Parques infantís

Un considerábel número de parques destinados ao público infantil están esparexidos por toda a cidade, sempre a punto para servir de entretenemento aos máis pequenos da casa.

* GAFOS: Rúa dos Peiraos (desembocadura do Gafos)
* CAMPO DA TORRE: Campo da Torre (próximo á praza de toros)
* PALMEIRAS: Xardíns de Vicenti
* BARCELOS: Praza de Barcelos
* CAMPOLONGO (A seta): Rúa Iglesias Vilarelle
* SAN MAURO: Rúa do Santo Amaro
* MARUXA MALLO: Rúa Maruxa Mallo
* XULGADOS: Avda. Conde Bugallal
* CIDADE DE PEDRA: Praza 8 de Marzo
* PONTE BOLEIRA: Praza de Ponte Boleira
* MONTEPORREIRO (Portugal): Rúa Portugal
* MONTEPORREIRO (Belxica): Rúa Bélxica
* MONTEPORREIRO (Irlanda): Área deportiva Rúa Irlanda
* MONTEPORREIRO (Irlanda): infantil Rúa Irlanda
* MONTEPORREIRO (Reino Unido): Rúa Reino Unido
* LUIS OTERO: Rúa Luis Otero (próximo a Pasarón)
* A SECA: Barrio de A Seca
* A CORVORANA: Rúa da Corva
* MARCÓN: Campo da Festa (próximo á casa de cultura de Marcón)
* PONTE SAMPAIO: Próximo campo futbol
* ACEVEDO: Lugar de Acevedo Ponte Sampaio (próximo centro cultural O Peto)
* RAÑADOIRO: Lugar de Rañadoiro Ponte Sampaio (próximo ao centro cultural)
* VILAR: Lugar de Vilar Ponte Sampaio
* ESTRIBELA: Praza Marqués de Valterra
* OS PRACERES-I: Rúa do Areal
* OS PRACERES-II: Praza da Igrexa
* OS PRACERES-III (Área deportiva): Praza da Igrexa

Parque Infantil do río Gafos


Trátase dun parque infantil de recente creación con xogos da casa ISABA, con valado de todo o seu perímetro e pavimento amortecedor de caucho en lousetas nas áreas de seguridade dos xogos e xabre no resto.

Esta área recreativa dispón de bancos papeleiras cartel indicativo de idade, etc.

Os traballos foron financiados por AQUAGEST na súa totalidade, xa que foi preciso, logo das obras de saneamento realizadas no lugar pola empresa concesionaria, refacer o anterior parque infantil por non resultar recuperábeis os xogos que había instalados con anterioridade.
imagenes_image004_8179fa7c
imagenes_image006_b96c8eb1

Parque Infantil de Ponte Bolera


Parque infantil de recente creación realizado como consecuencia do desenvolvemento da praza de Ponte Bolera. Está realizado con xogos da casa JOLAS, valado perimetral de madeira e pavimento amortecedor de lousetas de caucho encol soleira de formigón.

No verán de 2008, o servizo de Parques e Xardíns do Concello acondicionou toda a zona verde que circunda o parque infantil para dotala de rega e para mellorar o céspede. Ademais, plantaron especies arbóreas que co seu crecemento permitirán dar zonas de sombra ao parque infantil que é moi utilizado polos máis pequenos deste novo barrio da cidade
imagenes_image072_73388b76

Parque infantil dos Xulgados


A avenida de Conde Bugallal dispón dende novembro de 2008 dun remocicado parque infantil diante do edificio dos xulgados. Seguindo o Plan director de parques infantís encargado polo concelleiro Raimundo González Carballo, a intervención nesta área recreativa infantil foi integral, ata o extremo o retirar todos os elementos infantís e substituilos por outros novos.

A inversión foi de 20.566, 80 euros que se destinaron á retirada dos actuais xogos, á colocación de chan de caucho e á instalación de xogos como un bambán, un balancín, unha figura de muelle ou un verme infantil (só o custe deste xogo ascendeu a máis de 9.000 euros e é único en todo o Concello). Ademais, o parque ten dun cartel informativo coa normativa e uso do parque.

A área infantil remocicada foi aberta ao público a principios de novembro de 2008 cunha pequena festa infantil, á que asistiu o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, ademais do concelleiro responsable desta área Raimundo González
imagenes_PARQUE-1_8f35e6ed
imagenes_PARQUE-2_6e64a0fd
imagenes_PARQUE-3_b06f579c

Área recreativa de Barcelos


A área recreativa da praza de Barcelos pódese dicir que é unha das máis completas do municipio.

Levouse a cabo unha reforma total, pavimentos, xogos, valados e mobiliario, sobre unha superficie de uns 900 metros cadrados. Creáronse catro áreas de xogo diferentes: para nenos pequenos ata 3 anos, nenos de entre 3 e 12 anos, unha para adolescentes e outra para persoas de 0 – 100 anos (é dicir, pensado fundamentalmente para a poboación da terceira idade que acompaña aos nenos ao parque infantil ou que decide achegarse ata estas instalacións).

