ARI do Conxunto Histórico de Pontevedra

ARI CH_reducido

O día 4 de outubro de 2012 o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Presidente do IGVS, acorda declarar Área de Rehabilitación ao ámbito do Conxunto Histórico de Pontevedra.

Esta declaración constitúe unha peza básica para a recuperación e rexeneración do casco antigo da cidade, xa que aporta a posibilidade de recuperar o tecido predominante na zona, o residencial. Isto mellorará as condicións de habitabilidade das vivendas e promoverá a ocupación daquelas que foron nos últimos anos abandoadas, o que suporá un aumento do censo da zona, da actividade social nas rúas e a mellora dos servizos esenciais.

Trátase pois, de promover a cultura da rehabilitación, mediante o mantemento dos oficios tradicionais e o fomento do emprego.

Reportaxe fotográfica de obras de rehabilitación realizadas no Conxunto Histórico (antes e despois):

Reportaxe 1
Reportaxe 2
Reportaxe 3
00_Logos
X