Canceira

As instalacións da canceira do Concello de Pontevedra están en Campañó. Está xestionada pola Asociación Os Palleiros e alí podes acudir para adoptar un can. O seu horario é de 9,30 a 13,00 horas polas mañás e os luns, mércores e venres de 17,00 a 20,00 horas.

[sections collapse=”always”]
[section title=”Como actuar…”]

Se tes un can estás obrigado a…
1. Identificalo cun microchip. O microchip é obrigatorio para todos os animais de compañía na Comunidade Autónoma de Galicia.2. Desparasitación, polo menos unha vez ao ano.3. Pasaporte Canino. Dende o 21 de Maio de 2008 derógase a Cartilla Sanitaria e establécese como único documento de sanidade o Pasaporte de Animais de compañía, seguirán en vigor as cartillas expedidas con anterioridade a esa data, ata a súa pérdida ou deterioro. Esta normativa está recollida no Decreto 94/2008 do 30 de Abril polo que se establece o pasaporte e cartilla sanitaria para os cans, gatos e furóns na Comunidade Autónoma Galega.4. Levalo pola correa.5. Recoller os excrementos.Requisitos para a tenza de cans de razas perigosas

A tenza de cans de razas perigosas está regulada pola Lei 50/1999 sobre o Réxime Xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos, o Real Decreto 287/2002 polo que se desenvolve a Lei 50/1999, e o Decreto 90/2002 polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o establecido nesta normativa para poder posuír un animal considerado perigoso é necesario contar cunha licenza administrativa outorgada polo concello correspondente. Os requisitos para obtela son os seguintes:

1. Obter unha licenza no Concello (débese renovar cada 5 anos).

2. Subscribir un Seguro de Responsabilidade Civil.

3. Inscribilo no rexistro do Concello.

4. Identificalo co correspondente microchip.

[/section]
[section title=”Preguntas frecuentes sobre os animais domésticos”]

Que obrigas teño que ter co meu can?
1. O microchip e obligatorio para identificación dos cans, a partir dos tres meses de idade ou ao mes de adquisición, quedando os gatos e os furóns como opcional e solo obrigatorio para viaxar a outros países.
2. A desparasitación aínda que non é obrigatoria, sempre é recomendable.
3. Cartilla sanitaria obligatoria.
4. Levalo pola correa.
5. Recoller os excrementos.
6. Seguro obligatorio para animais potencialmente perigosos.

Onde atopo a normativa de animais?
Lei 1/93 de 13/04/1993 (pubricada o 22/04/1993) de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pode baixala da páxina web da Xunta de Galiza, www.xunta.es

Que fago se atopo un animal morto na rúa?
Debe porse en contacto co servizo de limpeza. Tlf.- 986 850 225

Que teño que facer para inscribir a un animal potencialmente perigoso?
Debe obter en primeiro lugar, a Licenza Muncipal de Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos Deben obter esta Licenza os propietarios ou posuidores ocasionais de cans.

Que razas de can estánse a considerar perigosas?

As seguintes razas:

Pit Bull Terrier, Staffordshire Bull Terrier, American Staffordshire Terrier, Rottweiler, Dogo Argentino, Fila Brasileiro, Tosa Inu Akita Inu, Bullmastiff, Doberman, Dogo de Burdeos, Dogo de Tibet, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mayorquín.

Ou que teñan todas ou a maioría das características seguintes:

a) Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.

b) Marcado carácter e gran valor.

c) Pelo curto.

d) Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 cms., altura á cruz entre 50 e 70 cms. e peso superior a 20 kg.

e) Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas. Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.

f) Pescozo ancho, musculoso e curto.

g) Peito macizo, ancho, grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto.

h) Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.

Cal é a normativa de cans “perigosos”?
Lei 50/99 obre o Réxime xurídico da tenencia de Animais Potencialmente Perigosos
Real Decreto 287/2002, para solicitar a Licenza de tenencia de cans potencialmente perigosos polo que se desenvolve a Lei 50/99.

Que documentación fai falla para solicitar licenza de cans considerados perigosos?
Instancia xeral, á que se acompañarán os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI, carné de conducir ou documento que acredite a maioría de idade.
Declaración xurada de non ser sancionado administrativamente por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, de 23 de decembro.
Certificado orixinal de aptitude física e psicolóxica expedido por un centro de recoñecemento autorizado.
Fotocopia de póliza de seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, por unha cobertura non inferior a 120.000 , á que se acompañará fotocopia do último recibo bancario que acredite que dita póliza atópase ao corrente de pago.

Onde se atopa a Asociación de recollida e adopción de cans?
A Asociación “Os Palleiros” atópase en Campañó, na saída do Polígono empresarial do Vao. Telf.- 626519310.
[/section]
[/sections]