Os parques de Pontevedra

A rede de parques e zonas verdes da cidade está composta por grandes parques naturais, espazos verdes urbanos, parques infantís e unha prolixa relación de espazos como rotondas, medianeiras e outras pequenas zonas da cidade nos que a vida vexetal é a protagonista.

Os grandes parques naturais de Pontevedra son:

  • Illa do Cobo ou das Esculturas
  • Sendas do Lérez
  • Parque forestal do Pontillón do Castro
  • Xunqueira de Alba
  • Parque dos Gafos
  • Parque do Miradoiro de Monte Porreiro

Tamén teñen moita importancia os xardíns urbanos, zonas de exparcemento cidadá moi aprezadas por xentes de todas as idades que os utilizan.

  • Alameda
  • Palmeiras
  • Praza de Galiza
  • Parques de Campolongo
  • Praza de Barcelos
  • Mollavao
  • A Parda
  • As Camelias

O cometido do Concello consiste en manter toda esa riqueza vexetal no mellor estado biolóxico e ornamental, de tal xeito que a cidade se vexa beneficiada polos interesantes valores que aportan as árbores, os arbustos e toda a vexetación.

Alameda, Palmeiras, Vicenti


Trátase dun conxunto con tres áreas ben diferenciadas, coa Alameda separada das outras duas (o xardín de Eduardo Vicenti e o paseo das Palmeiras) polo paseo peonil de Montero Ríos e os edificios do Instituto Valle Inclán, a Deputación e a Delegación de Educación.

Destaca, diante do concello o monumento conmemorativo da xesta dos Heroes de Ponte Sampaio, construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as tropas napoleónicas en 1808.

O conxunto conforma o típico espazo urbano nacido a principios do século XX, cando se derrubaron os muros da cidade e se produxo unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que era a horta do Convento de San Domingos fóron construíndose esa avenida e a Alameda, que chegaba ate as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.

Nesa época constrúese tamén o Concello, o Instituto, a Deputación e a actual sede de Educación, antes Instituto feminino. Tras estes edificios, os xardíns de Vicenti e o paseo das Palmeiras, un paseo lineal destas especies exóticas, que hoxe ten continuidade na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, que continúa a lineatura de palmeiras que conforman esa agradábel zona verde.

imagenes__GV28404_602f3ee0

imagenes_ALAMEDA-3_af0149d3imagenes_ALAMEDA-5_d86ce821

Mollavao


O proxecto contempla unha zona de integración coa estrada Fontesanta. Será unha praza de transición nas que se intercalarán baldosas con céspede e árbores. Tamén está prevista unha zona de carga e descarga, e de servizos para todo este ámbito, cunhas dez prazas de estacionamento.

A continuación crearase un paseo na beira do regato de Fontesanta, que se recuperará totalmente, usando pedras e árbores propias de ribeira de modo que se recree un espazo natural.

Na zona central, creando zonas de sombra con árbores e salvando as diferentes cotas con pequenos muretes, instalarase un parque infantil. A Concellaría de Medio Ambiente Urbano quixo priorizar este parque xa que esta zona cidade, que pertence á parroquia de Salcedo, carece dunha instalación similar.

Tamén está previsto o saneamento e mellora do lavadoiro da zona, que a pouco que chove permanece anegado, o que o fai totalmente inoperativo.

O novo parque proxectado en Mollavao está valorado en máis de 230.000 euros xa que será suplementado coa colocación de iluminación e a mellora dos viais que acceden a esta parcela de 5.000 metros cadrados, polo que o concelleiro estimou que a contía final se achegaría aos 350.000 euros.

20110913080948_mollabao

O Parque dos Gafos


Este parque é un paseo lineal ao longo da maior parte do treito urbano do Río dos Gafos, unha canle que procede de Vilaboa, atravesa Tomeza e a zona norte de Salcedo e penetra no centro urbano pola zona da Estación de Autobuses.

No treito rural o río vai acompañado dunha agradábel senda en todo o seu percorrido. Na zona urbana, o espazo libre que deixou a intensa actividade edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Boleira (Av. de Vigo) e vai dar ao parque de Campolongo.

