¿Que é o Centro de Información á Muller?

É un servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade real das mulleres.
Persoas ás que vai dirixido
Mulleres do Concello de Pontevedra.
Principios que nos rexen
  • Anonimato de identidade das usuarias.
  • Gratuídade.
  • Respecto á vontade das usuarias na busca de posibles solucións e alternativas das consultas expostas.
  • Confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres
Onde estamos.
Dirección: “Chalé de Fontoira” Rúa Xofre de Tenorio 1, baixo. 36002-Pontevedra
Teléfono: 900.119.741 e 986.86.48.25
Fax: 886.21.34.21
Correo electrónico: igualdade@concellopontevedra.es

 

Teléfonos de interese
Servizos Sociais do Concello de Pontevedra: 986.85.03.98
Policía Local: 986. 86.30.80
Policía Nacional: 986.86.83.83
Garda Civil: 986.85.56.00
Centro de saúde:
Urxencias Médicas: 061
Teléfono gratuíto da muller 24 horas: 900.400.273
Urxencias: 112

PROGRAMACION ACTIVIDADES 1º SEMESTRE 2014

Nova edición dos cursos e actividades do CIM.

Documentos :

CUADRO CURSOS.pdf
FICHA DE INSCRIPCIÓN-DOCUMENTACIÓN.pdf
DECLARACIÓN XURADA.pdf

Servizos que se prestan

Asesoría xurídica

Dirixido a todas aquelas mulleres que necesiten asesoramento nos seguintes temas: dereito de familia, maltrato, orde de protección, xustiza gratuíta, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.
Ligazóns relacionadas :
Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero (galego)
Novidades en relación coas mulleres estranxeiras (galego)
Asesoramento laboral
Dirixido ás mulleres vítimas de violencia a través da inclusión nos programas específicos para a súa incorporación laboral. Derivación nos demais casos aos servizos existentes de emprego da nosa cidade.
Ligazóns relacionadas :

 

Asistencia psicolóxica
Inclúe os seguintes servizos: terapia individual, derivación, formación a profesionais, prevención, intervención en centros educativos, escolas de familia…
Existen dous programas específicos de intervención aos que se accede mediante petición de consulta no CIM:
PROGRAMA DE APOIO PSICOLÓXICO
A intervención do programa de apoio está especialmente indicada naquelas mulleres que desexan axuda psicolóxica por problemas relacionados con dificultades na vida en parella. Entre outras inclúense:
  • Insatisfacción nas súas relacións de parella, presentando ansiedade e depresión
  • diante dunha toma de decisións.
  • Desconfianza, tristura, desengano e culpa despois da ruptura de parella.
  • Crise na parella.
  • Preocupación polas fillas ou fillos nos casos de separación ou divorcio.

 

 

