Xestión RSU

Depósito de residuos

O depósito de resiudos na vía pública está organizado de tal xeito que toda a cidadanía conta nun lugar próximo ao seu domicilio cun xogo de contentores nos que depositar case todo o material sobrante, destinado á reciclase ou á recuperación.

No contentor de cor verde deposítanse os residuos orgánicos

No contentor de cor azul deposítanse os restos de papel e cartón

No contentor de cor verde deposítanse os restos de vidro

No contentor de cor amarela deposítanse outro tipo de envases (plásticos, latas, bricks, etc.)

En numerosos lugares da cidade existen contentores de pilas e baterías

Para a recollida de elementos voluminosos (mobles, colchóns, etc.) existe un servizo personalizado, chamando ao número 986 85 02 25, donde lle informan onde debe depositar o obxecto e qué día da semana.

Recoméndase que cando se substitúa un electrodoméstico, o servizo da tenda na que merque o novo se faga cargo do antigo, xa que eles coñecen os mecanismos para facelo chegar ao lugar axeitado para o seu tratamento con garantías ambientais.

Tamén se recomenda que para restos de obra sexa a empresa que realiza o traballo quen se encargue de xestionar os residuos. De non ser así, ten que realizalo un xestor autorizado en tratamento de entullos RCD (Restos de Construcción e Demolición). Na cidade existe alomenos unha empresa que ofrece ese servizo: Norte-Sur, situada no Polígono do Campiño B50, tlf. 986 841 677, que ofrece solucións á medida das súas necesidades.

Para calquera dúbida sobre recollida selectiva, pode chamar a Inusa, ….., que lle aportará as recomendacións axeitadas para cumprir co medio natural.

Recollida domiciliaria de residuos


Realízase cada día, incluídos os domingos, no centro urbano, en rotas e frecuencias distintas para os diferentes tipos de residuos e contentores. Diariamente vacíanse os contentores verdes, que recollen os residuos orgánicos.

Na zona rural a recollida realízase en distintas frecuencias en función da densidade poboacional.

Para incidencias neste servizo poden poñerse en contacto coa empresa concesionaria do servizo, Inusa

O Punto Limpo

A cidade de Pontevedra dispón dun punto limpo destinado á recollida de certos tipos de residuos sólidos urbanos xerados por particulares, no polígono industrial do Campiño, dentro das instalacións da concesionaria de recollida de lixo, Cespa.

O punto limpo está aberto ao público de martes a venres en horario de mañá e tarde e os sábados pola mañá (de 9 a 13 horas). Os luns estará pechado para a cidadanía porque realizará labores de xestión dos residuos recollidos coas distintas empresas autorizadas para o seu tratamento ou reciclaxe.

Pódense levar residuos como disolventes, pinturas, aerosoles, pilas, baterías de coche, vernices, aceites, enseres, restos metálicos, residuos informáticos, electrodomésticos, fluorescentes ou mesmo entullos de obra, sempre que sexan residuos domésticos e non correspondentes á actividade de ningunha empresa.

A pesar da existencia de colectores específicos na rúa, admite tamén papel, vidro e envases, pero non así os restos orgánicos que deben seguir a depositarse nos colectores xenéricos.

Este servizo complementa á recollida, porta a porta, de residuos voluminosos previa chamada telefónica. Está a disposición dos veciños os teléfonos da empresa concesionaria: 986 850225 para a atención ao público e, ademais, o 986 876048 para o novo punto limpo.

O punto limpo é gratuíto e dispón de persoal encargado da recepción dos residuos.

X