O Concello pide convocar a comisión coa Xunta para entregarlle os terreos do edificio xudicial

93

O Concello de Pontevedra dispón dende hai unhas semanas de todos os terreos onde se levantará o futuro edificio xudicial da A Parda ao seu nome, tanto nas bases de datos do Catastro como no Rexistro da Propiedade. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Patrimonio, Vicente García Legísima quen explicou que o Concello estivo tratando de porse en contacto coa funcionaria de máis alta responsabilidade na Xunta que integra a comisión mixta de seguimento do convenio do edificio xudicial, sen obter resultados, polo que esta mañá dende a Secretaría municipal enviouselles un correo electrónico para que convoquen coa máxima premura esta comisión para saber como á Xunta quere que se lle faga esta transmisión dos terreos.

Trátase dunha parcela de máis de 6.700 metros cadrados integrada por unhas 32 parcelas distintas. Segundo Vicente García Legísima, a Xunta poderá solicitar que se lle transmitan todas xuntas como unha única parcela, polo que o Concello estaría disposto a asumir este gasto notarial, aínda que entende que non lle correspondería á administración municipal.

O concelleiro de Patrimonio aclarou esta mañá que a Xunta dispón destes terreos dende o 18 de febreiro de 2013 a través dun acordo da Xunta de Goberno na que se s poñían a disposición da Xunta todos os terreos propiedade municipal, ben porque foran expropiados e xa pagados, ou ben porque foran cedidos por Fomento e Adif previa expropiación por parte daquelas outras administracións.

O custe daquelas expropiacións superiou o 1,3 millóns de euros, e de todas as propiedades sólo dúas están en proceso contencioso.