PROGRAMA DE ATENCIÓN A VÍTIMAS DE VIOLENCIA
A atención psicolóxica organízase en torno a un proceso de acompañamento, análise e comprensión clínica dos conflitos que axuden ás mulleres ao esclarecemento e desarticulación dos mecanismos de culpa, illamento e impotencia que a levaron a situación actual.
O proceso ten como eixo transversal a perspectiva de xénero de xeito que se diferencie claramente entre os aspectos interpersoais e aqueles socioculturais e estruturais provenientes da nosa rede social.
Nunha primeira fase traballaríase sobre os factores xeneralizados que se manifestan na vítima de malos tratos. Actuaríase sobre a sintomatoloxía que xorde da experiencia traumática de sometemento e abuso e que non estaría relacionada coas estruturas persoais de orixe senón coas experiencias vividas no proceso de vitimización:
  • Baixa autoestima
  • Sensación de impotencia
  • angustia
  • vergoña
  • confusión entre vínculo afectivo e dependencias
  • desconfianza nas propias percepcións
  • distorsións no criterio da realidade …
Unha vez clarificada situación nesta primeira fase aténdense ás necesidades específicas de cada muller co obxectivo xeral de alcanzar un proxecto de autonomía viable en cada caso.
Ligazóns de interese:
Programa de atención psicolóxica a vítimas de violencia da Secretaría Xeral de Igualdade e o COP
Programa de atención a homes con problemas de control da violencia “abramos o círculo”
Asesoramento social en temas específicos sobre violencia contra a muller
 A intervención na área social ten por obxecto apoiar a muller, informala sobre os dereitos que a asisten e propoñer alternativas para rematar coa situación de malos tratos, creando deste xeito novas oportunidades e romper co ciclo de violencia ao que se ve sometida. Para que estes obxectivos sexan cumpridos, en moitos casos os/as profesionais dos servizos sociais de base vense na obriga de realizar unha valoración e posterior derivación do caso aos servizos sociais especializados coa finalidade de proporcionarlle á muller alternativas de aloxamento e un servizo de carácter individualizado.
Tarefas a realizar nos casos de maltrato
  • Informar, valorar e orientar as mulleres que sofren violencia de xénero en canto aos recursos existentes.
  • Desenvolver programas de intervención para proporcionar recursos e medios que faciliten a integración social da muller.
  • Xestionar a tramitación das axudas que correspondan.
  • Derivar a muller aos servizos sociais especializados cando a situación persoal desta así o requira.
Atención a mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero
Debemos considerar que ademais das barreiras de carácter arquitectónico, de comunicación e doutros tipos, en moitos casos a muller que presenta algún tipo de discapacidade é maltratada pola propia persoa da que depende para desenvolver actividades da vida diaria, polo que se debe facer fincapé no dereito de información recollido na Lei 1/2004: “articularanse os medios necesarios para que as mulleres vítimas de violencia de xénero que polas súas circunstancias persoais e sociais poidan ter maior dificultade para o acceso integral a información, teñan garantido o exercicio efectivo deste dereito”.
Para romper coa dinámica de maltrato exercida pola persoa que convive coa muller resulta importante ter en consideración o artigo 46 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero no que se di: “as mulleres maiores e as mulleres afectadas de diversidade funcional que sufran violencia de xénero, así como as persoas delas dependentes, consideraranse colectivos preferentes para acceder aos equipamentos sociais especializados, nomeadamente residencias para persoas maiores e centros de día”.
Debemos ter en conta que as mulleres con dificultades de aprendizaxe constitúen un colectivo especialmente exposto a sufrir agresións, xa que en moitos casos non tiveron acceso á educación sexual, polo que descoñecen os seus dereitos sexuais ou como poden protexerse. Resulta imprescindible, por tanto, a adaptación dos recursos ás mulleres con discapacidade de xeito que garantan a correcta información e asesoramento da muller vítima de violencia de xénero.
Atención a mulleres inmigrantes que sofren violencia de xénero
Segundo o artigo 14 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, “as persoas estranxeiras, calquera que sexa a súa situación administrativa, teñen dereito aos servizos e prestacións sociais básicas e, se son residentes, a acceder ás prestacións e servizos da seguridade social e aos servizos e prestacións sociais”.
As mulleres inmigrantes teñen un dobre risco de sufrir violencia de xénero, por ser mulleres e por ser estranxeiras. Por este motivo débese prestar unha atención especial a este colectivo.
Con independencia da nacionalidade ou da situación administrativa, posesión ou non do permiso de residencia, poden acudir nas mesmas condicións que o resto das mulleres aos procedementos tanto penais como civís. Débense ter en conta algúns aspectos:
Terá dereito a presentar denuncia polas agresións aínda que non posúa permiso de residencia, así como intervir no procedemento penal con avogado/a e procurador/a presentándose como acusación particular.
Dereito á solicitude da orde de protección que garanta a seguridade da muller e fillos/fillas.
No procedemento civil deberá iniciar un procedemento de separación se está casada.
En caso de non estar casada debe tramitar un procedemento de garda e custodia e alimentos se os fillos e fillas residen en España.
Dereito á asistencia xurídica gratuíta nas mesmas condicións que as mulleres españolas. Este dereito supón a posibilidade de obter a designación de avogado/a e procurador/a da quenda de oficio especial, sen custo, sempre e cando se presente a documentación necesaria. En caso de non cumprir os requisitos terá que aboar os honorarios do avogado/a e procurador/a.
A resolución do Parlamento Europeo, do 11 de xuño de 1986, sobre as agresións á muller reitera a necesidade do dereito individual ao permiso de residencia, xa que no caso do permiso de reagrupación familiar, a muller depende do seu esposo ou pai. En caso de denuncia a vítima debe saber que non perderá este permiso, e pode obter un permiso independente cando o motivo de separación sexan os malos tratos e o xulgado lle conceda a orde de protección.
Tamén pode solicitar o permiso de residencia independente cando teña unha oferta de traballo e obteña autorización para traballar, ou cando leve cinco anos residindo en España.

