Lecer e tempo libre para o verán

Ponteverán

CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

2 CAMPAMENTOS DE TEMPO LIBRE “SUSTINEA” NO PARQUE NATURAL DO XURÉS. 1ª quenda: 1-8 xullo (13-15 anos). 2ª quenda: 9-16 xullo (10-12 anos)

AULA DE NATUREZA E INTERPRETACIÓN (8-12 anos) 3 quendas: (1-14 xullo) (15-28 xullo) (29 xullo-11 agosto)

OBRADOIRO DE LECER CRÍTICO-CONSTRUTIVO “Cando nas cidades chova chocolate” (8-12 anos) 6-10 xullo

OBRADOIRO “Pontevedra polos 4 costados: terra, mar e aire” (8-12 anos) 13-17 xullo

OBRADOIRO MUSICAL E ARTÍSTICO (12-15 anos) 20-24 xullo

OBRADOIRO DE IGUALDADE: “Creamos un vídeo con Stop Motion” (8-12 anos) 27-31 xullo. Actividades culturais, deportivas e no medio natural

OBRADOIRO “Música de andar por casa: instrumentos humildes da música tradicional” (todas as idades) (sábado 4 xullo)

VII TORNEO DE FÚTBOL 7 MASCULINO E FEMININO “PONTEVERÁN-CAFyD”(14-30 anos) (4 e 5 xullo)

ESTADÍA NO MEDIO NATURAL: AS FRAGAS DO EUME (18-35 anos) (21-23 agosto)

APADRIÑA JAM 6.0 (a partir dos 15 anos) (25 xullo)

SAÍDA PARA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA (12-35 anos) (7 agosto)

RUTAS EN KAIAK DE MAR (16-35 anos) (16 e 23 agosto)

ORIENTACIÓN NOCTURNA NA ILLA DO COVO (a partir 8 anos) (29 agosto)

 

OBRADOIROS FORMATIVOS

CURSOS DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO (9-15 anos) (6-17 xullo) (20-31 xullo) (3-14 agosto)

OBRADOIRO DE GRAFFITI “Do bosquexo á parede” (12-35) (6-10 xullo)

OBRADOIRO DE HULA HOOP (12-35) (6-10 xullo)

CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA (14-35 anos) (29, 30 xullo e 1 agosto)

INFORMÁTICA (14-35 anos) martes, mércores e xoves (1º curso: 7-30 xullo) (2º curso 4-27 agosto)

 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Oficina Municipal de Información Xuvenil
Rúa Sor Lucía, 2, 3º tel. 986 840 367
xuventude@pontevedra.eu
xuventude.pontevedra.eu


Diversión, transmisión de valores e formación danse a man na oferta lúdica de verán que promove a Concellería de Xuventude baixo o título Ponteverán. Un ano máis, ofrécese unha ambiciosa e variada programación de lecer e formativa aos nen@s e moz@s da cidade co fin de que no seu tempo libre asuman como propios valores de igualdade, solidariedade, respecto á diversidade, o coidado da natureza ou o amor pola lingua e cultura galegas dun xeito lúdico.

Nos meses de xullo e agosto desenvolverase un amplo abano de actividades: campamentos de tempo libre no Parque Natural do Xurés; obradoiros artísticos, creativos e sobre a cidade; actividades culturais, deportivas e no medio natural; obradoiros formativos… Poderase escoller entre aprender da natureza a coñecer música e instrumentos tradicionais; desde visitar as Fragas do Eume a facer rutas en kaiak polo mar; desde observar o ceo a competir en torneos de fútbol; desde asistir a un obradoiro de Igualdade a ir a un de graffiti; desde iniciarse na escalada a aprender informática.

As actividades programadas estenderanse ao longo de xulio e agosto en quendas. Toda a información está en www.xuventude.pontevedra.eu ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra.

Un verán cheo de música

Música de bandas

Pontevedra, con preto de setenta bandas de música, é a segunda provincia do Estado con maior número destas agrupacións, unha tradición enraizada da que a cidade do Lérez non é allea. As Festas de Verán reservan un espazo para o sempre moi concorrido ciclo de Música de Bandas que ten coma anfitrións á Banda de Música de Salcedo (BES) e a Banda de Música de Pontevedra (BIMO).

A praza do Teucro acollerá os concertos. En realidade alternaranse dous eventos: o Ciclo de BMS no que tocarán a Banda Xuvenil de Salcedo e a Banda Xuvenil de Valadares (sábado, 4 de xullo) e a Banda de Música de Salcedo xunto coa Banda Municipal de Agolada (sábado, 18 de xullo), e o Ciclo Mestre Moldes no que actuarán a Banda de Música de Pontevedra (domingo, 12 xullo) e a Banda Unión Musical de Meaño (domingo, 19 de xullo).

A música da Banda de Música de Salcedo escoitarase de novo o 23 de agosto como peche da Festa do Demo. Nesta ocasión o escenario será a praza José Martí.

Sábado 4 de xullo
21 h X Ciclo de BMS. Concerto da Banda Xuvenil de Salcedo e da Banda Xuvenil de Valadares. Praza do Teucro

Domingo 12 de xullo
21 h Ciclo Mestre Moldes. Banda de Música de Pontevedra. Praza do Teucro

Sábado 18 de xullo
21 h X Ciclo de Bandas BMS. Concerto da Banda de Música de Salcedo e Banda Municipal de Agolada. Praza do Teucro

Domingo 19 de xullo
21 h Ciclo Mestre Moldes. Unión Musical de Meaño. Praza do Teucro

Domingo 23 de agosto
21 h Concerto de S. Bartolomeu. Banda de Música Salcedo. Pr. Jose Martí

XVI Edición. Homenaxe a Manuel Viqueira. 10 e 11 de xullo

Memorial Ricardo Portela

M. Viqueira

Venres 10 de xullo
De 17 a 21.30 h XIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais na Praza da Ferraría

20 h Pasarrúas de Picuíña, nas prazas e rúas da cidade

21 h Actuación de Xistra de Coruxo. Praza da Ferraría

Sábado 11 de xullo
De 11.30 a 14 h e de 17 a 21.30 h XIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferraría

12 h Pasarrúas do grupo Contracocheno nas rúas e prazas da cidade

19.30 h Pasarrúas dos grupos Gomes Mouro e Berros do Castro, nas prazas e rúas da cidade

21 h Homenaxe a Manuel Viqueira na Praza da Ferraría

21.15 h Actuación do Coro Novo Aires da Terra, na Praza da Ferraría

Consolidada xa como a grande cita anual co mellor da música tradicional galega, o Memorial Ricardo Portela chega este ano a súa dezaseis edición, na que se renderá homenaxe a Manuel Viqueira, o benquerido Gaiteiro de Vilaverde que finou o pasado febreiro aos 85 anos de idade.

Deixa un importante legado musical, un estilo propio de tocar pechado e un amplísimo repertorio que fan del un referente e que ben seguro manterán vivo os seus e todos os amantes da música e a cultura galega. Nado en Ordes en 1929 foi fundador e “alma mater” do cuarteto “Os Viqueiras” no que con el estaban os seus fillos Manolo, Paco e Fernando. Foi autodidacta e os que o coñeceron falan dun home bo, amábel e xeneroso.

A praza da Ferrería de Pontevedra acollerá a homenaxe a Manuel Viqueira o 11 de xullo. No acto actuará o Coro Novo Aires da Terra.

O Memorial Ricardo Portela celebrarase os días 10 e 11 de xullo e incluirá a Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que se poderá ver na mesma Ferrería. Distintos pasarrúas e actuacións de grupos galegos completarán o programa.

O Concello de Pontevedra celebra o Memorial Ricardo Portela, para honrar ao Gaiteiro de Viascón , músico e firme defensor da dignidade da gaita e para recoñecer o labor dos gaiteiros tradicionais e reivindicar a súa importancia na cultura de Galiza.

