Inicio Entroido 2018

Entroido 2018

As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasarrúas durante o desfile. A maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.

Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do Entroido, que se celebrará na noite do sábado 10 de febreiro na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a tarxeta de inscrición e mais o DNI.

Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do Entroido consistente no Ravachol 2018 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.

O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente identificado.

Os participantes, no momento da súa inscrición, deberán facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. Todos os participantes deberán estar anotados antes das 16.30 horas do sábado 10 de febreiro, día do desfile, momento no que se realizara o sorteo da orde de saída. A concentración e inscrición de todos os participantes no desfile de Entroido realizarase na rúa José Malvar

A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo.

Os grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho da propia góndola ou plataforma nin sobrepasar os 4 metros de altura; en calquera caso todos os participantes do Entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.

A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

Premios DO desfile do entroido

INDIVIDUAIS DISFRACE FACHAS
1º Premio 250,00 € 250,00 €
2º Premio 150,00 € 150,00 €
PARELLAS DISFRACE FACHAS
1º Premio 350,00 € 350,00 €
2º Premio 230,00 € 230,00 €
GRUPOS DISFRACE FACHAS
1º Premio 2.400,00 € 2.400,00 €
2º Premio 1.700,00 € 1.700,00 €
3º Premio 1.200,00 € 1.200,00 €
4º Premio 900,00 € 900,00 €
5º Premio 500,00 € 500,00 €
6º Premio 300,00 € 300,00 €
COMPARSA
1º Premio 2.400,00 €
2º Premio 1.800,00 €
3º Premio 1.600,00 €
4º Premio 1.150,00 €
5º Premio 850,00 €
6º Premio 540,00 €

 

Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.

Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) antes das 13.00 horas do venres 9 de febreiro.

Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.

A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 10 de febreiro, ás 12.00 horas, no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.

O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.

As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido. Valorarase a contribución humorística na actuación.

Cada murga recibirá 200 euros como gratificación pola súa participación.

No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 12 de febreiro e o mércores día 14 de febreiro ás 21.00 horas, a final será o xoves 15 de febreiro ás 21.00 horas.

Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será inapelable.

PREMIOS Do CONCURSO DE MURGAS

1º Premio: 1.200 €
2º Premio: 1.050 €
3º Premio: 900 €
4º Premio: 750 €
5º Premio: 400 €

No concurso da Mostra da Parodia valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos disfraces como das parodias que se representen.

Cada grupo participante representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se decidirá logo de celebrar o correspondente sorteo.

A inscrición para participar nesta mostra remata o martes 13 de febreiro, ás 13.00 horas, no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar).

Os grupos participantes comezarán a súa representación a partir das 22.30 horas do venres 16 de febreiro, no lugar previamente asignado.

Ás parodias sobre camións – góndola ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por sorteo, un espazo na rúa de Benito Corbal ou praza de España.

A entrega dos premios celebrarase ás 01.00 horas na praza da Ferraría.

PREMIOS XXIII MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO
1º Premio 1.300 € + Ravachol 2018
2º Premio 1.000 €
2º Premio 1.000 €
3º Premio 700 €
3º Premio 700 €
3º Premio 700 €

PREMIOS DO CONCURSO DE FILLOAS
1º Premio: 450 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 180 €
4º Premio: 120 € (á mellor presentación)
5º Premio: Vale por unha lacoada doado por Supermercados Froiz

Premio ao mellor disfrace

Tres cheques – compra doados polo Centro Comercial Urbano-Zona Monumental

ORGANIZA: Radio Voz

PROMOVE: Concello de Pontevedra

COLABORAN: Supermercados Froiz, Centro Comercial Urbano-Zona Monumental, exalumnos da Escola de Hostalaría Carlos Oroza.

O TEMPO

Pontevedra, ES
cielo claro
12.5 ° C
13 °
12 °
54%
3.6kmh
0%
Ven
10 °
Sáb
11 °
Dom
11 °
Lun
12 °
Mar
7 °
X