Datos de contacto

Dirección: R. Irmáns Nodales, 6, baixo – 36.001 – Pontevedra

Teléfono: 986 843 704

Contactopsoe@pontevedra.eu

Redes sociais

 @PsoePonte

 www.facebook.com/psoepontevedra

 @psoepontevedra

Concelleiros

Agustín Fernández González

Agustin Fernandez Gonzalez

Naceu en Pontevedra en 1961. Licenciado en Dereito. Curso Superior en Prevención de Riscos Laborais. Experto universitario en Protección de Datos (UNED). Diploma curso sobre Comunidades Europeas (USC).

Experto sociolaboral (Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales). Curso sobre Propiedade Intelectual. Avogado en exercicio. Foi concelleiro en Pontevedra en diferentes mandatos. Vinculado ao deporte local, foi directivo da Sociedade Deportiva Teucro. Casado e con dous fillos.

Contacto: afernandez@pontevedra.eu

Paloma Castro Rey

Nada en Pontevedra en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Avogada especializada nas áreas de Dereito Civil, Penal, Matrimonial e Social.

Contacto: pcastro@pontevedra.eu

Iván Puentes Rivera

Nado en Fene, 17-04-1980

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Actualmente traballa como investigador vinculado ao grupo “NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política” da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. É tamén profesor dos graos en “Publicidade e Relacións Públicas” e “Comunicación Audiovisual” do campus pontevedrés, así como do “Máster en Lingua e Comunicación nos Negocios”, impartido na Facultade de Filoloxía do Campus de Vigo.

Ten realizado estancias de investigación e docencia en universidades portuguesas, como a Universidade do Minho (Braga) e a Universidade dos Azores.

Anteriormente, traballou na Televisión de Galicia e na Deputación Provincial da Coruña. Ademais, foi alcalde de Fene no mandato 2007 – 2011, así como membro de diversos organismos, como a Comisión de Relacións Internacionais da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) o Consello Federal da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) ou o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

Contacto: ipuentes@pontevedra.eu

X