1992, na reclamación deberanse especificar:

  • Lesións/danos producidos.
  • A presunta relación de causalidad entre estas e o funcionamento do servizo público. A valoración económica da responsabilidade patrimonial, se fose posible.
  • Momento e lugar no que a lesión/dano efectivamente producísese. A reclamación irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións estímense oportunos (fotografías, declaracións xuradas de testemuñas, etc.) Deberá realizar a proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.

Sobre Protocolo e Alcaldía


Como fago para solicitar cita co Sr. Alcalde?.
Para facilitar aos cidadáns a coordinación da axenda, a solicitude presentarase no Rexistro Xeral.

Como fago para enviarlle as Invitacións?.
Para o Sr. Alcalde:

Pódense entregar persoalmente na Alcaldía, envialas por correo, ou ben, ao enderezo electrónico preme aquí

Cal é o tratamento do Sr. Alcalde?
Coas novidades lexislativas o tratamento é de Excelentísimo.

Quen casa nas vodas civís?
O Sr. Alcalde, agás delegación noutr@ Concelleir@.

Podo inscribirme como Parella de Feito no Concello?
O Rexistro de Parellas de Feito atópase na Xunta de Galicia

Sobre procedementos en curso


Como recibirei información sobre o estado do meu procedemento?
Será notificada á dirección que sinalase para iso, ben a través do servizo de correos (por correo certificado), ou ben de xeito persoal por empregados do Concello.

Que deben conter as notificacións?
Texto íntegro do acto que se lle está notificando.
Indicación de se é ou non un acto definitivo na vía administrativa.
Recursos que pode presentar se non está de acordo coa resolución.
Órgano ante o que debe interpolo e prazo para á súa presentación.

Fixen unha solicitude ao Concello e non me contestaron. ¿Podo saber cómo está o meu asunto?
O cidadán ten dereito a coñecer o estado de tramitación no departamento correspondente. Se non sabe cal é, informaránlle no Rexistro Xeral

Sobre promoción do emprego


O Concello ten oficina de Emprego?
Temos un Servizo de Promoción Económica na rúa Santa Clara, núm.2. Tlf.- 986 848 552.

Como podo asesorarme para montar un negocio?
Pedindo cita cun/ha Técnic@ de Emprego, na rúa Santa Clara, núm.2. Tlf.- 986 848 552.

Que axudas podo solicitar para a miña primeira empresa?
Infórmate na Axencia de Desenvolvemento Local, pedindo cita cun/ha Técnic@ de Emprego, na rúa Santa Clara, núm.2. Tlf.- 986 848 552.

Sobre cultura e ocio

Podo solicitar unha sala para congresos ou reunións?

Pódense solicitar no Pazo da Cultura, mediante instancia. Rúa Alexandre Bóveda. Tlf.- 986 833 061.

Como fago o carné xove?
Tes que pasar polo Servizo de Información Xuvenil do Concello, na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367) encher un impreso cos teus datos, ingresar unha taxa no banco e entregar unha fotocopia do teu D.N.I e un fotografía en cor. En poucos días teralo listo. Ademais podes facer outros carnés: Alberguista Internacional, Estudante Internacional, etc.

Quero levar os nenos a un campamento, e posibel?
Podes informarte das prazas, nos departamentos de Educación (rúa Xan Guillerme, tlf.- 986 804 300, ext. 4616) para os máis pequenos e departamento de Xuventude na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367) desde os oito anos.

Somos un grupo de música e non temos onde ensaiar.
Podes solicitar utilizar o local de ensaio do concello, chama ao Departamento de Xuventude na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367)

O Concello ten Ludoteca?
Infórmate das datas no Departamento de Xuventude ou de Educación na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367) e en Xan Guillerme mno 986 804300 ext 4802.

O Concello ten Escolas Deportivas, onde me apunto?
Podes ver os prazos no Instituto Municipal de deportes, que se atopa no Pavillón Municipal. Tlf.-986 872 012/13.

Gustaríame facer o voluntariado con algunha entidade ou ONG 
Chama ao Departamento de Xuventude na Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367)

Rematei o instituto pero penso seguir estudando que podo facer? 
No Servizo de Xuventude dispós do toda a información sobre saídas profesionais e de estudos, Casa Azul, na rúa Sor Lucía, núm.2 (Tlf.- 986 840 367)

Como podo coñecer a programación cultural?
Na web www.pontevedra.eu/cultura, ou solicitando a recepción de información no Pazo da Cultura, na rúa Alexandre Bóveda, tlf.- 986 833 061. Tamén no Boletín Informativo Mensual (BIM) do Concello que podes recoller no Concello.

Cales son os festivos locais?
Os establecidos para este ano. Normalmente, o 11 de xullo (San Bieito) e o Mércores de cinza, seguinte ao Martes de Entroido.

