O Orzamento Municipal 2016 ascende a 71.515.000 euros, arredor de dous millóns de euros máis que no pasado exercicio, a pesar de que o Goberno acordou a conxelación real das taxas e impostos municipais. Este incremento é posíbel debido ao traballo de inspección e revisión impositiva buscando a equidade fiscal de todos os contribuíntes.

Dos máis de 71 millóns das contas do vindeiro ano, destacan os máis de 10.657.000 euros en investimentos, que irán destinados, especialmente, ao medio ambiente, deportes, e a continuar o pulo por achegar a calidade urbana ao rural pontevedrés.

  • 2 millóns de euros para sumidoiros
  • 300.000 euros para zonas verdes
  • 120.000 euros para sendas
  • 125.000 euros para auga
  • 140.000 euros para composteiros
  • 1,8 millóns de euros para a creación de campos de herba sintética, melloras nos pavillóns ou o inicio dun novo pavillón polideportivo
  • 1.450.000 euros para mellora da accesibilidade no rural
  • 1.220.000 euros para a mellora da accesibilidade no ámbito urbano
  • 600.000 euros para iluminación pública
  • 300.000 euros para edificios municipais
  • 200.000 euros para a construción do acceso a Monte Porreiro, que se poderá iniciar a finais do ano que vén (previamente haberá que redactar e aprobar o proxecto, facer as expropiacións e iniciar, logo, as obras).

Do resto de partidas, as máis significativas, son:  20,3 millóns son para o pago do persoal; 32, gasto corrente; 0,4, gastos financeiros; 4,7, transferencias; 0,3, fondo de continxencia;  ou 162.000 euros, de activos financeiros, entre outros.

  1. Memoria Alcaldía
  2. Resumo Orzamento de Ingresos
  3. Ingresos
  4. Resumo Orzamento de Gastos
  5. Gastos
  6. Anexo investimentos