Trinta e un colexios e institutos da cidade participan na campaña de Educación Viaria. As actividades son diferentes segundo o nivel educativo.

 

  • EDUCACIÓN INFANTIL

Un total de 530 alumnos de educación infantil serán obxecto da campaña de formación que ten previsto tres actividades:

1. Entrega de unidades didácticas a profesores docentes dos centros

A Policía Local entregará videos, contos e informacións de contidos sobre actuacións como peón e ocupante de turismos e autobuses, a rúa, os pasos de peóns, semáforos ou sistemas de retencións.

      2. Prácticas de seguridade nos centros

A Policía Local supervisará os protocolos de seguridade nas entradas e saídas dos centros así como das rutas có fin de mellorar os protocolos de comportamento e a seguridade no autobús.

3. Visitas organizadas ás dependencias da Policía Local

Os alumnos de 3º de Educación Infantl ( 5 anos) acompañados dos seus educadores visitarán as dependencias da Policía Local. Faránse dezaoito visitas.

  • EDUCACIÓN PRIMARIA

A programación dirixida ós alumnos de 5º de educación primaria conta cun total de dúas sesións, impartidas por tres educadores, nos vinte centros participantes e unha terceira sesión no Parque Infantil de Tráfico.

As actividades programadas son:

  • Plan de formación de peóns, conductor de bicicleta e ocupante en turismo ou autobús escolar.
  • Prácticas de peón e conductor de bicicleta e karts no Parque Infantil de Tráfico.
  • Pedalada pola cidade en bicicleta

 

  • EDUCACIÓN SECUNDARIA 

Dirixida ós alumnos de 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato.

Un total de 1.500 alumnos de tres centros docentes participarán nunha sesión impartida polo coordinador da campaña, un educador e a colaboración de Paulo Fontán -presidente da Asociación Amizade de persoas con capacidade-.
Entre os obxectivos que se prentende acadar con estes alumnos é formar os menores en materia de seguridade viaria, previr os accidentes de tráfico, dar a coñecer situacións de risco, concienciar ós menores ne necesidade de utilizar elementos de seguridade e das consecuencias dos actos irresponsables.

programación inclúe o plan de formación de conductor de ciclomotor e Seguridade Viaria, documentacións, cascos homologados, seguros e responsabilidade cilvil, e prevención de siniestralidade en accidentes de tráfico e concienciación.

Publicacións sobre educación viaria

Unha das actividades que se realizan con frecuencia é a publicación de material relacionado coa seguridade viaria, especialmente folletos divulgativos realizados baixo o lema “Eu son móbil e teño unha cabeza”, dirixido ao público escolar, ou os editados co gallo da circulación en rotondas, dirixido a conductores de vehículos a motor.

Unha das iniciativas de máis éxito foi a publicación da novela de Fina Casalderrey “Unha pulga, 5 amigos e un tándem”, dirixida ao público xuvenil e que foi realizada por encargo do Concello, baixo a temática da seguridade viaria, implicando a literatura neste tipo de campañas, e abríndoas a novos códigos de comunicación. Neste momento está xestionándose a publicación dunha segunda novela, tamén con autoría dunha escritora de prestixio invitada polo Concello.

20110907090901_dsc_0001

20110907090906_dsc_0007

20110907090909_dsc_0008

Actos especiais de Educación Viaria

Tanto ao inicio como ao remate da campaña de Educación Viaria teñen lugar actos específicos de inauguración e clausura, coa participación de alumnos e alumnas dos colexios participantes, así como persoas que participaron nas sesións, representantes de entidades implicadas na seguridade viaria e responsables políticos municipais, normalmente encabezados polo Alcalde.

Estes actos teñen normalmente lugar no Teatro Principal ou no Pazo da Cultura, e están amenizados por algún grupo de teatro ou espectáculos de maxia, que adaptan o seu contido á temática da seguridade viaria. Normalmente, participan sobre 500 alumnos de 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato dos colexios e institutos da cidade.

Entre outras persoas, solen tomar parte nestes actos un colaborador habitual do Concello en materia de seguridade viaria e tamén de accesibilidade, Paulo Fontán, presidente da Asociación Amizade, integrada na Coordenadora Galega de Minusválidos. Tamén participa con frecuencia a delegada da Asociación Stop Accidentes en Galiza, Jeanne Picard.
imagenes_vial_3_962f9203
imagenes_vial_6_e8fe0822

imagenes_vial_9_cbb4392d

imagenes_VIAL-3_bd2d1dbc

Actividades Complementarias

A Campaña de Educación Vial deste ano conta con algunhas actividades que complementan e amplían o público ó que se destina.