Todo ese percorrido é de feito unha frondosa senda que decorre a ámbolos lados do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posíbel o paso, e un alumeado moi apropiado para unha acolledora área natural imbricada no centro urbano coma esa.

A partir de aí, o Gafos decorre por baixo da urbanización de Campolongo, para volver renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro, desde donde existe un último treito practicábel antes do seu fin, nas Corbaceiras. Neste último treito do percorrido, duas pontes e varios edificios tradicionais dannos unha idea de cómo era este río antano, cando constituía unha das máis famosas fotos da cidade, coas mulleres lavando nas súas augas cristalinas.

A Senda do Lérez


É un parque lineal que nace na Avenida de Bos Aires, paralela ao Río Lérez, e decorre en paralelo á Urbanización de Monte Porreiro. En breve entrará en servizo o itinerario máis grande desta senda, que vai desde a Estación de captación de auga ate Bora, uns 5 km de percorrido cabo do río.

A senda nace na Ponte dos Tirantes, desde donde vai en forma de paseo urbano ata a praia fluvial, perto das pontes do tren. De alí introdúcese na mesta vexetación de ribeira, entre carballos e salgueiros, por diversas pasarelas de madeira e camiños acondicionados para un acceso doado. Despois a senda ten que continuarse polos antigos accesos á estación de bombeo da auga, de donde nace o itinerario máis longo, que comunica esta zona de Monte Porreiro con Bora, en paralelo á tubería que conduce a auga que a fábrica de Ence en Lourizán capta do río.

Pola marxe da parroquia de Lérez, a senda pode tomarse a partires da Illa das Esculturas, desde donde pode camiñar un pequeno treito á beira do río, para subir despois ao Mosteiro de San Bieito. De alí, por diversos camiños, volve a baixar cara a unha das pasarelas peonís que comunican esta marxe coa de Monte Porreiro. Antes de cruzar a ponte, pode dirixirse, río arriba, ao lugar da Illa do Couto, donde desemboca o río dos Fontáns, un espazo de agradábel fisonomía.

20110905010924_p1010065

20110905010932_p1010066-copia

20110908040924__aa41748

20110908040926__aa41782

20110908040928__aa41798

20110908040937__gv2835420110908040950_img_8894imagenes_LEREZ-5_1f05f8de

imagenes_senda-2_966319ca

imagenes_senda-4_1aa1a88d

Miradoiro de Monte Porreiro


Un agradábel parque anexo á Urbanización Monte Porreiro que na actualidade está en proceso de reconversión grazas aos labores de destoconamento e adaptación que se realizan, coa mellora do seu alumado público e en xeral das condicións de uso como área de expansión desta urbanización, complementario á cercana Senda do Lérez e miradoiro privilexiado sobre o treito urbano do río. Ten no seu interior o vello templete do miradoiro, que era parte da finca que a principios do século XX explotaba D. Casimiro Gómez, dedicado á agricultua e á exportación a América de Auga do Lérez.
imagenes__GV28777_21b80996imagenes_FARO-MONTEPORR_89a3b4eb

Documentos :

Traballos no Mirador
Traballos no Mirador

Pazo de Lourizán


No século XV este predio foi habilitado como “granxa” e desta época conserva o pombal ameado de planta circular. Foise logo adaptando aos tempos e convertiuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos dos 40. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes.

Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellaría de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.

O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións.

O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, finca e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.

Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiras, e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias, pradairos ou aligustres, moitas delas traídas por xardineiros franceses.

Decóranse con hórreos, o pombal, un invernadoiro de cristal de estrutura férrea, mesa de granito, estátuas de mármore branco, etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.

www.depontevedra.es/?1,3087

O TEMPO

Pontevedra, ES
cielo claro
24.8 ° C
28 °
22 °
42%
7.2kmh
0%
Dom
30 °
Lun
35 °
Mar
30 °
Mér
20 °
Xov
19 °
X