11 de xullo. Festa local.

San Bieito de Lérez, o máis milagreiro (11 de Xullo)

Se vas ao San Benitiño/ non vaias ao de Paredes/ que hai outro máis milaghreiro /San Benitiño de Leres. A canción popular está na mente dos numerosos devotos e curiosos que o 11 de xullo se achegarán ao Mosteiro de Lérez para cumprir cunha tradición secular: recoller o aceite bendito e milagreiro do santo que cura as enfermidades da pel ao cumprir cos ritos de sempre: pasar por debaixo do altar, tocar a imaxe do santo monxe beneditino cun pano e ofrecerlle exvotos, ovos ou cartos para darlle as grazas por ter escoitado as súas peticións e rogos.

A devoción dos fieis e os actos relixiosos non quita para que sexa unha xornada lúdica e, polo tanto, a música dos Gaiteiros das Rías Baixas, da Banda de Música de Pontevedra, as Pandeireiteiras de Aturuxo Pequena e a orquestra Salsa Costa, sentirase ao longo do día no adro do Mosteiro e na outra marxe do río Lerez.

A praia fluvial acollerá ás moitas familias, grupos de amigos, crentes e veciños que aproveitarán a visita a San Bieito para xantar xuntos e pasar unha xornada chea de diversión. Non faltará a empanada ao mediodía e nas dúas marxes postos de rosquillas e doces, venta de polbo ou empanada, xogos e atraccións.

Sábado 11 de xullo

10.30 h Saída dos grupos de música tradicional desde o Concello ata os salóns do Lérez. Os Gaiteiros das Rías Baixas.

11.30 h Romaría popular na praia fluvial do Lérez.

11.45 h Actuación dos Gaiteiros das Rías Baixas e Os Alegres.

12 h Mexilloada popular na praia fluvial do Lérez.

13 h Concerto da Banda de Música de Pontevedra, no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez.

17 h Actuación do grupo Pandeireteiras de Aturuxo Pequeno, nas beiras do Lérez.

22 h Verbena no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez: orquestra Salsa Costa.

11 de xullo.

Orgullo

Sábado 11 de xullo

De 12 a 22 h Free Love Party. Romería Urbana no Campiño de Santa María, con xantar no Quente e sesións durante toda a tarde, cos Dj´s

22 h Polbada no PTV (rúa Dona Teresa)

00 h Festa no Karma

Do 14 ao 19 de xullo. XXIII Edición.

Festival de Jazz & Blues de Pontevedra

Concertos gratuítos de artistas de fama internacional de jazz e de blues, como as estadounidenses Terri Lyne Carrignton (percusionista) ou Janiva Magness (cantante) e unha atención especial aos músicos galegos como Nani Garcia Trío ou Felipe Villar Quartet constitúen as dúas caras do Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra que este ano chega a súa 23 edición. As prazas do Teucro e A Ferrería acollerán as citas musicais programadas entre o 14 e o 19 de xullo.

O Festival de Jazz de Pontevedra mantén a súa aposta pola formación cun novo obradoiro PonteJazzWorkshop, no antigo Conservatorio, que contará con dúas grandes figuras do jazz europeo: os holandeses Joris Roelofs e Mark Schilders. Tamén ten previsto actividades paralelas como Jazz pola rúa, co grupo Chivinjazz e as Jam Sesións a media noite na praza de Méndez Núñez. Toda a programación está na web www.jazzpontevedra.com

Os artistas do XXIII Festival de Jazz & Blues de Pontevedra:

Felipe Villar JAZZFelipe Villar Quartet. (Martes 14 de xullo. Praza do Teucro)
O guitarrista Felipe Villar é un dos músicos habituais do jazz galego dos últimos anos e acaba de gravar o seu segundo disco, Outro. En 2014 gravara o primeiro, Home.
Trátase dun músico formado no Seminario Permanente de Jazz. Tocou e gravou con bandas como: Alberto Vilas Quinteto, Rúa da Alegría, Fernando Sánchez Quartet, Esmae Big Band, Javier Marcos Trío, Jazzología, Antonio Otero Quartet, The Groove Project, Ten Jazz Men… e tamén lidera o seu propio cuarteto, no que están Fernando Sánchez, José Manuel Díaz e Max Gómez.
Participou nos principais festivais e locais de jazz de Galicia, España e Portugal: Festival de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Lugo, Nigranjazz, ImaxinaSons, Casa da Música (Porto), Xancarajazz, Jazz Filloa, Clavicembalo, Dado Dadá…

Nan Garc°a Tr°o JAZZNani García Trío. (Mércores 15 de xullo. Praza do Teucro)
O pianista Nani García volve á primeira liña da escena musical recuperando o seu emblemático trío de jazz de piano, contrabaixo e batería, e faino acompañado por Simón García e Miguel Cabana.
Se nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego, agora vai máis aló e aposta por unha estética integral e contemporánea que afonda tanto no son das pezas como na execución instrumental: mesturará antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións reformuladas en clave de jazz con pezas novas.

Janiva Magness. (Xoves, 16 de xullo. Praza da Ferrería)
O blues e o soul chegarán ao Festival coa cantante estadounidense Janiva Magness. A súa foi unha vida complicada -os seus pais suicidáronse sendo unha rapaza, viviu na rúa e deu ao seu fillo en adopción con só 17 anos-, algo que marcou a súa música. Colaborou con nomes de lenda no mundo do blues, como Bo Diddley, John Hammond, Johnny Copeland ou Taj Mahal pero tamén con músicos tan distintos como Johnny Cash ou Tom Petty.
A súa poderosa voz foi comparada coa da lendaria Bessie Smith pola súa particular forma de cantar rythm & blues ao estilo de Nova Orleans. Non é a primeira vez que actúa en Pontevedra, estivo en 2008.

Terri  Lyne Carrignton JAZZTerri Lyne Carrington. (Venres, 17 de Xullo. Praza da Ferrería)
É a gran estrela do Festival. Esta percusionista estadounidense foi unha nena prodixio do jazz e a súa carreira empezou cando apenas tiña once anos. Era a súa unha familia de músicos: a súa nai era pianista afeccionada e o seu pai tocaba o saxo tenor profesionalmente e foi presidente da Boston Jazz Society. Ademáis o seu avó, Sonny Carrington era batería profesional e chegou a tocar con Fats Waller e “Chu” Berry.
Gravou o seu primeiro disco en 1988 e desde entón é unha das grandes referencias do jazz a nivel internacional. En 2002 lanzou o seu segundo álbum en solitario: “Jazz is a Spirit” (ACT), con cancións compostas, interpretadas e producidas por ela mesma, do mesmo xeito que no seu seguinte traballo “Structure” (High Note, 2004).
O seu último traballo, Money Jungle: Provocative in Blues gañou o Grammy ao Mellor disco de jazz instrumental, o primeiro que se entrega a unha muller.

Ruthie Foster JAZZRuthie Foster (Sábado, 18 de Xullo. Praza da Ferrería)
Compositora e cantante texana conta cunha voz tan expresiva e natural que foi comparada con artistas do talle de Aretha Franklin ou Ella Fitzgerald. Formada en estilos tan arraigados na cultura americana como o blues, o jazz, o góspel, o folk ou o soul, as súas actuacións en directo teñen como protagonista a súa poderosa voz e un estilo moi persoal.
Declárase admiradora de cantantes como Cassandra Wilson ou Norah Jones, pero o seu auténtico ídolo, nas súas propias palabras, é Mavis Staples.
Presentará en Pontevedra o seu último disco, Promise of a Brand New Day, editado o ano pasado e que supuxo a súa terceira candidatura aos Grammy.