Cando é a Feira Franca?
O primeiro venres e sábado de setembro. Os prazos para as solicitudes podes velos no mes de xullo enfeirafranca.pontevedra.gal

No meu barrio ou parroquia, imos facer unha festa, como facemos?
Tedes que presentar solicitude no rexistro Xeral, especificade lugar, datas e horas mailos detalles da mesma.

O Concello ten visitas Guiadas?

De Semana Santa ao remate do verán (polas condicións climatolóxicas). Consulte os horarios e lugares de saída nas casetas de información turística na Casa do Turista e na caseta da Alameda.

Sobre mobilidade e tráfico a motor

Que facer se o guindastre municipal retira o seu vehículo da vía pública? 
Se o seu vehículo foi retirado da vía pública polo guindastre municipal debe acudir ou depósito de retirada de vehículos na rúa Camposanto. Tlf.- 986 858 710.

Onte puxéronme unha multa e non estou de acordo. Que teño que facer?
Presentar unha solicitude para deixar sen efecto a denuncia formulada, no Rexistro Xeral do Concello. Pode baixar nesta web o impreso necesario para realizar unha instancia.

Tiven un accidente, como podo solicitar un atestado?
Tanto se é da Policía local, coma dos Bombeiros, mediante solicitude no Rexistro Xeral, previo pago das taxas no departamento de Xestión Tributaria do Concello.

Onde se fan as Tarxetas de circulación para residentes na zona monumental, que preciso?
Na secretaría xeral, 1º andar da rúa Michelena, 30

  • Fotocopia DNI
  • Permiso de circulación
  • ITV (se ten máis de 4 anos)
  • Xustificante do pago do IVTM
  • Xustificante do pago do IBI (se é propietario), ou contrato de arrendamento
  • Se o conductor non é o propietario do vehículo, certificado da compañía de seguros.

 

Que permiso fai falla para circular polo casco urbán cun camión de gran tonelaxe?
Tes que solicitalo con 48 horas de antelación na Policía Local, rúa Alexandre Bóveda. Tlf.- 986 833 080.

Cal é o horario de carga e descarga na zona peonil?
Laborabeis de 8 a 12 e 16 a 18

Sobre seguridade cidadá (posesión de armas)

Teño unha escopeta de aire comprimido. Necesito permiso para utilizala?
Si, Solicitude de Cartóns de Armas.

Que tipo de armas necesitan Licenza Municipal?
Autorizacións a propietarios de armas de 4ª categoría:
Carabinas e pistolas de tiro semi-automático e de repetición e revólveres de dobre acción, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas
Carabinas e pistolas de ánima lisa ou raiada e dun só tiro e revólveres de acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido, non asimilidas a escopetas.

Cal é a normativa de armas?
Real Decreto 137/93 Regulamento de Armas

Que teño que presentar para solicitar permiso de armas municipal?
Documentación:

  • Instancia xeral onde se hara constar: nome e apelidos, dirección, nº DNI, Módelo, marca, número e calibre do arma.
  • – No suposto de armas adquiridas en establecementos comerciais débese achegar:
    • Fotocopia do DNI
    • Factura por-forma expedida polo establecemento na que figurasen os datos do arma (Tipo-pistola, revólver ou carabina-calibre, marca e nº de serie)
    • Certificado de antecedentes penais
    • Tamén se achegará o recibo xustificante do pago de taxas municipais

E para Renovación de Cartóns de Armas?
Instancia xeral. Na solicitude farase constar: Nome e apelidos, dirección, nº DNI, Módelo, marca, número e calibre do arma.

Sobre Urbanismo


Como podo saber se un local ten Licenza Municipal?
Se é posterior ao ano 1988 no Servizo de Urbanismo (Rúa Churruchaos, 2, tlf.- 986 804300, ext. 4229-4230), se é anterior no Arquivo Municipal (Casa do Concello, tlf.- 986 804 300, ext. 7020).

Que se precisa para un cambio de titularidade dunha licenza de actividade?
– Copia da licenza de apertura anterior
– Documento acreditativo do ingreso da taxa na oficina de Xestión Tributaria do Concello
– Fotocopia do DNI, NIE ou CIF do anterior titular
– Fotocopia do DNI, NIE ou CIF do novo titular
– Escritura da Sociedade, poder, documento acreditativo da presentación
Para máis información, pode poñerse en contacto co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, 2. Tlf.- 986 804 300. Ext. 7500.

O Concello ten axudas para rehabilitación?
Na Área de rehabilitación de Estribela, no Teatro Principal, 3º Andar. Tlf.- 986 804 300, ext. 4820-4822

Podo consultar o Avance do Plan Xeral de Ordeación Municipal?
Podes consultalo nesta mesma web, no capítulo Plano Xeral, dentro da área de Urbanismo e Territorio, e baixar os planos en formato pdf.

