Inicio Áreas Parques e naturaleza Illa do Cobo ou das Esculturas

Illa do Cobo ou das Esculturas

A Illa da xunqueira do río Lérez está encravada na zona periurbana da cidade de Pontevedra. Posúe accesos directos a través de pontes e pasarelas que a comunican co entorno urbano. Esta situación de privilexio a converten nun lugar de recreo, paseo e descanso de incalculable valor.

A illa encontrase, así mesmo, nun enclave de gran valor natural e paisaxístico,  coa zona do río Lérez que está declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), incluída dentro da Rede Natura 2000.

Todo este entorno engloba  hábitats de bosques de ribeira con ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior), carballos (Quercus robur), bidueiros (betula  alba) ou abeleiras (corillus avellana).  Existen, así mesmo, especies de gran valor dende o punto de vista da fauna.

A illa do Lérez acolle en definitiva un conxunto natural e artístico de gran calidade ambiental ó tratarse dun proxecto de transformación do espazo natural respectando os seus valores naturais e como espazo expositivo de arte contemporánea.

A Illa do Cobo, ultimamente chamada das Esculturas, é un lugar senlleiro do patrimonio ambiental, agrario e cultural do concello de Pontevedra.

As xunqueiras do lérez deron sustento aos veciños das Parroquia da súa ribeira que secularmente tomaron dela forraxe para o gando e fertilizante natural para os cultivos.
O río Lérez é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), formando parte da Rede Europea Natura 2000.

O contorno do Río Lérez é hábitat de valiosas especies de fauna e flora algunhas delas,  obxecto de protección pola Lei do Patrimonio Natural e mailos Catálogos de especies ameazadas tanto a nivel Estatal como Galego.

Baixo a protección das súas formacións de arboredo e ao longo das ribeiras do Lérez existiu e aínda perdura unha riqueza vexetal sen igual que fixo desta paraxe un dos lugares predilectos de  Frei Martín Sarmiento  para o inicio do estudo científico da botánica e da lingua galega.
As xunqueiras do lérez deron sustento aos veciños das Parroquia da súa ribeira que secularmente tomaron dela forraxe para o gando e fertilizante natural para os cultivos.

Por último debe ser considerado o valor artístico que foi incorporado con diversas intervencións no ámbito da illa. Cada un dos artistas ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe e coa historia da escultura e da  pedra.

Existen, xa que logo, importantes razóns de índole ambiental, social e cultural que recomendan un estudo pormenorizado  co obxecto de harmonizar a conservación ambiental co uso social o coidado do patrimonio cultural que se relaciona co espazo da Illa e a valorización social da arte ate o de hoxe pouco desenvolta.

O proxecto artístico da Illa das Esculturas de Pontevedra, é pioneiro en España como unha transformación permanente dun paisaxe real a través do arte actual. Doce artistas foron invitados para realizar proxectos específicos para a Illa, e cada un deles ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe, coa tradición do lugar, coa historia da escultura e da pedra, e moi especialmente coa esencia do home e a súa relación coa Natureza.

A pedra, material presente nas esculturas, a persistencia do camiño como ruta e como encontro de culturas e a idea de liberdade e diferenza, enchen conceptualmente este proxecto, quedando as esculturas permanentemente incorporadas ó espazo, creando a primeira Illa de Esculturas de España, e unha das poucas e xa históricas iniciativas internacionais de similares características.

Aquí están presentes as obras de artistas como Giovanni Anselmo, Fernando Casás, José Pedro Croft, Dan Graham, Francisco Leiro, Richard Long, Robert Morris, Anne & Patrick Poirier, Ulrich Rückriem ou Enrique Velasco. Cada un deles ideou unha obra que se interrelaciona coa paisaxe e coa historia da escultura e da  pedra.

O TEMPO

Pontevedra, ES
algo de nubes
27.1 ° C
30 °
24 °
60%
3.6kmh
20%
Lun
23 °
Mar
17 °
Mér
14 °
Xov
17 °
Ven
17 °
X