Virxilio da Silva Quinteto (Domingo, 19 de xullo. Praza da Ferrería)
Formado no Seminario Permanente de Jazz, o guitarrista Virxilio da Silva é un dos músicos galegos con maior talento para o jazz. Mostrará os traballos realizados nos dous últimos anos, nos que experimentou con influencias que van desde o rock máis psicodélico de finais dos anos 70 até o jazz máis clásico, o pop avant-garde ou o stoner rock.

O seu lado estarán Joris Roelofs, saxo alto e clarinete baixo; Yago Vázquez, piano e fender Rhodes; Felix Barth, baixo e Mark Schilders, batería. 

Martes 14 de xullo

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Felipe Villar Quartet. Praza do Teucro

Mércores 15 de xullo
11 h Obradoiro PonteJazz (Joris Roelofs e Mark Schilders) Antigo conservatorio

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Nani García Trío. Praza do Teucro

24 h Jam Sesión. A Gramola. Praza de Méndez Núñez

Xoves 16 de xullo

11 h Obradoiro PonteJazz (Joris Roelofs e Mark Schilders) Antigo conservatorio

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Concerto de Janiva Magness. Praza da Ferraría

24 h Jam Sesión. A Gramola. Praza de Méndez Núñez

Venres 17 de xullo

11 h Obradoiro PonteJazz (Joris Roelofs e Mark Schilders) Antigo conservatorio

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Concerto de Terri Lyne Carrington. Pr. Ferraría

24 h Jam Sesión. A Gramola. Praza de Méndez Núñez

Sábado 18 de xullo

11 h Obradoiro PonteJazz (Joris Roelofs e Mark Schilders)Antigo conservatorio

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Concerto de Ruthie Foster. Praza da Ferraría

24.00 h Jam Sesión. A Gramola. Praza de Méndez Núñez

Domingo 19 de xullo

12.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

19.30 h Jazz pola rúa: Chivinjazz

22.30 h Concerto de Virxilio da Silva Quinteto. Praza da Ferraría

24 h Jam Sesión. A Gramola. Praza de Méndez Núñez

Teatro, música e xogos infantís. Do 20 ao 26 de xullo..

Cultura no Camiño

Luns 20 de xullo

19.30 h Teatro infantil: Ghazafelhos. As mil e unha noites.Praza do Teucro

Martes 21 de xullo

19.30 h Maxia infantil: A Illa dos Nenos. De troula en troula. Praza do Teucro

Mércores 22 de xullo

19.30 h Teatro infantil: Pinga Teatro. O bufón do reino. Praza do Teucro

Xoves 23 de xullo

19.30 h Música infantil: Troula Animación. Uxía a Lambona e a Banda Molona. Praza do Teucro

Venres 24 de xullo

19.30 h Teatro infantil: Migallas Teatro. Pan e Millo: Vai a ser boa!. Praza do Teucro

Sábado 25 de xullo

19.30 h Teatro infantil: Fantoches Baj. Rodarirrodari. Praza do Teucro

Domingo 26 de xullo

19.30 h Xogos infantís: Paporrubio. Paporrubio. Praza do Teucro. 

A praza do Teucro será escenario de sete espectáculos infantís do programa Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia co gallo da celebración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asise a Compostela.

Cultura no Camiño sae ao encontro dos espectadores galegos e de cantos nos visitan para lles amosar toda a calidade e a variedade da nosa produción de actuacións escénicas en distintas localidades situadas en distintas rutas xacobeas. Concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, maxia e novo circo compoñen un intenso calendario cultural e de lecer, coordinado por Turismo de Galicia e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

En Pontevedra os nenos e nenas e tamén maiores poderán gozar de sete xornadas de teatro, música, maxia e e xogos , na semana que vai do 20 ao 26 de xullo, e sempre a partires das 19.30 horas.

O pano levantarase para ver: As mil e una noites do grupo Ghazafelhos (teatro); De troula en troula de A Illa dos Nenos (maxia); O bufón do reino de Pinga Teatro (artes escénicas), Uxía a Lambona e a Banda Molona de Troula Animación (música); Pan e millo: Vai a ser boa! De Migallas Teatro (artes escénicas); Rodarirrodari de Fantoches Baj (teatro) e Paporrubio de Paporrubio (xogos).

22-26 de xullo as 22 h., na Praza da Pedrería.

Cinema na Lúa

A praza da Pedreira converterase entre o 22 e o 26 de xullo nunha grande sala de cine. Unha escolma de películas de distintos xéneros farán de Cinema na Lúa, sempre ás 23 horas, unha cita inescusábel para os amantes do sétimo arte. 
Mércores 22 de xullo
Her. Ciencia ficción

Xoves 23 de xullo
El Gran Hotel de Budapest. Comedia

Venres 24 de xullo
El Alucinante Mundo de Norman. Animación

Sábado 25 de xullo
Gru- cartel CINE RUA
Gru 2, mi villano favorito. Animación

Domingo 26 de xullo
Vivir es Fácil con los Ojos Cerrados. Comedia dramática.

O `milagre´das uvas e o millo en Santiaguiño do Burgo. Do 24 ao 26 de xullo.

Santiaguiño do Burgo

Santiagui§o G. Santos

Venres 24 de xullo

11.30 h Pasarrúas polo Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas

20 h Procesión polo Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures

22.30 h Verbena no recinto feiral: orquestras Manchester e Cosmos

Sábado 25 de xullo

11.00 h XIX Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da Ponte do Burgo, avenida de Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao

11.30 h Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo dos grupos Os de Algures e Gaiteiros das Rías Baixas.

12.30 h Procesión e concerto da Banda Música de Pontevedra

22.30 h Verbena no recinto feiral: Orquestras Avenida e Alaska

24.00 h Fogos de artificio na beira do río (entre as ponte do Burgo e Santiago)

Domingo 26 de xullo

11.30 h Pasarrúas polo Burgo cos Gaiteiros das Rías Baixas

20 h XVII Festa Homenaxe ás Persoas Maiores, con Os Chichisos. Teatro Principal

22.30 h Verbena no recinto feiral: Boys Machine e Kamelot

O Burgo acolle unha das festas de barrio máis tradicionais de Pontevedra: o Santiaguiño. Cada 24 de xullo reedítase unha lenda: A imaxe do Santiaguiño acude en procesión até a leira deste barrio de Lérez, onde se recollen as uvas e o millo máis temperáns “por intercesión do apóstolo”.

Segundo a tradición cristiá– o apóstolo Santiago pasou polo barrio nun das súas longas peregrinaxes evanxelizadoras famento e con sede, atopou e pediu de beber a un veciño cando este achábase nas inmediacións da actual cidade de Pontevedra, no barrio do Burgo. O home non dubidou en auxiliar ao apóstolo Santiago ofrecéndolle pan de millo e viño, e este agradeceu a súa xenerosidade premiando a súa casa coa primeira colleita de uvas de cada tempada vinícola. A leira deste prodixio pertence a familia Couto e alí vai tódo os 24 de xullo a procesión.

Tan popular coma a procesión do “milagre” das uvas e o millo, son nas festas do Burgo a súa Maratón Popular que este día 25 chega a dezanove edición e os fogos de artificio na beira do río, entre as pontes do Burgo e Santiago que iluminan a media noite o barrio. Ao día seguinte, 26 de xullo, os veciños do Burgo homenaxean os seus Maiores.

Diversión en Santo André. Do 25 ao 26 de xullo.

Festixeve 2015

Festixeve ocupará o Campo de Vilar de Fragoso, na parroquia de Xeve o fin de semana do 25 e 26 de xullo. Música, aire libre, comida e bebida xúntanse nunha festa nacida da man da Asociación Recreativa de Xeve en 1996 e que hoxe xa é grande cita da veciñanza de Santo André.

