Inicio Áreas Servizos Cemiterios

Cemiterios

O Concello de Pontevedra ten ao seu cargo o mamento e xestión de cinco cemiterios municipais: Campañó, Bora, Ponte Sampaio, Lourizán e San Amaro. Os catro primeiros son camposantos situados nas parroquias do rural, e o de San Amaro está situado na zona leste da cidade. É, sen dúbida, o máis grande de todo o municipio.

Mantemento, conservación, limpeza, xardinería son algúns dos traballos que habitualmente fai o Concello de Pontevedra nestes cemiterios, que son especialmente intensos achegándose a data do 1 de novembro, día de Todos os Santos.

Ademais dos cemiterios propiamente municipais, o concello de Pontevedra conta con camposantos de carácter parroquial, que se ben non son competencia directa da administración local, si reciben certos servizos por parte do Concello.

Os cemiterios municipais dependen do servizo de Patrimonio do Concello de Pontevedra e para calquera dúbida pode contactar co administración no Cemiterio de San Amaro no teléfono 986 85 52 59.

FAQS sobre os cemiterios municipais

Que Servizo xestiona as concesións dos nichos do Cemiterio?
O Servizo de Promoción Económica. Edificio administrativo da Casa da Luz, praza da Verdura, 2º andar Teléfono 986804300 ext. 7432-7433. Tamén pode contactar co administrador dos cemiterios municipais na oficina administrativa situadas no propio Cemiterio de San Amaro, teléfono 986804300, ext. 7631 ao ben 986855259

Como solicito unha concesión dun nicho ou columbario?
Presentado no Rexistro do Concello unha solicitude no momento no que se inicie o procedemento de concesións de nichos e columbarios baleiros. Para máis información pode consultar nos teléfonos antes indicados