Ciclo da Auga

Os Servizos Públicos Municipais de Auga e Saneamento conforman unha estrutura que fai posíbel unha eficaz e sustentábel xestión das augas, desde que se recollen do río Lérez, se depuran, se distribúen aos domicilios e aos concellos veciños.

Unha vez utilizada, a auga suxa recóllese a través do sistema de saneamento público, condúcese á depuradora de Lourizán e devólvese ao mar nas mellores condicións.

Actualmente está en marcha un ambicioso plan de mellora do sistema de captación para todos os concellos da ría, e están a piques de rematar os traballos de saneamento nas últimas parroquias que quedaban sen él, normalmente as máis alonxadas do centro urbano. As obras en curso permitirán disfrutar deste servizo tamén á pequena porcentaxe da poboación que aínda queda por conectar.

A empresa VIAQUA xestiona este servizo. Pode obter máis información a través da súa páxina web: www.viaqua-sa.es/ga.

DOCUMENTOS:

Tipos de contrato e Definicións

Ordenaza da tasa por xestión da rede de sumidoiros

Ordenanza tasa abastecemento de Auga

Modelo de Domiciliación Bancaria

Tipos de contrato e Definicións

X