Inicio Concello Goberno Local Delegacións de Goberno

Delegacións de Goberno

Delegacións da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria do 13 de xuño de 2015 acordou delegar competencias da Xunta de Goberno Local en concelleiros e directores xerais. O artigo 127 da Lei 7/1985 reguladora de bases de réxime local establece a posibilidade de que a Xunta de Goberno Local delegue nos membros aos que fai referencia no seu apartado segundo. Así mesmo, o Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración do Concello de Pontevedra prevé esa posibilidade no seu artigo 22.

Delegacións de áreas e delegacións especiais

As áreas de goberno constitúen os niveis esenciais da organización municipal e comprenden, cada unha delas, un ou varios sectores funcionalmente homoxéneos da actividade administrativa municipal.

Das mesmas poderán depender outras áreas delegadas ás que corresponderá a dirección dun sector da actividade administrativa da responsabilidade daquelas.

As áreas de goberno se estructuran en servicios ou outras unidades administrativas inferiores segundo se recolla, anualmente, no cadro de persoal (plantilla) que forma parte do orzamento xeral municipal.

Aos órganos superiores (Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local) corresponde a dirección, planificación e coordinación política das áreas de goberno.

A dirección, planificación e coordinación política das áreas delegadas ou servicios, no seu caso, corresponde aos Concelleiros de Goberno e/ou Delegados. No suposto de que a acción de goberno nunha determinada área se delegue nun membro da Xunta de Goberno Local que non ostente a condición de Concelleiro, a súa denominación será a de Delegado municipal de Goberno. As funcións deste serán as fixadas no Decreto de nomeamento da Alcaldía.

Os titulares dos órganos superiores quedan sometidos ao réxime de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servicio das Administracións públicas ou en outras normas Estatais ou Autonómicas que resulten de aplicación. (Art.8 do Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración do Concello de Pontevedra)

Delegacións de áreas

Área de Disciplina Urbanística, Protección cidadá, Festas e Cultura

Carme da Silva Méndez, que comprende do seguinte ámbito funcional:

  • Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística.
  • Ordenes de execución e declaracións de estado de ruína.
  • Dirección e coordinación por infraccións ás normas urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía.
  • Imposición de sancións por infracción as normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia da alcaldía.
  • Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores,casetas, etc.)
  • Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
  • Coordinación e dirección directa da policía local.
  • A solicitude de autorización para realización de servizos sen uniforme por parte dos axentes da policia local.
  • Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios.
  • Coordinación e supervisión do servizo de protección civil.
  • Coordinación do plan de emerxencia municipal.
  • Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
  • Dinamización sociocultural.
  • Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.
  • Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades.
  • A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
  • A vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións

Área de Urbanismo, Promoción Económica, Emprego e Turismo

Ana Gulías Torreiro, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Planeamento urbanístico
  • Xestión urbanística.
  • Licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas de obras e actividades.
  • Promoción da cidade
  • Actividades de promoción económica de todos os sectores produtivos.
  • Políticas de emprego.
  • Promoción e fomento do turismo.
  • Proxección exterior da cidade e promoción do turismo.
  • Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.
  • Incentivación das actividades empresariais.
  • Comercio.
  • Industria.
  • Centro histórico
  • Dinamización e xestión da praza de abastos
  • Usos terciarios nos espazos públicos : actividade económica, promoción comercial, etc…
  • Vivenda, areas de rehabilitación integral e outros instrumentos de xestión de vivenda.

Área de Ordenación do Territorio, Infraestruturas e Mobilidade

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Ordenación do territorio.
  • Infraestruturas.
  • Ordenación xeral da mobilidade.

Área de Benestar Social e Deportes

Anxos Riveiro Portela, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
  • Organización de eventos deportivos
  • Fomento da vida do consumo saudable.
  • Servizos Sociais.
  • Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención e inserción.

Área de Contratación e Facenda

Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Coordinación e xestión da actividade contractual
  • Orzamentos e gasto público.
  • Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.
  • Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
  • Ordenación de pagos.
  • Xestión e supervisión do ciclo da auga.
  • Servizos territorializados en Pontesampaio e Canicouva, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.
  • As atribucións de expropiación e adquisición de inmobles que competen á Alcaldía nos procedementos de levantamento de actas de pagamento e de ocupación dos bens e dereitos afectados polos expedientes de expropiación forzosa.

Área de Educación, Igualdade e Programación e xestións das infraestruturas culturais

Carme Fouces Díaz, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • A presidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.
  • Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo.
  • Cemiteiros
  • Escolas infantís
  • Promoción da Igualdade.
  • Educación
  • Universidade

Área de Persoal, Réxime interior e Patrimonio

Vicente García Legísima, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Réxime interior.
  • Organización funcional da administración municipal.
  • Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais.
  • Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello.
  • Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía.
  • Patrimonio municipal.
  • Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal.
  • Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais, agás o Mercado de Abastos, e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.
  • Xestión do matadoiro muncipal
  • Xestión do Padrón municipal de habitantes.
  • A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
  • Coordinación da defensa xurídica
  • Dirección e impulso de regulamentos orgánicos
  • Xestión de estacionamentos en réxime de concesión

Area de Sostemento de espazos públicos, obras, participación social e territorial

Demetrio Gómez Xunqueira, que comprende o seguinte ámbito funcional

  • Montes e parques forestais
  • Sostemento dos espazos públicos: iluminación pública e vías públicas rurais.
  • Accesibilidade
  • A coordinación dos servizos territorializados, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.
  • Servizos territorializados en Lourizán, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.
  • Obras, dotacións urbanas e sostemento dos espazos públicos excepto no casco histórico
  • Dirección e impulso das actuacións financiadas con cargo aos fondos DUSI
  • Proxectos integrais de urbanización e reurbanización
  • Transportes públicos e auto-taxis
  • Sostemento dos espazos públicos: iluminación pública e vías públicas urbanas.
  • Coordinación da participación veciñal

Delegacións especiais

Servizo de Patrimonio e Memoria histórica

Xosé Luís Bará Torres, que baixo a coordinación da Concellaría responsable da Área de Urbanismo, Protección económica, emprego e turismo, comprende o seguinte ámbito funcional.

  • Patrimonio cultural e etnográfico
  • Memoria histórica
  • Novos catálogos de protección

Servizos territorializados e sensibilización ambiental

María do Pilar Comesaña Hermida, baixo a coordinación da Concellaría responsable da Área de Sostemento de espazos públicos, obras, participación social e territorial, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Sanidade animal
  • Canceira e animais abandonados.
  • A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
  • Servizos territorializados en Lérez, Alba, Cerponzóns, Campaño ,Verducido, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

Servizo de Xuventude, Normalización Lingüística e Sociedade do Coñecemento

Luis Alberto Oubiña Piay, baixo a coordinación da concellaría responsable da Área de Contatación e Facenda, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Sociedade do coñecemento.
  • Tecnoloxías da información e da comunicación
  • Xuventude.
  • Normalización lingüística e cultural.
  • Zonas verdes, parques e praias
  • Servizos territorializados en Marcón, Tomeza, Salcedo, Bora e Mourente, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

O TEMPO

Pontevedra, ES
cielo claro
18.4 ° C
20 °
17 °
82%
0.5kmh
0%
Mar
22 °
Mér
25 °
Xov
20 °
Ven
20 °
Sáb
18 °
X