Doce colectivos forman parte do proxecto Hedra e teñen a súa sede na Casazul

168

A Concellaría de Benestar Social Municipal levará a cabo, o vindeiro mércores, 4 de marzo, ás 19.30 horas unha nova xuntanza das asociacións pertencentes ao programa Hedra, e que teñen a súas dependencias na Casazul. No encontro avaliarase o traballo feito  nestes dous anos de proxecto, e estudarán propostas de futuro.

            O programa Hedra ten como obxectivo consolidar o tecido social do Concello de Pontevedra por iso a Casazul ofrece un espazo de reunión e encontro para estas entidades, e a cambio as asociacións propoñen diversas accións de colaboración coa Casazul dependendo da súa finalidade: charlas informativas, ciclos de proxeccións, fomento e formación en lingua de signos, campañas de sensibilización, atención personalizada para axuda e orientación á poboación xeral, cursos monográficos, apoio nos “Días mundiais”, aulas formativas interactivas,…

            As asociacións que forman parte do programa e que asinarán hoxe o protocolo son:

  • ADIPO (Asociación de deseño, innovación, producción e oficios)
  • Asociación Parkinson Galicia
  • Grupo Peregrino –  Alcólicos anónimos
  • Manaia. Asociación galega de axuda á adopción
  • Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
  • Asociación Cultural Trepia (adícase ao baile e cultural tradicional galega)
  • Asociación Cultural Black Box Project (adícase ao entrenamento das disciplinas da cultural urbán: rap, breakdance e beatbox, entre outras).
  • Asociación de veciños “Santa María”
  • Anedia. Asociación de nenos e nenas con diabete
  • Asociación de persoas xordas de Pontevedra
  • Arxilarte. Asociación cultural de ceramistas
  • Medrando á par. Servizo integral educativo de apoio á familia.