 

RECURSOS
AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO  (SALARIO DA LIBERDADE)
AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (PAGO ÚNICO E INDEMNIZACIÓNS)
TELEASISTENCIA MÓBIL PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA (ATEMPRO)

PROGRAMACIÓN/ACTIVIDADES

Campañas 8 de marzo


campaña 25 novembro 2012

Esta campaña xurde pola inquedanza de aportar unha idea creativa e poderosa á preocupante situación do incremento de casos de violencia xa nas xeracións máis novas e desde as relacións de parella.

Varios estudos recoñecen que en España o 6% das adolescentes experimentaron situacións de violencia nalgunha das súas relacións de parella e que un 12% recoñecen que experimentaron maltrato encuberto ou non recoñecido, e nos datos do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra recolleuse un incremento de casos e consultas sobre situacións de violencia de xénero en idades comprendidas entre 16-25 anos nos últimos anos.

Con base nestes datos pensouse en propostas educativas que xerasen nas relacións de noivado de mozos e mozas do concello actitudes positivas cara á convivencia, o respecto aos dereitos da parella, o valor da diferenza, a tolerancia, a capacidade de diálogo e a escoita profunda, onde a opinión da outra persoa sexa valorada e por suposto, a liberdade.

Todo isto é fundamental para a prevención da violencia desde o noivado.

A violencia disfrazada de amor romántico é case invisible, e os signos de maltrato durante o noivado son descoñecidos para gran parte das mozas e mozos, que confunden con mostras de amor condutas controladoras sustentadas na desigualdade entre os sexos.

Quen vive unha relación violenta ten dificultades para darse conta e o noivado convértese nun tormento constante.

Nos seguintes enlaces aparecen os elementos audiovisuais que forman parte da campaña, así como a unidade didáctica elaborada para poder traballar estes contidos co alumnado da ESO.

Spot mujer definitivo: #tipodesparalo

http://youtu.be/vTAR7NexNmI

 

Campaña CIM. Making off:

http://youtu.be/N2zBvLMcYbg

Documentos :

UUDDv4.2 final corrixida

20130913120939_camiseta-4

PROGRAMA IRENE: Prevención da Violencia Sexual na Xente Nova

Unha das violencias máis difíciles de detectar pola súa invisibilidade na sociedade é a violencia sexual perpretrada contra a poboación menor tanto polas características das vítimas como pola relación que teñen os agresores con estas. A formación dos profesionais que traballan neste ámbito así como o coñecimento do que os menores poden ou non aceptar son área prioritarias de traballo para poder detectar tales prácticas abusivas nos primeiros momentos e evitar asi unhas peores consecuencias.

Por este motivo o Instituto da Muller publicou no mes de maio unha convocatoria de subvención para participar nas accións do denominado Programa IRENE a través da sinatura dun convenio entre esta entitade e o Concello

A través das accións programadas en colaboración co Instituto da Muller o Concello implementará ao longo dos anos 2013 e 2014 os seguintes tipos de actividades:

  • Xornadas de Información sobre agresións sexuais dirixidas as Ampas, Asociacións de mulleres, veciñais e público en xeral co fin de sensibilizar sobre as dimensións que teñen as agresións nos menores , a situación legal destes delitos as formas de detectarlos e os recursos dos que dispoñemos.