Os máis pequenos poderán gozar dos inchables pola tarde e a mocidade e os maiores de seguro subirán o ton da festa cós concertos programados. Na noite do sábado actuarán os Amigos do Acordeón das Rías Baixas, a Banda de Música Asalto Foule e o grupo Fruticultores Torpe, unha mestura musical coa que se espera alongar a diversión até altas horas da madrugada e na tarde do domingo optarase pola música festiva do grupo de batucada Olodum do Coia e da charanga Os Encerellados de Campo Lameiro.

Sábado 25 de xullo

18 a 22.30 h Inchables

22 h Amigos do Acordeón das Rías Baixas
Banda Baile Asalto Foula
Festicultores Troupe
Domingo 26 de xullo

16 a 21 h Inchables

17 h Actuación de Olodum do Coio
Charanga Os Encerellados de Campo Lameiro

27-30 de xullo. Concertos con música feita en Pontevedra.

15 Bolos

Luns 27 de xullo

19 h Cora Sayers. Praza da Verdura

20 h La Casa de los Ingleses. Pr. de Ourense

21 h Rëisk. Praza de Méndez Núñez

Martes 28 de xullo

19 h Australia. Praza da Verdura

20 h The Soul Breakers. Praza de Ourense

21 h Marvel Pop. Praza de Méndez Núñez

Mércores 29 de xullo

21 h AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Que desilusión!. Praza do Teucro

Xoves 30 de xullo

21 h Aware, Enki, Kaootik e Champurrada. Praza do Teucro.

As prazas da Verdura, Méndez Núñez, Ourense e Teucro acollerán a música de grupos emerxentes na escena pontevedresa, entre o 27 e o 30 de xullo. As bandas que actuarán son as gañadoras do concurso “15 Bolos” que organiza a Concellería de Cultura e Festas para completar a programación de verán nas rúas.

Cora Sayers, La Casa de los Ingleses, Rëisk, Australia, The Soul Breakers, Marvel Pop, AnodhoR, Test Hammer, Skiri, Visceral Eyes, Que desilusión!, Aware, Enki, Kaootik e Champurrada serán os protagonistas dos concertos dete ano.

O Concello dispón dun Local de Música. É un centro sociocultural onde os músicos noveis poden realizar actividades de ensaio, gravación e formación. Aquí xurde o concurso do que saen os 15 Bolos. Os grupos gañadores teñen por diante un concerto con público asegurado no que poden mostrar os seus traballos, xa que as prazas escollidas, situadas no casco histórico, están cheas de xente de todas partes nos meses de verán. O concurso ten un premio engadido: a selección dun teloneiro para un dos concertos da Peregrina.

31 de xullo e 1 de agosto. Música para gozar da cidade.

Paseantes

Que mellor que encher de música as prazas da cidade? De ritmos distintos: ledos, sentidos, populares, ilustrados… e sempre cativadores. É unha nova proposta do Concello de Pontevedra para as Festas do verán que ten na música un dos seus eixos fundamentais.

Baixo o nome Paseantes a música acústica, o swing, a ópera, o jazz, a fusión e a electrónica chegarán ás prazas da cidade para facer delas, máis se cabe, puntos de encontro e lecer cidadán, lugares para compartir e mellorar na aprendizaxe da vida, espazos con sentimento.

O 31 de xullo e o 1 de agosto haberá sesións musicais a partir do mediodía e a partir das oito da tarde as prazas de Abastos, A Leña, A Verdura, A Peregrina e Ourense serán os escenarios dos concertos de Trilitrate (acústica), Fátima Baña (cantautora), Mr. Cool e Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón (ópera), Nacho Pérez Cuartet (jazz) Jesús Vidal (fusión) e A máquina de meter medo (electrónica tradicional).

Venres 31 de xullo

12 h Trilitrate. Acordeón, violín, guitarra. Praza de Abastos

13 h Fátima Baña. Cantautora. Paza da Leña

14 h Mr. Cool. Swing. Praza da Leña

20 h Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera. Praza da Peregrina

21 e 22 h Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera. Praza da Verdura

23 h Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera. Praza de Ourense

Sábado 1 de agosto

12 h Nacho Pérez Cuartet. Jazz. Praza de Abastos

13 h Jesús Vidal. Fusión. Praza da Verdura

14 h A Máquina de Meter Medo. Electrónica tradicional. Praza da Verdura

20 h A Dolce Vita. Bandas sonoras. Rúa Peregrina

21 h Davide Salvado. Cantautor. Praza de Méndez Núñez

22 h Rynier Aldama Trío. Cubana. Praza do Teucro

23 h Alfombra Voadora. Hindú. Praza do Teucro.

28-31 de xullo. Acción para nenas e nenos.

Animatron convirte As Palmeiras nunha festa

No parque das palmeiras

18 a 21 h Actividades de animación, zancudos, pallasos, monociclistas, ludoteca “Constrúe a túa cidade”.

Actuacións: Títeres e Teatro Tarabelos, Asocirko, Rivel Animación e Cé Orquestra Pantasma.

Obradoiros temáticos distintos cada día: “Mundo aventura”, “Mundo-globo”, “Circo”, “Xogos populares”.

O parque das Palmeiras acollerá do 28 ao 31 de xullo un variado abano de actividades lúdicas e de animación para os máis pequenos. As actividades desenvolveranse desde as 18 ás 21 horas, e para participar nelas só hai que ir.

Zancudos, pallasos, monociclistas e a ludoteca “Constrúe a túa cidade” farán a ledicia de nenos e nenas, e deixarán claro que se está nunha festa. Por outra banda tamén poderán participar nos obradoiros ofertados que terán temáticas distintas segundo o día: Mundo Aventura, Mundo globo ou Circo, e tampouco faltarán os xogos populares.

Animatrón xa é unha cita tradicional das festas de verán de Pontevedra e os seus destinatarios só lle atopan un defecto: Duran moi pouco.

28-31 de xullo. Acción para nenas e nenos.

Música en San Roque

O barrio de San Roque únese ás Festas de verán de Pontevedra cunha programación propia asociada á música. Os veciños do que fora o arrabalde mariñeiro da cidade, coñecido como A Moureira, converten a praza dos Irmáns Pazó Montes nun auditorio o ar libre entre o 3 e o 7 de agosto.

A organización é da Asociación de Veciños de San Roque que aposta por unhas Xornadas Musicais para animar ao barrio e promover o sentimento de veciñanza e a relación inter xeracional. Para acadar estes obxectivos actuarán, nos días sucesivos e sempre a partires das 20.45 horas, as seguintes agrupacións: Orquestra do IES A Xunqueira I, Trío Nostalgias, Airiños da Peneda, Banda de Música de Pontevedra e Cantadores Tradicionales.

Luns, 3 de agosto
20.45 h Orquestra do IES A Xunqueira I

Martes, 4 de agosto
20.45 h Trío Nostalgias

Mércores, 5 de agosto
20.45 h Airiños da Peneda

Xoves, 6 de agosto
20.45 h Banda de Música de Pontevedra

Venres, 7 de agosto
20.45 h Cantadores Tradicionais.

4-6 agosto. VI Festival Internacional de Teatro de Rúa.

Itineranta

Martes 4 de agosto 20.30 h

Efimer: De Peluche
K de Calle: Músiko Moskas
Pablo Méndez Performance: Cybernia

Mércores 5 de agosto 20.30 h

Troula Animación: Hakuna Matata
Efimer: Traps
Turutukupa: Rezikletas
Tutatis: Osos do Pireneo

Xoves 6 de agosto 20.30 h

Olodum do Coio
Kanbahiota: Nómades
Efimer: The Dance of the Death
Kull D´Sac: Ragnarok

Pontevedra volverá a converterse de novo nun escenario urbano para acoller as propostas de Itineranta, un festival de espectáculos de rúa, único no Estado. Música, perfomance, persoeiros e historias dun espazo paralelo, sacadas da imaxinación, lume e luz, ritmos frenéticos e pausados, zancos, malabares, actuacións e interaccións co público sucederanse polo casco vello no solpor e noites do 4,5 e 6 de agosto.

