Inicio Arquivo

Arquivo

A orixe do noso municipio podemos situalo na Idade Media, a raíz da concesión do foro a Pontevedra por parte do Rei Fernando II, en 1169. Este privilexio veu representar practicamente a acta de fundación da nosa cidade. A pesares de carecer de documentación que o testemuñe, é normal supor que se nomearían certos cargos que dirixisen o destino da nova vila, co que xa teríamos o embrión dunha pequena Administración.

A necesidade de asegurar os seus dereitos, privilexios e termos foi o motor que impulsou aos pobos a conservar os documentos enviados polas autoridades civís e relixiosas, formando con eles o núcleo fundacional do Arquivo, que vai perdurar ata os nosos días.

Hoxe entendemos por Arquivo Municipal o conxunto orgánico de documentos producido e acumulado polo Concello no exercicio das súas funcións e actividades, conservado como testemuña e garantía dos dereitos e deberes da Administración Municipal e dos cidadáns, como fonte de información xeral para a xestión administrativa e para todo tipo de investigación.

As funcións do Arquivo Municipal son as seguintes:

  • RECOLLER a documentación que lle transfiren as distintas unidades administrativas.
  • CUSTODIAR de xeito seguro e ordenado os fondos documentais recibidos.
  • SERVIR os fondos documentais á administración municipal, aos ciudadáns e aos investigadores.

O Arquivo Municipal custodia documentos do pasado da nosa cidade que explican o noso presente e orientan cara ao futuro. Podes solicitar a súa consulta en:

Contacto
Praza de España, s/n
36071 Pontevedra
Telf. 986 804300 ext. 7021
Correo: arquimunpo@pontevedra.eu

Canto custa a consulta dos documentos no Arquivo Municipal?
O servizo de consulta é de balde. Só deberá pagar se solicita copias da documentación, segúndo taxas aprobadas polo Concello.

No Arquivo Municipal podo saber a antigüidade do meu piso?
Si. Tamén pode obter fotocopias seladas previa petición escrita.

No Arquivo Municipal podo ver o plano da miña casa e facer fotocopias?
Si. Neste Arquivo consérvanse as licenzas municipais das obras da cidade. Pode ver planos e facer fotocopias previa petición escrita.

Qué documentación teño que presentar para consultar documentos no Arquivo Municipal?
Fai falla documentación acreditativa. Recomendámoslle que achegue todos os datos ou documentos que poidan axudarmos a localizar a información que precisa.