Inicio Cooperación intermunicipal

Cooperación intermunicipal

A cidade é o centro da ampla comarca central das Rías Baixas, e a xestión dos principais asuntos de relevancia extra local abórdanse cunha óptica comarcal, xa que na capital teñen a súa sede numerosos equipamentos de ámeto provincial ou comarcal.

A cooperación con outros concellos materialízase en proxectos como o Proder ou o Lider (desenvolvemento rural) ou no ámeto do turismo (Mancomunidade Terras de Pontevedra), que xestional importantes proxectos para o interés común da cidadanía.

Ademáis tamén forma parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, un conxunto de máis de 30 concellos de Galiza e Norte de Portugal.

[sections collapse=”always”]
[section title=”Terras de Pontevedra”]
Terras de Pontevedra é o nome da Mancomunidade de Concellos creada para xestionar o Plan de Produto Turístico, en colaboración coa Comisión europea, o Ministerio de Industria do Goberno de España, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galiza, a Cámara de Comercio de Pontevedra e a Asociación de Turismo de Pontevedra.

Os concellos implicados neste Plan, e que forman a Mancomunidade, son Barro, Campo Lameiro, Marín, Poio, Pontecaldelas, Pontevedra e Vilaboa. O Presidente é o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e da súa Comisión de Seguimento forman parte os alcaldes dos 7 Concellos.

Para máis información www.terrasdepontevedra.org
[/section]
[section title=”Auga potábel para a comarca”]
En maio de 2008 o Concello de Pontevedra presenta a outros concellos da ría e a comarca os plans de mellora do abastecemento de augas, que consisten en garantir este servizo con auga captada do río Lérez para os vindeiros 30 anos.

Trátase dunha gran obra enmarcada nos plans hidrolóxicos do Estado. De momento non está completamente definido, pero a solución máis óptima consistiría en incrementar a actual captación de auga no Lérez e bombeala a un depósito situado nunha cota máis alta da actual, en Gavián, perto do Pontillón do Castro, para acto seguido distribuila aos municipios que desexen unirse ao novo sistema.

As obras costarán uns 37 millóns de euros.

O actual sistema de captación de auga potábel do Lérez abastece aos concellos de Pontevedra, Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo, pero cóntase coa incorporación de outros municipios da Comarca.
[/section]
[section title=”Directrices territoriais”]
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda solicitou ao Concello de Pontevedra unha achega sobre as ideas municipais para integrar nun documento denominado Directrices para a Ordenación do Territorio de Galiza.

Trátase dunha relación e breve descripción dos principais proxectos que se desenvolven ou están previstos no futuro, cunha vocación transformadora da cidade e do seu ámbito de influencia. A Xunta está a valorar a súa incorporación ao documento que recolla as devanditas Directrices.

O documento foi elaborado pola Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería (OTMAIE).

O traballo realizado parte do Avance de Directrices de Ordenación do Territorio de inicios de 2005 e das propostas alí recollidas, tanto as xenéricas como as específicas contempladas no seu capítulo 5: a área metropolitana Vigo-Pontevedra, e dá por reproducidas as alegacións presentadas polo Concello a aquel Avance.

Posicionamento xeral

Dentro da área económica e demográficamente máis puxante de Galiza, Pontevedra e a súa áea deben reforzar no futuro dous aspectos fundamentais que constituirían o seu posicionamento básico:

Por un lado a calidade urbana, ambiental e de vida entendida como unha cidade á medida das persoas, cunha calidade ambiental elevada, unhas paisaxes urbanas e rurais coidadas e recuperadas, uns activos patrimoniais e ambientais postos en valor, unha cidade accesibel para todos e todas, segura en todos os seus aspectos, especialmente no tráfico.

Asociados con este posicionamento hai múltiples proxectos en marcha: accesibilidade universal (amplamente recoñecida), seguridade vial (con éxitos como mortalidade nula no viario municipal), recuperación ambiental, especialmente da ría, e patrimonial, etc.

Por outro lado, unha economía moi diversificada con primacía do sector terciario, coa impulsión dos proxectos correspondentes que detallamos máis adiante.

Base productiva

Aposta pola diversificación, en todos os sensos, e pola referencia do seu ámbito de influencia.

— Sector primario. Recuperación e transformación do monte rachando coa dependencia da industria de primeira transformación e das especies de crecemento rápido, cunha diversificación dos usos do monte. (Plan Monte Vivo). Recuperación parcial dos usos agrícolas, en especial vitivinícola, inclusión na denominación de orixe Rías Baixas, e horticultura. Potenciación da pesca e marisqueo, con grande potencialidade de futuro, dado que os fondos das rías de Pontevedra e Vigo están no Concello de Pontevedra. Aínda que Pontevedra e o seu entorno ten potencialidades para a explotación da pedra tipo país non se opta pola súa potenciación pola incompatibilidade coa calidade ambiental.