  • BUS PEDESTRE / CAMIÑO SEGURO

Acto dirixido ós profesores, ANPAS e asociacións có obxectivo de presentar o proxecto proposto por Pilar Monterrubio.

O seu plantexamento consiste en concienciar ós pais de que leven ós nenos camiñando ás escolas có fin de evitar a masificación de vehículos nas entradas dos colexios e inculcando nos rapaces valores de responsabilidade e educación vial.

  • II PEDALADA POLA CIDADE
Dirixida ós centros escolares e pensada para tódalas idades. O obxectivo é percorrer a cidade en bicicleta.
  • CONCURSO DE MENSAXES SMS CURTOS
Os alumnos de educación primaria e secundaria deberán realizar mensaxes curtas de SMS sobre seguridade viaria felicitando o Nadal ós seus familiares e amigos.
  • CONCURSO DE REDACCIÓN DE CARTAS

Os alumnos de 5º de educación primaria escribiranlle cartas a seus pais coas que lles tentarán transmitir a importancia da Seguridade Viaria.

Ó gañador do concurso recibirá unha bicicleta como premio.

  • CONCURSO DE SPOTS PUBLICITARIOS
Dirixido ós alumnos de 4º da E.S.O., 1º  e 2 de Bacharelato consiste na realización de spots publicitarios ou videos curtos.
  • COLABORACIÓN CON CENTRO ARELA

Esta colaboración consiste nunha charla dirixida ós xóvenes do Centro de Día ARELA de Pontevedra que cumpren medidas reformadoras en réxime aberto.

Son menores da cidade e de localidades da parte norte da provincia relacionados con infraccións derivadas do mal uso dos seus ciclomotores e que serán futuros conductores.

  • CHARLAS
  1. Dirixidas a persoas da terceira idade: Para falar de alcol, medicamentos, desprazamentos, somnolencia…
  2. Dirixidas a mulleres embarazadas: Para falar de sistemas de retención e cadeiras por idades e peso.
  3. Dirixidas a xóvenes de Educación Adulta, en colaboración coa DXT:  Prevención da sinestralidade en accidentes de tráfico.

Centros participantes

En total os alumnos participantes no Programa de Educación Vial 09/10 son 2730, de 31 centros educativos da cidade.

INFANTIL E PRIMARIA

  • CEIP de Parada-Campañó
  • CEIP A Xunqueira Nº 1
  • CEIP San Benito de Lérez
  • CEIP A Carballeira
  • CEIP Príncipe Felipe
  • CEIP de Vilaverde-Mourente
  • CEIP Álvarez Limeses
  • CEIP Manuel Vidal Portela
  • CEIP Froebel
  • CEIP Campolongo
  • CEIP de Ponte Sampaio
  • CEIP San Martiño
  • CEIP Praza de Barcelos
  • CEIP de Cabanas
  • CEIP Santo André de Xeve
  • CEIP de Marcón
  • CEP A Xunqueira Nº 2
  • CEP Marcos da Portela

 

INSTITUTOS DE SECUNDARIA

  • IES Fogar Prov. Príncipe Felipe
  • IES Sánchez Cantón
  • IES Valle-Inclán
  • IES Frei Martín Sarmiento
  • IES A Xunqueira I
  • IES A Xunqueira
  • IES A Xunqueira II
  • IES Luís Seoane
  • IES Gonzalo Torrente Ballester
  • IES Doroteas
  • IES Placeres

Axentes implicados na campaña

Preséntanse voluntariamente para exercer como Educadores de Educación Viaria, nos distintos colexios e institutos os seguintes axentes:

  • Coordinador de Educación Vial

Oficial Duarte Solla, Antonio

  • Educadores de Educación Vial

Policía Abollo Rodríguez, David
Policía Cruceiro Soto, Ricardo
Policía Díaz Outeda, Diego
Policía Serantes Vaz, José L.

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia moderada
10.9 ° C
12 °
10 °
100%
1.5kmh
75%
Xov
14 °
Ven
18 °
Sáb
16 °
Dom
16 °
Lun
17 °
X