Banner coronavirus COVID-19

Co obxecto de contribuír á contención da pandemia do coronavirus na nosa contorna é preciso tomar a unha serie de medidas preventivas que afectan, maioritariamente, ao peche de instalacións municipais, ao cese de actividades, e ao emprego da vía telemática para as xestións administrativas.

Información para a cidadanía

  • Peche da atención ao público ao quedar suspendida toda a tramitación
  • Resposta a xestións e cuestións a través de

O Ministerio de Sanidade regula as condicións para a apertura ao público dos arquivos. O Arquivo Municipal:

  • Priorizará a atención telemática.
  • Cando sexa absolutamente imprescindible, a cidadanía poderá solicitar a consulta de maneira presencial con cita previa. O Arquivo comunicará por teléfono ou correo electrónico, a data e as condicións de consulta da documentación. Terán preferencia as peticións de información e copias de documentos que deban aportarse en procedementos administrativos e xudiciais.
  • Os documentos e material consultado quedarán en corentena durante un período mínimo de 10 días antes de poder ser empregados de novo.
  • Usuarios e investigadores só poderán empregar os seus equipos informáticos.
  • Os usuarios deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias.
  • O Arquivo poñerá a disposición dos usuarios que accedan as instalacións mascarillas, guantes, panos desbotables e solucións hidroalcólicas.
  • Telf. 986 804300 ext. 7021
  • Correo: arquimunpo@pontevedra.eu
  • Meniños: un psicólogo, unha traballadora social e unha educadora social estarán a disposición da cidadanía no número de teléfono 678 75 49 33 de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • AECC: 9 psicólogos e psicólogas atenderán chamadas nos teléfonos 986 85 03 98 e 986 84 83 34.
  • Atención ás vítimas de violencia machista, dispoñible de 09.00 a 21.00 horas no teléfono
    • 606 400 680
    • 900 119 741 (as 24 horas do día)
  • Atención a todos os menores bolseiros (usuarios de servizos sociais) nos comedores escolares
  • Reparto de alimentos do Comedor de San Francisco a través de Protección Civil
  • Aloxamento a todos os indixentes da cidade.
  • Atención ás persoas maiores (de máis de 65 anos) e con mobilidade reducida que viven soas na cidade para tratar de atender as súas necesidades básicas (traslado de alimentos, farmacia…)
  • Os teléfonos de atención de Benestar Social son:
    • 986 850 398
    • 986 848 334

Á espera de estudar novas medidas xa está acordado

Moratoria e ampliación do período de cobro de taxas e impostos municipais:

  • Auga, lixo e sumidoiros (as tres taxas cóbranse no recibo da auga).
    • Recibo do primeiro bimestre (xaneiro – febreiro). Xa está ao cobro, pero se amplía o prazo un mes máis, até o 11 de xuño.
    • Recibo do segundo bimestre (marzo – abril). Aínda non está ao cobro, pero o prazo de pago tamén se ampliará un mes máis, até o 11 de agosto.
  • Veladores
    • Retrásase o cobro do recibo nun mes. É dicir, o pago en período voluntario comezará a mediados de xullo e rematará a mediados do mes de setembro.
  • Venda ambulante
    • Descóntanse da cota as datas que non se puido montar o mercadiño ambulante no mes de marzo.
    • Retrásase un mes o cobro do recibo do primeiro trimestre, e amplíase o período de pago até catro meses. Comezará o 15 de maio e rematará o pago voluntario o 15 de setembro.
  • IVTM (Imposto de vehículos)
    • Retrásase o cobro do imposto un mes. O período voluntario de pago comezará o 4 de maio e rematará o 6 de xullo.
  • Mercados e valados: Amplíase o período de pago de cada recibo mensual en catro meses.
    • Recibo de marzo. O período de cobro vai do 25/3 ao 27/7
    • Recibo de abril. O período de cobro vai do 27/4 ao 27/8
  • Medidas de prevención:
    • Aforo máximo de 60 persoas
    • Manter unha distancia mínima de dous metros
    • Emprego obrigatorio de guantes por parte d@s concesionari@s
  • Servizo de entrega a domicilio

Se precisas ver a imaxe máis grande, preme na imaxe para aumentala.

Teléfonos O MERCADO
  • Desinfeción e fumigación dos espazos públicos, especialmente aqueles de maior concentración de persoas: centros de saúde, supermercados…
  • Suspensión dos zafarranchos de limpeza para concentrar os medios persoais e materiais na limpeza dos colectores e das illas de reciclaxe.
  • Servizo de atención aos doentes positivos por coronavirus. O protocolo de actuación é o seguinte.
    • O doente ponse en contacto coa Policía Local 986 83 30 80, que avisa á empresa de recollida do lixo.
    • Os doentes deberán colocar o lixo en bolsas pechadas e a parte do resto da familia.
    • A recollida é porta a porta.
  • Bolsa de voluntariado para o reparto dos pedidos das persoas vulnerables.
  • O contacto é o número de teléfono de Protección Civil 986 87 11 88 entre as 10h e as 20h.
  • Protección Civil porase en contacto co voluntario cando precise da súa axuda.
X