— Sector secundario. Potenciación da automoción coas empresas auxiliares de Citroën (varias xa instaladas no Concello de Pontevedra). Construcción e promoción. Rebaixa do peso do sector de transformación de madeira (desaparición da fábrica de taboleiros, TAFISA, e traslado de ENCE pola súa radical incompatibilidade coa calidade urbana e ambiental).- Fomento da diversificación industrial coa dotación dunha rede de parques industriais na área de Pontevedra: Campiño, Barro-Meis, Caeiro, Fraga-Moreira …, que xunto aos contemplados no avance do novo PXOM de Pontevedra, constitúen un equipamento industrial variado e con perspectiva de futuro.

— Sector terciario. Impulso do turismo coa oferta cultural, museística e patrimonial de Pontevedra e a súa comarca, con mención especial ao Camiño Portugués. Mellora da calidade dos servizos e do atractivo urbano. Cidade administrativa. Potenciación dun modelo de comercio compatible có dinamismo do tecido urbano (restricción das grandes superficies).

Medio ambiente

— Medio Ambiente Urbano: aposta decidida pola calidade urbana en toda a súa extensión cidade acolledora, con calidade de vida. Recuperación do bordo marítimo e do dominio público marítimo-terrestre urbano, con especial mención á recuperación da marisma de Lourizán.

— Medio Ambiente Natural: Mellora ambiental do monte, dos ríos, das rías, e, en xeral, do rico patrimonio ambiental do Concello e a súa área. A inclusión de Tambo dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas, A ampliación do sistema verde metropolitano, coa inclusión da Xunqueira do entorno do Lérez, da Illa de Tambo, da enseada de Lourizán e dos parques forestais.

— Abastecemento de Auga a Pontevedra e concellos ría: mediante convenio a subscribír coa Confederacion Hidrográfica do Norte, por un importe total de 36 millóns de euros.

Infraestruturas metropolitanas

— Ferrocarril: Eixo Atlático de Alta Velocidade, Ave por Cerdedo, implantación do tren de proximidade.

— Sistema viario: Achégase en plano aparte e, en relación có Avance, apararecen como novidades a A-57 ata Curro, a circunvalación de Pontevedra, a ronda urbana, a variante Norte e a conexión da variante de Marín con Praceres.

— Traslado peaxe Alba cara o Norte e ampliación do treito libre de peaxe. Estudo das conexións coa PO-531 e nova ronda urbana.

— Reixertar a alternativa 5 da conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo para evitar o destrozo do fondo da ría de Vigo, impacto que contradiría o posicionamento xeral de calidade ambiental e paisaxística.

— Xerarquización do viario e adaptación á realidade, especialmente tendo a progresiva transformación das estradas tradicionais moi cargadas de residencia e actividade económica en vias de funcionalidade fundamentalmente urbana, mediante a súa transformación en eco-bulevares, nomeadamente a PO-546, a PO-12, PO-308, PO-531, N-541, N-550 Norte e Sur. Parte delas xa están neste proceso de transformación.

— Tráfico marítimo, ademais do contemplado no Avance, en relación có Porto de Marín-Pontevedra, preténdese recuperar a conexión directa de Pontevedra coa creación da Estación Marítima das Corbaceiras (en proxecto por parte de Portos de Galiza).

imagenes__GV28263_ef4f6fa7

imagenes_1036732-copia_3767aeae

imagenes_DSC_0015-copia_ac752cc5

imagenes_HPIM1164_708dd9f0
[/section]
[section title=”Eixo Atlántico”]
É un organismo de cooperación intermunicipal do que forma parte o Concello de Pontevedra, xunto a outros 33 concellos de Galiza e Norte de Portugal

A constitución do Eixo Atlántico basouse legalmente no Convenio-Marco sobre cooperación transfronteiriza entre Comunidades ou autoridades territoriais publicado no D.O.C.E. do 16 de outubro de 1990 e que entrou en vigor o 25 de novembro dese mesmo ano. Neste Convenio-Marco determínanse as condicións para o establecimento de asociacións transfronteirizas de dereito privado

O Eixo Atlántico ten a súa sede en Vigo (Rúa Bolivia, 4, 36203, Vigo) e unha completa páxina web donde se recolle numerosa documentación sobre as cidades integradas no organismo, programas, publicacións, noticias, etc.

www.eixoatlantico.com
[/section]
[/sections]