Cando semella que nada máis prodixioso pode ocorrer, Itineranta chega a súa edición con propostas máis provocadoras e rueiras das compañías Efimer (Lleida), K de Calle (Zaragoza), Pablo Méndez Perfomances (Pontevedra), Troula Animación (Vigo), Turutukupa (Vitoria), Tutatis (Barcelona), Olodum do Coio (Pontevedra), Kanabahiota Trup (Albacete) e Kull D’Sac (Valladolid). Música en vivo, circo, teatro, cabaré e animación son os eixos duns espectáculos de rúa que deixan abraiados aos espectadores de calquera idade.

Os espectáculos varían dun día para outro e percorren tres itinerarios distintos polo centro histórico. Toda a información pode verse na web www.itineranta.com.

Os espectáculos programados son os seguintes:

De peluche Efime ITINERANTADe peluche, da compañía Efimer
Un mono xigante, de cinco metros de alto deixará ao seu paso unha chuvia de confeti. O espectáculo está montado nunha estrutura móbil movida con cordas.

Músiko Moskas de K de Calle
Espectáculo visual e sonoro no que unhas moscas percorren as rúas da cidade marcando o ritmo e interactuando co público ao tempo que fan coreografías.

Cybernia de Pablo Méndez Perfomances
Dous robots xigantes abrirán paso entre o público a dúas super máquinas cuxo creador fará andar para mostrar as súas múltiples funcións e invitará aos asistentes a traballar con elas.

Hakuna Matata de Troula Animación
O domador Charles e seu axudante saen a buscar a xirafa Pepa, o rinoceronte Antón e a elefanta Xoana que fuxiron do circo. Cando atopan os animais están un tanto tolos e custaralles adestralos de novo. Para elo pedirán axuda ao público e dun xeito especial aos nenos e nenas.

Traps de Efimer
Ofrecerase unha grande fantasía para nenos da man de tres dragóns feitos de miles de pedazos de teas representando o mundo dos soños.

Rezikletas de Turutukupa ITINERANTARezikletas de Turutukupa
Espectáculo de percusión no que os actores-músicos farán a posta en escena dun concerto itinerante onde o soporte sonoro é completamente acústico e feito a partir de materiais reciclados e reutilizados. A partitura fala da evolución do instinto ao razoamento humano.

Osos do Pireneo de Tutatis
Trátase dunha festa que comeza co espertar tras o inverno, o renacer despois do norte. Daquela o oso era un ser maligno e por elo o espectáculo centrarase na persecución que os osos fan de todo o que se lle pon diante.

Nómadas de Kanabahiota Trup
Unha familia que vén dalgún lugar onde a desertización chegou viaxa nunha grande roda xigante de cinco metros na que se moverán e farán espectáculos aéreos con técnicas circense, acompañado todo elo de música e canto en vivo.

The dande of death de Efimer ITINERANTAThe Dande of Death de Efimer
Música en vivo e un esqueleto de cinco metros invitan a bailar ao público. O espectáculo que semella unha festa electrónica inclúe un final con pirotecnia.

Ragnarok de Kull D’Sac
Sons electrónicos para ambientar un vangardista pasarrúas con coreografías de lume, efectos pirotécnicos, e danza en zancos.

8-16 agosto. A Semana Grande de Pontevedra.

A Peregrina


O verán pontevedrés ten nas Festas da Peregrina a súa semana máis buliciosa. Ateigada de xente, a cidade convértese nun grande escenario que levanta a diario o pano ao mediodía e non o baixa até a madrugada. Charangas, festivais e teatro infantís, a batalla de flores, concertos para os distintos gustos e idades, tiradas de fogos artificiais desde As Corvaceiras, verbenas… e todo no corazón da cidade e de balde. O pregón desde o Pazo de Mugartegui marca o sábado a saída da Semana Grande, en realidade nove días.

As atraccións na Alameda, os postos de venda de doces, as barracas e as moitas actividades de lecer programadas intercálanse coas citas deportivas e relixiosas. Non hai que esquecer que son as festas que levan o nome da patroa da provincia: a Virxe Peregrina, que se celebra o segundo domingo de agosto. A imaxe da santa, do século XIX e obra do escultor catalán Luis Vermell, sae este día do templo en procesión. É a única ocasión do ano que abandona o santuario e faino vestida de gala, co traxe oro e marfil bordado polas monxas clarisas de Lugo.

Os pontevedreses e os moitos visitantes que en agosto ocupan a cidade teñen onde escoller. Os monicreques, o teatro e a música nas prazas fan a ledicia dos máis cativos que atopan ademais nas atraccións e barracas da Alameda o seu propio paraíso.

Os espectáculos pirotécnicos de media noite (este ano, os sábados 8 e 15 de agosto e o domingo 16) son unha das citas máis concorridas das festas como tamén o son os concertos da praza de España, nos que se procura a variedade de estilos para darlle gusto a todos os públicos. Ao escenario subiranse nesta ocasión o grupo asturiano de metal WarCry e a banda de rock M Clan; el funky de Macaco e a música electrónica de Carlos Jean; Rafael Basurto, a voz de Los Panchos e o ídolo das rapazas e rapaces Abraham Mateo; as cantantes Luz Casal e Sés e súa banda Os Cempés.

Concertos gratuítos, na praza de España, as 22.30 horas.

Sábado 8 de Agosto

12 h Lectura do pregón desde a balconada do Pazo de Mugartegui e foguete de inicio das festas

12.30 h Pasarrúas percorrendo, César Boente, Don Gonzalo, Ánimas, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alfóndega, Michelena e praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas: Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Polavila, Duos Pontes e Celme para a ofenda floral.

13.15 h Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina.

13.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles.

13.45 h Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Polavila, Duos Pontes e Celme

14.00 h Entrega dos premios Amigos de Pontevedra

18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles

22.30 h Concerto de WarCry + Jhonander. Praza de España

22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Tokio e Ámbar

24.00 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras

WarCry + Jhonander (sábado, 8 de agosto). www.warcry.as

Os pontevedreses Jhonander abrirán o concerto dando paso a WarCry. Ser os teloneiros é un premio do concurso 15 Bolos que organiza o Local de Música municipal para bandas emerxentes. Jhonander amosará o seu traballo, parte del editado no single dixital Enciendes mi alma.

WarCRYA banda WarCry que lidera Víctor García naceu en Asturias hai catorce anos e xa ten un nome recoñecido no panorama musical do Heavy metal e Power metal estatal e internacional. Se nun primeiro momento as referencias épicas e mitolóxicas nas súas letras eran continuas co paso do tempo foron introducindo letras con contidos máis sociais e persoais.

Na actualidade xunto a Víctor García (voz) están na banda: Pablo García (guitarra e coros), Roberto García (baixo e coros), Rafael Yugueros (batería) e Santi Novoa (teclados).

Contando o primeiro traballo, do ano 2002,que leva o nome da banda, WarCry lanzou ao mercado oito álbums de estudio: WarCry, El sello de los tiempos (os dous do 2002), Alea jacta est (2004), ¿Dónde está la luz? (2005), La quinta esencia (2006), Revolución (2008), Alfa (2011) e Inmortal (2013) e dous álbums en vivo: Directo a la luz (2006) e Omega (2012).


