Inicio Áreas Infraestructuras Abastecemento de Auga

Abastecemento de Auga

En maio de 2008 o Concello de Pontevedra presenta a outros concellos da ría e a comarca os plans de mellora do abastecemento de augas, que consisten en garantir este servizo con auga captada do río Lérez para os vindeiros 30 anos.

Trátase dunha gran obra enmarcada nos plans hidrolóxicos do Estado que consiste en incrementar a actual captación de auga no Lérez e bombeala a depósitos con cotas máis altas da actual, para acto seguido distribuila aos municipios do noso contorno que desexen unirse ao novo sistema.

As obras costarán 16 millóns de euros, aínda que esta cifra poderá baixar en función dos concellos que se sumen ao proxecto.

O actual sistema de captación de auga potábel do Lérez abastece aos concellos de Pontevedra, Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo, pero cóntase coa incorporación de outros municipios da Comarca.