Pontillón do Castro

Está ubicado na parroquia de Verducido, ao norte do territorio municipal. Desprégase darredor do embalse do Pontillón do Castro, unha infraestructura hídrica do sistema de abastecemento de augas da capital, e donde tamén se asenta o importante centro deportivo especializado en piragüismo, unha instalación de referencia no Estado Español.

Tamén inclúe o outeiro do Castro, un mato anexo coroado por unha interesante escultura xigante, realizada en homenaxe aos canteiros da zona.

Dispón de tres sendeiros moi aptos para o paseo tranquilo e reparador, nun entorno bastante relaxante:

  • O do Embalse, de máis de 1 km de lonxitude, salpicado de pequenas terrazas sobre a auga e espazos para a pesca sen morte. Parte da instalación deportiva e chega á estrada da presa do Pontillón, unha obra de enxeñaría construída a mediados do século pasado.
  • O da presa, unha pequena senda que decorre o mato existente entre a instalación deportiva e a presa, que moita xente utiliza para contemplar as probas deportivas
  • O do Castro, un conxunto de sendas que percorren os bosques deste monte arrodeado polo río Rons e no que máis abaixo se asenta a poboación de Verducido. Os camiños de paseo chegan ate a cima do monte, donde se ubica a escultura de homenaxe aos canteiros.

Nos arredores da estrada que une Barro con Santa María e Santo André de Xeve existe unha zona de esparcemento, con parque infantil e un área de merendas, ademáis de varias plataformas para aparcar automóbiles.

Á metade do percorrido da senda do embalse existe un rocódromo de aire libre, se ben para utilizalo é preciso estar federado.

O do Pontillón do Castro foi o primeiro parque desenvolvido no marco da iniciativa Monte Vivo, un plan que serviu para restaurar numerosos espazos forestais afectados pola vaga de incendios de 2006.

O TEMPO

Pontevedra, ES
algo de nubes
27.1 ° C
30 °
24 °
60%
3.6kmh
20%
Lun
23 °
Mar
17 °
Mér
14 °
Xov
17 °
Ven
17 °
X