Domingo 9 de Agosto
12 h Misa de pontifical no santuario da Virxe Peregrina
13 h Actuación nas prazas da cidade do grupo Xoldra
13.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
21.00 h Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII. Praza da Peregrina
22.30 h Concerto de M Clan. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras D´Momento e Bahía
M Clan (domingo, 9 de agosto). www.m-clan.tv

M CLANCarlos Tarque (voz) e Ricardo Euipérez (guitarra) levan máis de dúas décadas subidos ao escenario. Nacidos en Murcia no ano 1993, esta banda de rock saltou á fama seis anos máis tarde con Llamando a la tierra, a súa versión de Serenade de Steve Miller Band.

O seu percorrido musical principiou cun rock de influencia sureña para pasar a uns sons máis comerciais e a un achegamento ao soul e blues con moi bo resultado. No 2010 experimentaron co vento metal.

Teñen no mercado oito álbums de estudio: Un buen momento (1995), Coliseum (1997), Usar y tirar (1999), Defectos personales (2002), Sopa fría (2004), Memorias de un espantapájaros (2008), Para no ver el final (2010) e Arenas movedizas (2012). Tamén lanzaron dos traballos en directo, Sin enchufe (2001) e Dos noches en el Price (2014) e un recopilatorio, Retrovisión (2006).


Luns 10 de Agosto
12 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13 h Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19.30 h Teatro infantil: Viravolta Títeres. Varietes. Praza do Teucro
21 h Concerto man a man. Banda de Música de Pontevedra e Banda de Música de Salcedo. Praza da Ferraría
22.30 h Concerto Abraham Mateo. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Podium
Abraham Mateo (luns, 10 de agosto). www.abrahammateoofficial.com

Abraham MateoCantante, compositor e bailarín é autor da versión en castelán de “Mellow Yellow”, a canción principal do filme Los Minions, de estrea na carteleira de cine. O videoclip desta versión xa superou o medio millón de visitas.

Este éxito non o distrae da xira internacional que ten en marcha para presentar o seu último álbum Who I Am, gravado en Los Ángeles e que saía a venta o pasado mes de novembro. Con unha semana no mercado xa era o quinto álbum máis vendido en España e Disco de Platino.

Con só dezaseis anos este rapaz gaditano, que comparan co canadense Justin Bieber, é todo un veterano na escena musical na que entrou con sete anos no Festival “Veo Veo” da Fundación Teresa Rabal, obtendo unha mención especial do xurado na competición autonómica de Andalucía.

Who I Am é o terceiro álbum dun rapaz que asume con naturalidade que é un ídolo para os adolescentes a un lado e outro do Atlántico. Antes sairan a luz AM (2013), gravado en Madrid e Miami e Abraham Mateo (2009), gravado en Madrid.

Atrévese con todo: comezou con baladas e versión de cantantes de éxito, pasou polo pop e o electropop mesturando o inglés e o español e agora toca paus como R&B, sons futuristas e funky. Cada un dos seus videoclips, como pode ser Señorita, acadan milleiros e milleiros de visitas en poucos días.


Martes 11 de Agosto
11.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13 h Actuación do grupo Andaina nas prazas e rúas da cidade
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19 h Pasarrúas a cargo da charanga Rouba Bicos
19.30 h Teatro infantil: Viravolta Títeres. Dueto de Fío. Praza do Teucro
21 h Concerto dos Coribantes. Praza da Ferraría
22 h Cantos de taberna. Maravallada e Os Regatos. Tabernas do centro histórico (rúas Sabela II, Princesa, rúa da Ponte, Arcebispo Malvar)
22.30 h Concerto de Macaco. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Musical Noroeste
Macaco (martes, 11 de agosto). www.macaco.es/es

MacacoO funky fusionado coa rumba, reggae e sons electrónicos tomará o escenario da praza de España da man de Macaco (alcume de Daniel Carbonell de las Heras). Cosmopolita e apóstolo do diálogo e o multiculturalismo, comezou a súa andaina musical nas rúas da súa Barcelona natal. Ten moito percorrido desde o seu primeiro álbum El mono en el ojo del tigre (1999) e sempre sen medo a mestura e a experimentación.

Hoxe sube aos escenarios co tema Hijos de un mismo Dios a modo de presentación do seu último traballo, Historias Tattooadas. É o octavo álbum. Os traballos anteriores son: El murmullo del fuego (2012), El vecindario (2010), Puerto presente (2009), Ingravitto (2006), Entre raíces y antenas (2004) e Rumbo submarino (2002).


Mércores 12 de Agosto
11.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
12 h Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19 h Pasarrúas a cargo da charanga Rouba Bicos
19.30 h Actuación de Barafunda Animación. A Maxia de Xavi. Praza do Teucro
21 h Exhibición de bailes de salón, Escola de Baile Pasos. Praza da Ferraría
22 h Cantos de taberna Orfeón do Berbés e Muiñeiros do Sarela
22.30 h Concerto de Luz Casal. Pr. España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Gran Vía
Luz Casal (miércoles, 12 de agosto). www.luzcasal.es

LUZ-ALMAS-GEMELAS_pLuz Casal chega Pontevedra na recta final da súa xira 2014-2015, coa que presenta ao mundo o seu último álbum Almas Gemelas, un traballo editado no 2013 con sons intimistas, letras cheas de sentimento pero que non deixa de lado o rock que ten nela unha das voces máis recoñecidas do panorama internacional.
Dezasete álbums -catro deles recompilacións- ao longo de trinta anos de carreira fan dela unha das cantantes máis escoitadas, só en ventas suma preto de cinco millóns de discos vendidos.

Os seus álbums son: Luz (1982), Los ojos del gato (1984), Luz III (1985), Quiéreme aunque me duela (1987), Luz V (1989), A contraluz (1991), Como la flor prometida (1995), Un mar de confianza (1999), Con otra mirada (2002), Sencilla alegría (2004), Vida tóxica (2007), La Pasión (2009) e Almas gemelas (20013). A eles hai que sumar catro recompilacións: Pequeños y grandes éxitos (1996), Best of Luz Casal (1998), Pequeños, medianos y grandes éxitos (2005) e Un ramo de rosas (2011).

Considerada a gran dama do pop-rock español, nos últimos anos ten recibido numerosos recoñecementos pola súa traxectoria, entre outros o Grammy Latino de honra, a Medalla das Artes de Francia e Premio Nacional de Cultura no eido das Músicas Actuais.


Xoves 13 de Agosto
11.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
12 h Actuación do grupo Os de Mourente
19 h Batalla de Flores. Percorrendo as rúas Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal.
20 h Pasarrúas a cargo da charanga OT
21 h Festival infantil, concerto de Mamá Cabra “A Gran Festa das 15 Primaveras” Artistas convidados: Uxía Senlle (María Fumaça), Magín Blanco (A Nena e o Grilo), Pablo Díaz (Tic Tac) e Olga Kirk (Tic Tac). Praza de España
22.30 h Concerto de Rafael Basurto, a voz de Los Panchos. Praza da Ferraría
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Ibiza
Rafael Basurto, la voz de Los Panchos (Xoves, 13 de agosto).

Los PAnchosOs boleros e as melodías románticas de Los Panchos escoitaranse de novo en Pontevedra con Rafael Basurto, o que fora a derradeira voz en incorporarse ao grupo no ano 1975. Desde 1992 actúa co alcume “La última voz de Los Panchos”.

O Trío Los Panchos fundarase en Nova York no ano 1944 e o salto á fama internacional produciuse catro anos despois ao decidirse por facer dos boleros a súa identidade.

Si tú me dices ven situou o bolero no cumio da música romántica e desde aquela forma parte xa da vida sentimental de varias xeracións.


