Entroido 2017, xa está aquí

3000

Estamos na contra atrás para o Entroido. Hoxe a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou o cartaz do Entroido 2017 e a programación das festas que teñen na retranca, no que parece e non, na crítica e no humor a súa identidade. Xunto a ela estaban os autores do cartaz: Din Matamoro e Kiko da Silva.

O Entroido pontevedrés comezará o venres 24 de febreiro e cunha importante novidade: a lectura do pregón trasládase a praza da Ferrería co fin da dar cabida ao cada vez máis numeroso público que dende o minuto un súmase á festa. “A Verdura quedou pequena e incómoda” explicou a concelleira Carme da Silva.

O desfile do Entroido (sábado, 25 de febreiro), a presentación do loro Ravachol (luns, 27 de febreiro), o Entroido Infantil e a Noite Pirata (martes, 28 de febreiro), os concursos de Murgas e Parodias e o velorio e enterro do Ravachol (sábado, 4 de marzo) son algunhas das citas imprescindibles da festa.

Como en anos anteriores e co fin de ir creando ambiente, a cidade acollerá a fin de semana anterior, o sábado 18 de febreiro, un pasarrúas de Madamas e Galáns, de Cobres (Vilaboa) que achegará a Pontevedra un exemplo de entroido tradicional.

O debuxante Kiko da Silva e o artista e académico de Belas Artes, Din Matamoros cualificaron de “emocionante” a colaboración para a creación de cartaz onde a capacidade de ver cousas onde os máis non as ven, a imaxinación e o amor pola terra van de man. Pan, aceite -comida en definitiva- e unha homenaxe a Sargadelos conflúen nunha imaxe icónica do Entroido local e de Pontevedra: o Ravachol e A Peregrina.

PROGRAMA

SÁBADO 18 DE FEBREIRO. Representación dos entroidos tradicionais

  • 12.00 horas. Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres

VENRES 24 DE FEBREIRO

  • 20.00 horas. Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido
  • 21.00 horas. Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos.
  • Lectura do pregón.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO

  • 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
  • 16.00 horas. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación na rúa José Malvar.
  • 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa José Malvar para percorrer as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
  • 20.00 horas. Praza da Ferrería. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará a entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades

LUNS 27 DE FEBREIRO

  • De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
  • 17.00 horas. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
  • 19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación:Comando Foucellas.
  • 21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.

MARTES 28 DE FEBREIRO

  • De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
  • 16.30 horas. XXII Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Actuación do mago Norberto. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra. Casa da Luz
  • 17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ.
  • 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!. Asociación Combrus e Troula.  A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo, Equipo Ja

MÉRCORES 1 DE MARZO

  • 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
  • 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
  • 18.00 horas. Centro Cultural de Campañó. Festival infantil do Entroido.
  • 18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra A Toda Salsa
  • 19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do Coro Seitura, recreación do Coro Aires da Terra.
  • 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.

XOVES 2 DE MARZO

  • 21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXVI Concurso de Murgas

VENRES 3 DE MARZO

  • 20.00 horas. Forovoz Pontevedra. Entroido, Filloas e Fogóns. Teatro Principal
  • 23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXII Mostra da Parodia do Entroido
  • 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXII Mostra da Parodia do Entroido

SÁBADO 4 DE MARZO

  • 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación de Foula e Os Alegres
  • 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
  • 21.00 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas: Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELADA INFAUSTA 

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría
Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida loa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
– Introito coa lectura dunha elexía para o finado
– Ilusión Compañía, fragmento da obra Emigrante
– Celme, danza da morte
– Saeta Val do Lérez
– Incineración do loro Ravachol

V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

LUGAR : Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)
HORARIO: 18.30 a 21.00 do LUNS 6 ao SÁBADO 11 de MARZO
Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza

Xoves, 9 de marzo

  • 19.30 horas. Proxección do documental “Madamas e Galáns: Historia do Entroido de Cobres”

Venres 10 de marzo

  • 18.30 horas. Apertura das xornada18.45 horas. Conferencia Daniel Domínguez: “O Entrudio de Manzaneda: Tradicións e Persoaxes
  • 19.30 horas. Conferencia Jorge Minas e Iván Fernández: “O Entrudio en Viana do Bolo”
  • 20.15 horas. Conferencia de Eloi Alonso Freiría: “ A Figura do Choqueiro das Mariñas Brigantinas”

Sábado, 11 de marzo

  • 18.30 horas. Conferencia de Queta Otero-Morales: “Historia do Carnaval de Marín”
  • 19.15 horas. Conferencia Carolina Neira: “Satira no Entroido”
  • 20.00 horas. Conferencia Pedro Peón: “Os Pradicacdores”
  • 20.45 horas. Mesa redonda e coloquio final

XORNADAS GASTRONÓMICAS. Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido. Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental

Bases dos concursos do Entroido