maio, 2019

15mai20:30Cinema20:30

Máis

Detalles do Evento

Trinta lumes (Diana Toucedo, 2018, 80 min., VO)
Entre o documental e a ficción, Trinta lumes  transcorre nunha aldea da serra do Courel, onde «a vida non remata, senón que se transforma noutra cousa». O filme acompaña as rutinas diarias das súas xentes, tratando, ao tempo, de captar o imperceptible para o ollo humano. Nesta aldea  vive Alba, unha moza de trece anos que quere descubrir o descoñecido, o misterioso e fascinante da morte. Coma tantas e tantos adolescentes, quere comprender aquilo que a rodea mais que non se revela de xeito evidente. A canda o seu mellor amigo, Samuel,  entra en casas abandonadas, percorre lugares destruídos e adéntrase no interior duns montes que agochan un mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Principal, Rúa Paio Gómez Chariño, 6

X