Venres 14 de Agosto
11.15 h Actuación do grupo Polavila nas prazas e rúas da cidade
12 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19 h Exhibición de Taekwondo. Praza da Peregrina
19.30 h Teatro infantil: Baobab Teatro. Bailando cos contos. Praza do Teucro
21 h Banda de Música de Salcedo e Odaiko Percusión. Praza da Ferraría
22.30 h Concerto de Sés + Os Cempés. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Terranova e Manchester
Ses + Os Cempés (Venres, 14 de agosto). www.mariaxosesilvar.com

SESRockeira e cantareira, unha mestura que ama e que leva as súas cancións nas que pon sentimento e enerxía, compromiso e liberdade. Sés -María Xosé Silvar no DNI- contará coa banda Os Cempés para presentar o público pontevedrés a súa última produción discográfica: Tronzar os valos (marzo 2015) na que os ritmos e as mensaxes da música latinoamericanos que leva nas veas xogan un rol importante.

Sobre o escenario estará a banda ao completo. A voz de Sés, suave nas baladas e forte e desgarrada cando elixe o rock ou o blues , terá o lado a David Paz (saxofón, clarinete), Tito José Calviño (guitarra), Pablo Cedeño (baixo), Miguel Queixas (batería), José Rodriguez (saxofón), Moncho Ces (trompeta), Cristian Leggiero (teclado) e Axa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez (coros)..

Co xenio destrozado (2013) e Admirando a condición (2011) son os seus anteriores traballos, cuxas letras tamén se escoitarán na praza de España.


Sábado 15 de Agosto
11 h Partidas simultáneas de xadrez. Escola de Xadrez Pontevedra. Av. Santa María
12 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
12.30 h Misa solemne e procesión de Santa María
13 h Pasarrúas do grupo Chouteira
13.30 h Concerto da Banda de Música de Salcedo. Av. Santa María
17.30 h Xogos e tradicións populares. Av. Santa María
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19 h Pasarrúas a cargo da charanga OT
21 h Concerto Quatro D Abril. Praza da Ferraría
22.30 h Concerto de Máxima FM. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Cosmo de Vigo
23 h Verbena de San Roque: orquestra Salsa Costa. Praza do Gremio de Mareantes
24 h Espectáculo pirotécnico. Peirao das Corvaceiras
Concerto de Máxima FM (Sábado, 15 de agosto). www.maxima.fm

A música dance soará con toda intensidade na véspera do fin das festas da Peregrina, é unha das citas esperadas pola xente nova.


Domingo 16 de Agosto
12.15 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
12.30 h Pasarrúas a cargo do grupo Os Alegres
18 h Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
20 h Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque. Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, Paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas
21 h Concerto de Corais. Coral Bella Helenes, Coral Polifónica de A.C do Chopo, Coral Airiños de Campañó, Coral Voces Amigas de Mourente, Coral Alameda do Fogar do Maior e Coral Polifónica de Salcedo. Praza da Ferraría
22.30 h Concerto de Carlos Jean. Praza de España
22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Avenida e D´Diseño
24 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras
Carlos Jean (Domingo, 16 de agosto).

Carlos JeanCarlos Jean pecha o ciclo de concertos da Semana Grande de Pontevedra poñendo a bailar á xente. É un dos tótem da música electrónica do Estado e ten unha grande discografía que inclúe éxitos tan sonados como Mr. Dabada.

Ferrolán de orixe haitiano, Carlos Jean é músico, produtor, re-mesturador, DJ e cantante. Ao final dos 90 formou o grupo Nawajean coa cantante e actriz Najwa Nimri e ten colaborado como produtor e re-mesturador con coñecidos artistas como Alejandro Sanz, Miguel Bosé, Hombres G, Bebe, Enrique Bunbury, Fangoria, Carlos Baute, Pastora Soler,Presuntos Implicados, La Unión, Camela o Estopa.

Lanzou ao mercado, entre outros traballos, nove álbums propios: Planet Jean (2000), Back to The Earth (2002), Mr.Miracle (2006), Mr. Babada (2006), Introducing Carlos Jean (2011), Planet Jean, deluxe edition (2011), El Plan B de Carlos Jean (2011), Reintroducinhg Carlos Jean (2013) e Combustion (2013).

23 de agosto. Burlas, xogos e trasnadas na XV Festa do Demo.

Festa do Demo

A lenda conta que na noite da véspera de San Bartolomeu
o demo que o santo ten atado en curto, logra fuxir e anda pola cidade atormentando as persoas que atopa no seu camiño. Mais os tempos mudan e o 23 de agosto o Demo, vestido de roxo e cun tridente na man percorrerá as rúas e prazas do casco histórico facendo burlas, xogos e trasnadas cun séquito de demiños e anunciando a súa chegada con música e petardos.

O Demo arrancará a súa batida -en realidade dúas, ás 12.30 e ás 20 horas- pola zona monumental nos Arcos de San Bartolomeu. Xa non é o que era así que os cativos tentarán arrancarlle o rabo nunha pelexa na que no sempre queda ben parado. A partires das 21.30 horas e co combate rematado celebrarase a Foliada do Demo na praza de Curros Enríquez cos grupos Alborada e Os Chichisos.

Media hora antes, as 9 e na praza José Martí, comezará o Concerto de San Bartolomeu coa Banda de Música de Salcedo.

12.30 h Saída do Demo e do seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.

20 h A comitiva do Demo volve percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.

21 h Concerto de San Bartolomeu ofrecido pola Banda de Música de Salcedo na praza de Jose Martí

21.30 h Foliada do Demo con: Grupo Musical Alboradas e Os Chichisos. Praza de Curros Enríquez.

28 e 29 de agosto.

Brinca na Praza

Venres 28 de agosto
22 h Concerto de Victor Aneiros e Narf. Praza do Teucro

Sábado 29 de agosto
22 h Concerto de Caxade e Bagullas do Lérez. Praza do Teucro

O rock, o blues o indie-folk en galego ocuparán a praza do Teucro nas noites do 28 e 29 de agosto. Será un paso máis cara a consolidación dun festival de rock impulsado polo Concello de Pontevedra co fin de reivindicar aos músicos galegos e a lingua de Galiza.

CAxade BRINCA na PLAZAVíctor Aneiros , un dos pioneiros do blues en galego e Fran Pérez, Narf, ligado a lusofonía e que auto defínese como “cancionista”, compartirán escenario o venres. Víctor Aneiros comezou o seu percorrido nos anos 80 aínda que a súa carreira en solitario non arranca até 1999 con la Víctor Aneiros & Blue Notes. Presentará o seu último traballo A soidade pide copas nos bares (2014) . videoclip do tema Autor de westerns (http://www.victoraneiros.com) vale de carta de presentación.

Fran Pérez, Narf, en solitario, dúo, trío ou banda é unha presencia común en festivais internacionais de música da lusofonía como o Mercado Cultural de Salvador de Bahía, o Festival D’Agosto de Maputo, o Festival de Mindelo ou en Cantos da Maré de Pontevedra e sempre vai na procura de novas experiencias e mesturas musicais. Un exemplo é o libro-disco Nas tardes escuras no que musicou poemas de Rosalía de Castro nos que atopa o sentimento rockeiro que nunca perde.

xullo a setembro.

Deportes

10 – 12 de xullo. Campionato de España de Piragüismo en Pista Senior. Pontillón do Castro

18 de xullo. Campionato Galego de Piragüismo en Pista Infantil. Pontillón do Castro

25 de xullo. Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo (CCCP). Ponte do Burgo e Xunqueira de Alba. Horario Matinal

27 xullo a 8 agosto. Campionato Galego de Billar a Tres Bandas

23 de agosto. Trofeo Cidade de Pontevedra de Tríatlon – Ponte dos Tirantes. Horario matinal

29 de agosto. Torneo 3×3 de Baloncesto de Rúa. Avda. de Montero Ríos. Todo o día

19 de setembro. Carreira Pedestre de Campañó (CCCP) – Parroquia de Campañó. Horario de tarde

26 de setembro. Proba da Liga Galega de Andainas de 50 Km “PonteAndar 2015”

4 e 5 de setembro. A Alquimia.