Dispón de aparellos adaptados a persoas con minusvalías, xogos que evocan figuras (un barco) e que propician o xogo dos nenos. O parque dispón de sinalización das distintas áreas, bancos suficientes para as persoas que acompañan aos nenos, dúas fontes e peche de todo o seu perímetro con valado de madeira e accesos de tipo toril (con burladeiro); é dicir, un sistema que dificulte a saída directa dos nenos ao exterior do parque co fin de posibilitar a reacción dos pais ou coidadores de cara á seguridade dos nenos.

Na totalidade da superficie instalouse un pavimento de caucho continuo con figuras e cores que aportan ao parque unha nota de color.

No verán de 2008, o concelleiro Raimundo González acordou dotar a esta área infantil dunha correta iluminación xa que, agás na época estival, o uso desta área era moi limitada por falta de luz. Varias torretas iluminan na actualidade un dos parques infantís máis empregrados da cidade.
imagenes_Parque_Barcelos_2_8de349a4
imagenes_Parque_Barcelos_3_755c62d2
imagenes_Parque_Barcelos_4_d519c9d5

Parque Infantil Cidade de Pedra, praza 8 de marzo


Parque infantil construído en 2007, aproveitando unha zona verde da nova urbanización Cidade de Pedra, levantada na rúa Eduardo Pondal.

Conta con arborado, valado perimetral de madeira, pavimento de caucho continuo e dúas areas diferenciadas: unha para pequenos de 0-3 anos, e a outra para nenos de idades entre 3-12 anos.

É o único ubicado nesta zona de crecemento da cidade e referenciara para os nenos deste barrio, un dos máis grandes do casco urbano.
imagenes_Cidade_de_Pedra_ad671f26
imagenes_image004_761d1cd3

Os Columpios das Palmeiras


O principal parque urbano da cidade dispón dende novembro de 2008 duns xoguetes de última xeneración e pensados para todos os nenos, con especial atención a aqueles que teñen algunha discapacidade.

Ademais do lecer e divertimento propias destas áreas infantís, os parques teñen un valor engadido na socialización e potenciación psicomotriz dos rapaces, que será especialmente importante nesta nova área que dispón de dous espazos de xogos: unha para nenos de ata catro anos, e outra para nenos de ou 5 anos ate 12 anos.

O investimento que a Concellaría de Medio Ambiente Urbano, que xestiona Raimundo González Carballo, dispuxo para esta área infantil foi de 200.000 euros, xa que ademais de renovar a área antiga incorporouse unha superfice de 350 metros cadrados, onde estaban as gaiolas dos paxaros, polo que o parque infantil ten na actualidade a case 800 metros cadrados coas dúas áreas.

Na nova área está dotada con bambáns máis clásicos e pensados para os nenos máis pequenos ata catro ou cinco anos. Mentras que a área renovada dispón agora, de estruturas tubulares como escaladas, redes…, pero tamén pensadas para nenos con menos posibilidades motoras que os demáis. 4

Os traballos consistiron na creación da nova área cunha plataforma de formigón, instalacións dos xoguetes, e instalación do caucho; mentras que os traballos da actual zona de xogos foi a reforma da plataforma de formigón, así como a retirada e nova colocación do caucho azul e a instalación dos xoguetes.

Os bambáns das Palmeiras foron un dous primeiros parques da cidade que se creou fuxindo dos modelos tradicionais, no seu momento, de ferro. Non ano 1996 non existía en Galicia ningunha normativa sobre parques infantís, polo que se fixeron diversas adaptacións: reformas dos xogos, reparacións, instalación de pavimentos…

Os técnicos municipais recoñecían nun estudo do pasado ano que os bambáns necesitan dunha reparación en profundidade, de aí que se decidira mercar novos xogos ao entender que os existentes xa tiñan cumprida a súa vida.
imagenes_columpios-3_623a87cb
imagenes_COLUMPIOS-5-GS_5b1aa703
imagenes_GUS_0053_a517147c
imagenes_PARQUE-PALMERAS-1_2211a7aa

Parque infantil de Maruxa Mallo


Parque infantil creado no ano 2006 con xogos da casa HPC, valado en todo o seu perímetro e pavimento de caucho continuo. Atópase nun espazo público situado entre dous terreos edificábeis, e linda coa avenida Juan Carlos I e outro pendente de edificar na rúa da Abundancia.

Este ámbito, ademais do parque infantil, conta con pistas polideportivas e zonas axardinadas, que foron melloradas no ano 2008. A pista polideportiva foi pechada cun cerre perimetral que acadou unha inversión de 15.500 euros, e foi complementado coa instalación de canastras e porterías, o que permite aos veciños deste populoso barrio da cidade unha práctica deportiva en condicións.

Estas instalacións cubren as súas necesidades veciñais, á espera da próxima apertura do complexo lúdico-deportivo de A Parda, que trasladará a oferta deportiva da cidade cara este barrio, abrindo un novo centro urbano de referencia, máis aló da Peregrina.
imagenes_P.I._Maruxa_Maio_agora_web_2_74d9fa9c
imagenes_PARQUE-M-MALLO2_736837ba

O TEMPO

Pontevedra, ES
algo de nubes
15.7 ° C
23 °
10 °
30%
8.2kmh
20%
Ven
14 °
Sáb
17 °
Dom
16 °
Lun
14 °
Mar
14 °
X