  • Talleres de prevención/información da violencia sexual dirixidos ao alumnado de secundaria e formación profesional. O seu obxectivo é o de ensinar e previr situacións de violencia mellorando tanto o coñecimento das mesmas como a resposta que poden dar e tendo especial interese en detectar as novas formas de violencia sexual a través de Internet.

  • Talleres de formación de asistencia primaria a vítimas de violencia sexual, dirixidos a parofesionais que poidan ter relación directa con as vítimas como os Corpos e Forzas de Seguridade, Servizos Sociais, Servizos Sanitarios, etc. Cuia finalidade primordial sería a de ofrecer unha atención adecuada á vítima evitando as posíbles victimizacións secundarias tan correntes neste tipo de delitos.

20130926090914_folleto_web_1

XORNADA TÉCNICA PARA PROFESIONAIS DE ASISTENCIA PRIMARIA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA SEXUAL

Realizaránse o vindeiro xoves 3 de outubro de 2013 na Casa Azul.

As inscricións poden realizarse a través da seguinte páxina web:
www.sscrono.com

20130926090900_folleto_2_web

Programas realizados

1. ELABORACIÓN DE MEDIDAS DE ACCIÓN POSITIVA
Elabora, coordina, desenvolve e realiza o seguimento e avaliación do I e II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Pontevedra.

2. PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO
Informa e asesora a asociacións e persoas interesadas sobre actividades, recursos e servizos relacionados coas mulleres.
Potencia o asociacionismo da muller e incentiva a relación con e entre as asociacións existentes.
3. CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN
Organiza compañas específicas para sensibilizar a opinión pública sobre a situación das mulleres.
CAMPAÑA INSTITUCIONAL 8 DE MARZO
CAMPAÑA INSTITUCIONAL 25 DE NOVEMBRO
Campañas anteriores
4. PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS
Módulos de igualdade e prevención da violencia contra a muller en IES
Escolas de Familia
Campañas
5. FORMACIÓN
Información sobre cursos, estudos e xornadas que se programen no municipio, así como as actividades e servizos desenvolvidos pola Secretaría Xeral da Igualdade
Actividades formativas abertas
6. DENUNCIA DA DESIGUALDADE
Recepciona, canaliza e tramita denuncias en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e dos medios de comunicación.
Ficha de denuncia
7. PRESTAMO DE LIBROS
O CIM pon á disposición de todas as persoas interesadas información e documentación relativa ás mulleres, feminismo, violencia de xénero  e á igualdade de oportunidades.

Asociacións de Mulleres

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FONTE DO CREGO”
XEVE. Sobral nº15. Santo André de Xeve.
Tfno.- 986-87-96-30.

ASAMBLEA DE MULLERES DE PONTEVEDRA
Rúa San Xulián, 1 1º. 36002.-Pontevedra.
36002- Pontevedra
ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA E CONSUMIDORES “RIAS BAIXAS”.
Rúa Cobian Roffignac 4, 3ºd. 36002.- Pontevedra
Tfno.- 986-84-67-69 //  986-10-33-69
ASOCIACIÓN DE VIUVAS E ORFOS “SAUDADE”
Avda. Buenos Aires 108. 36001.- Pontevedra.
Fuensanta Pazos. Tfno.-.669-097-139
MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS
Rúa Monte Saiñas 39, Poio. 36.995-Pontevedra.
Correo Electrónico: feminista@aeiou.pt
ASOCIACIÓN DE MULLERES CRISTIÁS GALEGAS
Rúa Nova de Arriba 1, 6º dcha. 36002.- Pontevedra.
Tfno/Fax.- 986-84-61-82.

O TEMPO

Pontevedra, ES
chubasco de ligera intensidad
8.5 ° C
9 °
8 °
93%
4.1kmh
75%
Xov
9 °
Ven
8 °
Sáb
9 °
Dom
11 °
Lun
16 °
X