XVI Feira Franca

E chegará setembro… e traerá nostalxia e cores decadentes doutras épocas. E chegará setembro como a promesa firme de que habemos seguir, chegará setembro onde as lúas son máis curtas, as mareas máis vivas e os días máis mornos, chegará e con el a alquimia, a festa pura, a alegría.

Moitos son os que procuran a esencia, os que cuestionan a maxia, mais non hai segredos, non hai transformación posible, só a ledicia do man común, a festa en si, chegará setembro e con el haberá Feira Franca en Pontevedra. A cidade vestirase de época, engalanaranse as rúas, os camiños da escola, os balcóns… e sen tregua, como un derradeiro suspiro, chegará a alquimia e con ela a ciencia do porvir, o alicerce do futuro. Virán químicos, traerán metais preciosos; virán mariñeiros doutros lares, traerán as sereas que salvan das treboadas, monxes dotados de estraños bebedizos, sabias que curan doenzas da alma, curandeiras que empregan herbas prohibidas, tribos doutro confín, máis alá das montañas, místicos á procura de converter auga en ouro, de obter o elixir da longa vida, chegarán alquimistas, xentes do pouco común que no seu exercicio máxico farán pé na risa e na ledicia.

Todo isto ha traer a Feira Franca o 4 e 5 de Setembro, cando todo se encha de alegría,cando os xantares volvan ás rúas, cando a festa o ilumine todo.

FRANCA 1Hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra, convidámosvos, facemos un chamamento a aqueles que ven máis alá da primeira mirada, a aqueles que buscan máis alá do tanxible, a aqueles que conxuran a vida na procura da felicidade, vinde!

Hai Feira Franca de alquimistas e filósofos, da ciencia, das cociñas, das mulleres sabias, dos portadores, dos ensinantes. Vinde!

Hai Feira Franca dos magos, das sereas, dos seres escuros e dos seres de luz, hai Feira.

Teredes apócemas, ungüentos, ledicia pura, interpretes de soños, menciñeiros con beberaxes que curan todos os males, exorcistas de feitizos, creadores de zapatos de sete leguas, xantares e doces que acariñan a alma, roupaxes de invisibilidade, Iinstrumentos musicais, besbellos e bolboretas, xogos de todo tipo, hai Feira Franca, vida e luz-

FRANCATeredes cabaleiros, loitadoras, músicas, baile, nenos e nenas felices, anacos de fogares nas pedras marcadas por mil pasos. Vinde, hai Feira Franca en Pontevedra!

Esperámosvos na ilustre vila de Pontevedra, xentes do Lérez, as de máis alá da montaña máxica do Seixo, as do camiño a Compostela, vinde! Hai Feira Franca 4 e 5 de setembro.

Celebrade con nós a verdadeira alquimia que é a vida.

(As persoas que desexen estar na Feira Franca dun xeito activo poden presentar as súas solicitudes para participar nos xantares, ceas, no mercado ou na hostalería, xa que todas aquelas persoas que non o fagan non poderán instalarse no ámbito da Feira Franca durante esa fin de semana. A Oficina da Feira Franca abrirá as súas portas no edificio administrativo que o Concello ten na rúa Alfonso XIII -ao carón da Biblioteca pública- até o día 15 de xullo.)

A Alquimia

E chegará setembro… e traerá nostalxia e cores decadentes doutras épocas. E chegará setembro como a promesa firme de que habemos seguir, chegará setembro onde as lúas son máis curtas, as mareas máis vivas e os días mais mornos, chegará setembro como promesa serodia do verán e con el a alquimia, a festa pura, a alegría.
Moitos son os que procuran a esencia, os que cuestionan a maxia, mais non hai segredos, non hai transformación posible, só a ledicia do mancomún, a festa en si, chegará setembro e con el haberá Feira Franca en Pontevedra.
A cidade vestirase de época, engalanaranse as rúas, os camiños da escola, os balcóns… e sen tregua, como un derradeiro suspiro, chegará a alquimia e con ela a ciencia do porvir, o alicerce do futuro, virán químicos, traerán metais preciosos, virán mariñeiros doutros lares, traerán as sereas que salvan das treboadas, monxes dotados de estraños bebedizos, sabias que curan doenzas da alma, curandeiras que empregan herbas prohibidas, tribos doutro confín, máis alá das montañas, místicos á procura de converter auga en ouro, de obter o elixir da longa vida, chegarán alquimistas, xentes do pouco común que no seu exercicio máxico farán pé na risa e na ledicia.
Todo isto ha traer a Feira Franca o 4 e 5 de Setembro, cando todo se encha de alegría, cando os xantares volvan ás rúas, cando a festa o ilumine todo.
Hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra, convidámosvos, facemos un chamamento a aqueles que ven máis alá da primeira mirada, a aqueles que buscan máis alá do tanxible, a aqueles que conxuran a vida na procura da felicidade, vinde!
Hai Feira Franca de alquimistas e filósofos, da ciencia, das cociñas, das mulleres sabias, dos portadores, dos ensinantes. Vinde!
Hai Feira Franca dos magos, das sereas, dos seres escuros e dos seres de luz, hai Feira Franca.
Teredes apócemas, ungüentos, ledicia pura, interpretes de soños, menciñeiros con beberaxes que curan todos os males, exorcistas de feitizos, creadores de zapatos de sete leguas, xantares e doces que acariñan a alma, roupaxes de invisibilidade, instrumentos musicais, besbellos e bolboretas, xogos de todo tipo, hai Feira Franca, vida e luz.
Teredes cabaleiros, loitadoras, músicas, baile, nenos e nenas felices, anacos de fogares nas pedras marcadas por mil pasos. Vinde, hai Feira Franca en Pontevedra!
Esperámosvos na ilustre vila de Pontevedra, xentes do Lérez, as de máis alá da montaña máxica do Seixo, as do camiño a Compostela, vinde! Hai Feira Franca 4 e 5 de setembro celebrade con nós a verdadeira alquimia que é a vida.

Avance do programa

Venres 4 de setembro. Véspera da XVI Feira Franca

18.30 h Pregoeiros a cabalo anunciarán a feira nas prazas do centro histórico

19.30 h Pasarrúas de grupos de música, teatro, malabares

21 h Acto de apertura da XVI Feira Franca

Sábado 5 de setembro. XVI Feira Franca

11 h Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación

12 h Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Peregrina

Durante toda a xornada haberá actuacións musicais e teatrais nas prazas, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros infantís, obradoiros de xogos tradicionais, etc.

17.30 e 20 h Torneo medieval na Praza de touros.

4 e 5 de setembro.

E tamén…

Do Final e do Comezo 2015

Do 19 de xuño ao 30 de agosto. Pazo da Cultura. Sala de ExposiciónsDe martes a venres de 17 a 21 h. Sábados de 11 a 14 e de 17 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h.

Cerámica Contemporánea

Do 13 ao 18 de xullo. Balconada do recinto feiral. XVII Curso Internacional
De 9.30 a 13.30 e de 16 a 19.30 horas

Feira de Artesanía e Deseño Chalana

Do 16 de xullo ao 4 de agosto. Paseo Antonio Odriozola. Ferraría
De 11 a 14 e de 19 a 23 h

XXVI Feira do Mel

Do 8 ao 16 de agosto. Rúa Serra. Mercado Municipal
De 10.30 a 14 e de 17.30 a 22 h. Organizan: Concello de Pontevedra, CCU Zona Monumental e Aosc. de Apicultores

Vestidos con pincel, cosidos con agulla

Ata o 2 de agosto. Museo de Pontevedra. Sexto edificio
Un percorrido polo traxe tradicional e o seu reflexo na pintura

[rev_slider_vc alias=”mirao-ben” title=”MÍRAO BEN”]
X