Este sábado volve o Club de Debate a Pontevedra: “Vivimos nun sistema corrupto”

234

Este sábado volve o Club de Debate, coa fase eliminatoria de Pontevedra, na que participarán 5 centros de ensino secundario público. Os debates comezarán ás 11 horas, no Pazo da Cultura, nunha completa xornada que rematará ás 19 horas, cando se darán a coñecer os nomes dos dous centros que pasarán á fase final, o domingo 26 de abril en Carballo.

            Equipos que participarán o sábado:

  • IES A Xunqueira 1
  • IES Luís Seoane
  • IES Valle Inclán
  • IES de Ponte Caldelas
  • IES Nº 1 (O Carballiño)

            Membros do xurado:

  • Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero Radio
  • Mercedes Torres, profesora de cursos Celga
  • Olga Patiño, membro da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL)
  • M. Carmen do Campo, profesora de lingua galega en educación primaria
  • Teresa Álvarez, profesora de lingua galega en educación primaria

 Premios:

  • Equipo campión:
    • un vale de 500 euros para o equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego,
    • un libro de discursos (Sempre en Galiza, de Castelao) para ter exposto no IES ata o vindeiro Club de Debate e
    • o acceso á fase fase final galega.
  • Equipo finalista:
    • un vale de 300 euros para os membros do equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego e
    • o acceso á fase fase final galega.

 O Club de Debate é un programa que organiza o Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, para promover o uso da lingua galega entre a mocidade. Este ano, o Concello de Pontevedra e o Concello do Carballiño colaboran na organización da fase eliminatoria que se desenvolverá na nosa cidade. Os dous equipos mellor clasificados en Pontevedra participarán na fase final, o domingo 26 de abril, en Carballo.

            No 2015 tres zonas de competición agruparán os equipos procedentes dos diferentes concellos:

Carballo, Ferrol e Negreira
Ames, Rois e Santiago de Compostela
Pontevedra e O Carballiño

Obxectivos da actividade:

  • Favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais.
  • Traballar no afondamento e no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importante: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria.
  • Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias.
  • Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.
  • Colaborar cos ENDL dos centros de ensino secundario no labor de dinamización do uso da lingua galega para acadar a normalización do idioma.

 O Club de Debate celebrarase este sábado, 7 de marzo, no salón de actos do Pazo da Cultura a partir das 10.15 horas, baixo o título “Vivimos un sistema corrupto”. A final galega será o 26 de abril, en Carballo baixo a temática “Herdamos o galego, temos que transmitilo”.

Club de Debate Regulamento