Podo pechar ocos nun local cunha Licenza de Obra Menor?
Non se pode. Para máis información, fale co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, núm.2. Tlf.- 986 804 300. Ext. 7500

Podo colocar un aparello de aire acondicionado na fachada exterior? 
Non se pode. Máis información, fale co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, núm.2. Tlf.- 986 804 300. Ext. 7500

Pódense tirar ou modificar tabiques cunha licenza de obra menor? 
Non se pode modificar a distribución da vivenda ou local con obra menor xa que se trata dunha modificación da estrutura arquitectónica do inmoble.

Como fago para contactar co Concelleiro de Ordenación do Territorio?
Directamente pode solicitar unha cita na rúa Churruchaos, 2. Tlf.- 986 804 320.

Como fago para contactar co Concelleiro de Xestión Urbanística?
Directamente pode solicitar unha cita na rúa Michelena, 30. Terceiro andar.

Quero saber se o meu solar é edificable, como fago?
Pedindo cita cun técnico municipal. Para axilizar e conveniente aportar plano do mesmo. Tlf.- 986 804 300, ext. 7500

Teño dúbidas sobre a numeración da miña casa, como podo sabela?
Se precisa un certificado, solicitándoo no Rexistro Xeral, se precisa información verbal, no Servizo de Topografía do Concello. Rúa Churruchaos núm. 2. Tlf.- 986 804 333

Sobre a Facenda Local


O recibo do imposto de circulación, envíase ao meu enderezo?
Este aviso non é unha notificación e se non se recibe hai que solicitalo antes de rematar o período voluntario de pago.

Merquei un piso, para que o recibo do IBI me chegue o ano que ven o meu nome, Ónde teño que facer o cambio de titularidade?
Terá que dirigirxe ao centro de Xestión Catastral, na rúa Andrés Muruais. O Catastro comunicará ao Concello o cambio de titularidade do piso.

Como podo obter un xustificante de que paguei un recibo dun imposto municipal?
A solicitude faise no Rexistro, mediante instancia, que podes descargar nesta web.

Cando é o periodo voluntario para pagar o IBI?
Segúndo disposto no calendario do contribuinte do ano, que podes consultar na área de Facenda desta web.

Cambiei de domicilio. Onde cambio a dirección no padrón e nos recibos?
Presentando instancia no Rexistro Xeral do Concello.

Podo domiciliar os meus recibos sen ter que ir ao Concello?
Non, de momento hai que presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello.

Teño que pagar ao Concello un tributo por transferencia, a que nº de conta debo facelo?
Consúltea na Tesouraría do Concello. Michelena, 30. Tlf.- 986 804 300. Ext. 7330.

Que ocorre se non paga en prazo unha débeda municipal? 
Iniciarase o período de cobranza en executiva. O artigo 16 de L.G.T. establece que o período executivo iníciase, de forma automática, no caso das débedas liquidadas, ao día seguinte do vencimiento do prazo establecido para o seu ingreso.

Existen tres tipos de recarga: 
Executivo: 5% cando se satisfaga antes da notificación de providencia de embargo.
De embargo reducido: 10% cando se satisfaga antes dos seguintes prazos:
ou se a notificación de providencia realízase entre o 1 e o 15 dun mes, desde a recepción ata o 20 de devandito mes ou inmediato hábil posterior.
ou Se se realiza entre o 16 e fin de mes, ata o 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.
De embargo ordinario: cando teñan pasado os anteriores prazos ou cando dentro dos mesmos non se tivese satisfeito a totalidade da débeda. Xunto coas cantidades do embargo ordinario pódense esixir intereses de demora.

Que é un Certificado de Bens e como se obtén? 
É aquel que emite o Concello de Pontevedra (Departamento de Rendas), no cal exponse a relación de bens que ten neste municipio o solicitante. A petición debe realizarse mediante instancia xeral no Rexistro. A instancia está disponible nesta web.

Vou abrir un negocio e quérome dar de alta no IAE Que teño que facer?
Debe pagarse se se exerce con carácter empresarial, profesional ou artístico unha actividade económica; isto é, cando ordene por conta propia medios de produción e/ou humanos coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos sexa con local ou sen el.
Segundo as Tarifas hai cotas municipais, provinciais e nacionais.
Quedan exentas:
Todas as persoas físicas.
As sociedades cuxa cifra de negocios sexa inferior a 1 millón de euros, mentres non superen devandita cifra.
As sociedades que inicien por primeira vez o exercicio dunha actividade en territorio español, durante os dous primeiros períodos impositivos deste Imposto.

Teño unha factura do Concello sen cobrar, onde me informo?
Na Intervención Municipal da Casa do Concello. Michelena, 30.. Tlf.- 986 804 300, ext. 7300.

Sobre ambiente

Que fago se un veciño ten o terreo lindante cheo de maleza?

Presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello, solicitando a inspección, aportando todolos datos que teña do veciño, para facilitar a súa localización.

Como podo saber a calidade da auga de Pontevedra?
Na empresa concesionaria da auga. Aquagest, rúa Padre Luís.

Podo poñer plantas na fachada?
Recoméndase o adorno de balcóns, terrazas e galerías con plantas sempre que os testos se sitúen dentro da edificación e non vertan auga sobre a vía pública, quedando garantida, en todo momento, a seguranza dos viandantes. Para outros elementos decorativos precisarase o permiso municipal correspondente.

Vou cambiar uns mobles en casa. Pode recollelos o Concello?
Poñéndose en contacto coa empresa de recollida. Tlf.- 986 850 225.

Onde se atopa a Asociación de recollida e adopción de cans?
A Asociación “Os Palleiros” atópase en Campañó, no Polígono empresarial do Vao.

Que obrigas teño que ter co meu can?
1. O microchip e obligatorio para todolos animais de compañía na Comunidade Autónoma
2. Desparasitación polo menos unha vez ao ano
3. Cartilla sanitaria obligatoria
4. Levalo pola correa
5. Recoller os excrementos
6. Seguro obligatorio para animais potencialmente perigosos.

Onde atopo a normativa de animais?
Lei 1/93 de 13/04/1993 (pubricada o 22/04/1993) de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pode baixala da páxina web da Xunta de Galiza, www.xunta.es

Que fago se atopo un animal morto na rúa?
Debe porse en contacto co servizo de limpeza. Tlf.- 986 850 225

Sobre animais domésticos

Que obrigas teño que ter co meu can?
1. O microchip e obligatorio para todolos animais de compañía na Comunidade Autónoma
2. Desparasitación polo menos unha vez ao ano
3. Cartilla sanitaria obligatoria
4. Levalo pola correa
5. Recoller os excrementos
6. Seguro obligatorio para animais potencialmente perigosos.

Onde atopo a normativa de animais?
Lei 1/93 de 13/04/1993 (pubricada o 22/04/1993) de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pode baixala da páxina web da Xunta de Galiza, www.xunta.es

Que fago se atopo un animal morto na rúa?
Debe porse en contacto co servizo de limpeza. Tlf.- 986 850 225

 

Que teño que facer para inscribir a un animal potencialmente perigoso?
Debe obter en primeiro lugar, a Licenza Muncipal de Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos Deben obter esta Licenza os propietarios ou posuidores ocasionais de cans.

Que razas de can estánse a considerar perigosas?
As seguintes razas:
Pit Bull Terrier, Staffordshire Bull Terrier, American Staffordshire Terrier, Rottweiler, Dogo Argentino, Fila Brasileiro, Tosa Inu Akita Inu
Ou que teñan todas ou a maioría das características seguintes:a)Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia. b) Marcado carácter e gran valor. c) Pelo curto. d) Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 cms., altura á cruz entre 50 e 70 cms. e peso superior a 20 kg. e) Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas. Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda. f) Pescozo ancho, musculoso e curto. g) Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto. h) Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.

Cal é a normativa de cans “perigosos”?
Lei 50/99 obre o Réxime xurídico da tenencia de Animais Potencialmente Perigosos
Real Decreto 287/2002, para solicitar a Licenza de tenencia de cans potencialmente perigosos polo que se desenvolve a Lei 50/99.

Que documentación fai falla para solicitar licenza de cans considerados perigosos?
Instancia xeral, á que se acompañarán os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI, carné de conducir ou documento que acredite a maioría de idade.
Declaración xurada de non ser sancionado administrativamente por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, de 23 de decembro.
Certificado orixinal de aptitude física e psicolóxica expedido por un centro de recoñecemento autorizado.
Fotocopia de póliza de seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, por unha cobertura non inferior a 120.000 , á que se acompañará fotocopia do último recibo bancario que acredite que dita póliza atópase ao corrente de pago.

Sobre o Arquivo Municipal


Canto custa a consulta dos documentos no Arquivo Municipal?
O servizo de consulta é de balde. Só deberá pagar se solicita copias da documentación, segúndo taxas aprobadas polo Concello.

No Arquivo Municipal podo saber a antigüidade do meu piso?
Sí. Tamén pode obter fotocopias seladas.

No Arquivo Municipal podo ver o plano da miña casa e facer fotocopias?
Si. Neste Arquivo consérvanse as licenzas municipais das obras da cidade.

Que documentación teño que presentar para consultar documentos no Arquivo Municipal?
Non fai falla documentación acreditativa. Recomendamoslle que aporte todolos datos ou documentos que poidan axudarmos a localizar a información que precisa.

Como podo obter unha partida de nacemento moi antiga?
O xeito máis efectivo e porse en contacto coa parroquia relixiosa a que pertence o lugar de nacemento.

X