Plan Estatal 2013-2016

O Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, está regulado no Real decreto 23/3/2013, do 5 de abril.

As axudas previstas neste Plan consisten en subsidiacións de préstamos convidos e subvencións orientadas a fomentar as actuacións que se enmarquen nalgún dos seguintes programas en que se estrutura o Plan, sempre que se cumpran os requisitos que se esixan e dentro das disponibilidades presupuestarias existentes:

1. Programa de subsidiación de préstamos convidos. Ver pdf

2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda. Ver pdf

3. Programa de fomento do parque público de vivenda en aluguer. Ver pdf

4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria. Ver pdf

5. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas. Ver pdf

6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios. Ver pdf

7. Programa para o fomento de cidades sostibles e competitivas. Ver pdf  

8. Programa de apoio á implantación e xestión do Plan.

Liñas básicas de rehabilitación

Serán actuacións protexibles as obras de rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares no medio rural, e en vivendas ou edificios de vivendas no ámbito dunha área de rehabilitación declarada conforme o procedemento previsto no decreto de referencia, así como as promocións de vivenda que estean, ou estiveran, acollidas ao réxime de promoción pública, e as actuacións de rehabilitación de carácter illado acollidas ao Plan estatal de fomento de alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, posibilita a implantación en Galicia deste Plan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a publicación da Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro (BOE núm. 292, do 03/12/2014) tras a sinatura, o día 05/09/2014, do convenio de colaboración para a implantación do plan en Galicia (DOG núm. 206 do martes, 28 de outubro de 2014).

A Orde do 09/03/2015 da CMATI establece as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016 de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, tras ela asínase o Acordo da Comisión Bilateral entre a Administración do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, que posibilita a regulación e apertura das correspondentes convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación.

Solicitudes

O mércores 16/08/2017 publicouse no DOG núm. 156 a 3ª convocatoria pública para solicitar as subvencións.
Prazo de solicitude: 17/08/2017 ata o 15/08/2017.

Solicitude de visita previa
Solicitude subvención. Vivenda.
Solicitude subvención. Edificio.

Normativa:

– 3ª Convocatoria pública para solicitar axudas. Ver pdf

– Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016. Ver pdf

– Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro, pola que se determina a efectividade das liñas de axudas previstas no RD 233/2013. Ver pdf

– Convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Fomento e a C.A. de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. Ver pdf

– Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Ver pdf

– Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal 2013-2016. Ver pdf

X