Inicio Exposicións vencelladas á lingua galega

Exposicións vencelladas á lingua galega

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ten á disposición dos colectivos que as soliciten varias exposicións vencelladas á lingua galega, ben a través de diferentes persoeiros, ben a través da Historia da lingua. Estas exposicións poderán ser vedidas ao longo de todo o ano por un período de tempo de arredor de 2 semanas.

As exposicións están deseñadas para:

  • Ligar a historia da lingua aos acontecementos históricos e sociais que determinaron o seu uso.
  • Aproximarse á nosa historia social, cultural e literaria para unila ao desenvolvemento do galego.
  • Incentivar a curiosidade polos acontecementos históricos que determinaron a situación actual da lingua.
  • Promover a reflexión crítica sobre a historia da lingua e o seu contexto en distintas épocas.

Catálogo de exposicións

A maioría das exposicións están feitas en cartón pluma de gran tamaño con marco de aluminio polo que, aínda que non pesan moito, precisan de paredes amplas onde ser colgadas. Algunhas tamén precisan un vehículo amplo, tipo monovolume, para o seu traslado.

Contidos: trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade.

Panel 1: portada
Panel 2: introdución
Panel 3: O galego, a lingua dun reino
Panel 4: Unha lingua internacional
Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
Panel 7: O mundo en galego

Panel 8: Conectados/as á rede
Panel 9: Galician sounds
Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
Panel 12: Falantes orgullosos/as
Panel 13: O galego tamén no meu mundo

Material: 13 paneis expositores de 200×100 cm montados en cadanseu soporte tipo roller. Conta con un cuestionario sobre a exposición elaborado de xeito gratuíto polo profesorado da Escola Oficial de Idiomas.

Observacións: o transporte e a montaxe resultan sinxelos, os paneis entréganse en cadanseu estoxo. Sostéñense sós; non precisan de parede onde se apoiar.

Lugar de recollida e devolución: Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Contidos: A través de textos e debuxos de Castelao a mostra trata a lingua, a economía, a emigración, o nacionalismo, a guerra do 36, o antimilitarismo e as institucións.

Material: 40 láminas enmarcadas de 42×60 cm: 1 de presentación, 7 temáticas e 32 máis con debuxos de Castelao clasificados segundo os sete temas anteriores. Hai unha unidade didáctica elaborada pola AS-PG como material complementario.

Observacións: transporte sinxelo (3 caixas), precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: debuxos de Pepe Carreiro, capas de libros de Castelao, debuxos de Castelao centrados nos nenos e nos animais, fotografías que ilustran a vida do rianxeiro desde a súa nenez ata a súa morte.

Material: 17 láminas de cartón-pluma de varios tamaños; as maiores son de 90×130 cm. Conta cunha unidade didáctica como material complementario.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: percorrido pola vida e obra do autor de Rianxo a través de 200 fotografías dixitalizadas.

Material: 52 paneis de cartón-pluma, de 90×130 cm, con marco de aluminio.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: percorrido pola biografía do autor noiés, a infancia, a mocidade, a etapa de Colombia, o retorno a Galicia e a súa actividade literaria e política.

Material: 17 láminas de 90×130 cm, enmarcadas en aluminio.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: vida e obra do poeta pontevedrés, con especial atención ao seu contexto familiar, cidadán e xeracional. Incide sobre todo na súa produción literaria e xornalística.

Material: 17 láminas de 90×130 cm. a catro tintas.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: percorre a vida e obra deste autor e a estreita relación do padre Sarmiento con Pontevedra.

Material: 18 paneis de 132×95 cm.

Observacións: os paneis están gardados nun caixón de madeira de 135x63x100 cm, polo que teñen que ir dúas persoas para axudar a cargala. Tamén se pode trasladar sen o caixón; nese caso cómpre levar material para envolver e protexer os paneis. Para trasladala precísase un vehículo grande, tipo monovolume. Precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: percorre a vida e a obra do autor. Recolle os seus estudos e traballos etnográficos e máis a súa obra O Tardo.

