Inicio Áreas Urbanismo Trámites urbanísticos

Trámites urbanísticos

Procedementos de comunicación previa a verificación posterior para obras e actividades no Concello de Pontevedra

Relación dos procedementos nos que subsiste o réxime de sometemento a previa licenza local de obras e de actividades

Definición e documentación a achegar

Obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores e que necesitan proxecto técnico.

Documentación que debe achegarse

Persoa Física: fotocopia do Número de Identificación fiscal (NIF/ NIE/ Permiso de Residencia) do/a solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do/a representante e do/a solicitante, coa autorización escrita deste/a último/a ou copia de poder para representalo/a.

Persoa Xurídica: a persoa que asina a petición achegará a documentación acreditativa da súa representación e da constitución da entidade representada.

• Xustificante acreditativo do ingreso da autoliquidación das taxas correspondentes.

• Documentación acreditativa da referencia catastral.

• Proxecto técnico redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.

• Oficios de dirección de obras.

• Estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.

• Cuestionarios de estadística de edificacións.

• En edificacións colectivas presentarase Proxecto de Infraestrutura Común de Telecomunicacións asinado e visado por persoal técnico competente.

• Nos casos de ampliación ou modificación, copia da licenza de obrasanterior.

• No caso de existir edificacións na situación que se pretende para as obras novas, deberá solicitarse previa ou simultáneamente a derruba destas se é preciso.

• Documentación acreditativa da titularidade e extensión da finca.

• Certificación catastral descritiva e gráfica da parcela.

Definición e documentación a achegar

Obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de todas as clases.

En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención, os peches con muros de fábrica de calquera clase, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

Documentación que debe achegarse

Persoa Física: fotocopia do Número de Identificación fiscal (NIF/ NIE/ Permiso de Residencia) do/a solicitante. No caso  de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do/a representante e do/a solicitante, coa autorización escrita deste/a último/a ou copia de poder para representalo/a.

Persoa Xurídica: a persoa que asina a petición achegará a documentación acreditativa da súa    representación e da constitución da entidade representada.

• Xustificante acreditativo do ingreso da autoliquidación das taxas correspondentes.

• Documentación acreditativa da referencia catastral.

• Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra.

• Orzamento desglosado das obras que se pretenden executar.

• Plano de estado actual e plano de estado reformado.

• Fotografías do estado actual do inmoble.

• Fotocopia dos títulos de propiedade.

• Copia da licenza de primeira ocupación,  edificación e/ou apertura.