Material: 17 paneis de 70×100 cm en papel semifotográfico, enmarcados en aluminio.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: por medio de imaxes acompañadas dun pequeno texto mostra a vida do autor e, sobre todo, o seu labor como un dos intelectuais máis activos no eido do galeguismo.

Material: 16 paneis ploteados a catro tintas, en formato de 90×130 cm.

Observacións: precisa ser colgada.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: esta mostra busca achegar a figura de Bóveda ao público e proporcionarlle unhas mínimas nocións sobre o seu labor como un dos persoeiros máis importantes da súa época.

Material: 30 paneis xigantes, ploteados a catro tintas, en formato 120x170cm, con marco de aluminio.

Observacións: precisa ser colgada. As láminas son moi grandes polo que se precisa dun vehículo tipo monovolume.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: a mostra céntrase na vida e obra do autor.

Material: 19 paneis flexíbeis e plastificados, de 50×65 cm. O primeiro panel é introdutorio, 9 son paneis explicativos, centrados na vida e a obra do autor, con reproducións de fotografías e pequenos textos de Murguía. Outros 9 paneis son ilustracións de Pepe Carreiro sobre as distintas fases da vida.

Observacións: fácil de transportar; precisa ser pegada ou colgada na parede.

Lugar de recollida e devolución: Pazo da Cultura.

Contidos: a noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar por todo o país. Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura. Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas máis novas teñen dereito a coñecer.

O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Esta exposición recolle ese proxecto de axitación xeral, alicerce dunha tradición, e tamén impulso creativo para os novos tempos.

  • Panel 1: Tanta paixón quen poderá detela! “Nos 90 as guitarras eléctricas chegan á aldea”.
  • Panel 2: Smells like wild spirit .“Cheira como a caña brava” (José Colmeiro, Michigan State University) “Na antítese do concepto de Morriña está o bravú” (Miguel Anxo Murado, “Outra Idea de Galicia”)
  • Panel 3: Entre o rubán e o glocal (José Colmeiro). “O único xeito de chegar a ser realmente cidadán do mundo, é comezar por coñecer esa parte do mundo na que habitas”.
  • Panel 4: Bravú, a revista que sae cando a situación o require.
  • Panel 5: Que gusto é dar gusto a quen gusto sabe dar. “Nesta terra de mulleres que sementan berberechos na ribeira e patacas na eira” ( As Garotas da Ribeira).
  • Panel 6: Sesión bravú “Somos festivaleir@s”. “Eu fun á feira de San Sadurniño, canseime de viño, de rir e troular” (O Cuco de Velle).
  • Panel 7: Andar polo mundo que bonito é!. “Desta aventura sairán cousas con vida propia” (Manu Chao).
  • Panel 8: E de remate O que continúe! (Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín).

Material: 8 lonas de 200×80 cm montadas en cadanseu soporte tipo roller, 8 camisetas e 8 textos en cartón.

Observacións: o transporte e a montaxe resultan sinxelos, os paneis entréganse en cadanseu estoxo. Sostéñense sós; non precisan de parede onde se apoiar.

Lugar de recollida e devolución: Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Formulario de solicitude de inscrición

  • (pendente de confirmación dende o SNL)
  • NOTA

    Este formulario é unha solicitude. Para completar a inscrición e concretar a data e horario final, porémonos en contacto convosco.
    - Acepto as condicións de política de privacidade
    - Facerse cargo do transporte da mostra e da súa correcta conservación.
    - Facer constar, no local da exposición e na publicidade que se faga da mostra, o texto”Esta mostra foi cedida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra”.
    - O envío deste formulario queda supeditado á confirmación por parte do Servizo de Normalización Lingüística da concesión da exposición. Se pasados 15 días non nos puxemos en contacto con vostedes, por favor, chámennos ao 986 863 157 ou envíennos un correo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
  • This field is for validation purposes and should be left unchanged.

O TEMPO

Pontevedra, ES
bruma
9.3 ° C
11 °
8 °
93%
2.6kmh
90%
Xov
7 °
Ven
12 °
Sáb
12 °
Dom
11 °
Lun
10 °
X