Inicio Concello Corporación Grupo Municipal do BNG

Grupo Municipal do BNG

Datos de contacto

Dirección: Rúa Marquesa, 3 2ºI – 36002 Pontevedra
Teléfono: 986 86 62 05
Correo: pontevedra@bng.gal
Webbng.gal/pontevedra

Concelleiros

Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde)

Miguel Anxo Fernandez Lores BNG 2023 2027

Licenciado en Medicina. Médico. Concelleiro de Pontevedra desde 1987 e alcalde desde 1999 até a actualidade.

Ao seu cargo directo está a Portavocía do goberno. Coordinación e dirección política do goberno. Relacións con outras administracións, convenios con outras administracións e entes do sector público, infraestruturas e actuacións de outras administracións e entes públicos.

Contacto e redes sociais:
mlores@pontevedra.eu
Facebook
Twitter
Instagram

Eva Villaverde Pego

Eva Vilaverde BNG 2023 2027

Licenciada en Ciencias políticas e da Administración pola USC (especialidade en estudos de administración pública).

É concelleira de Pontevedra dende 2019. Foi concelleira do Concello de Moraña entre 2011 e 2019, e deputada do Goberno da Deputación provincial entre 2015 e 2019.

No Goberno municipal é a responsable da Área de servizos non territorializados que engloba: a xestión de recursos humanos. Protección cidadá: policía, bombeiros, protección civil. Ocupación de espazos públicos. Patrimonio, Réxime Interior, Padrón, novas tecnoloxías na administración.

Contacto:evillaverde@pontevedra.eu

Anabel Gulías Torreiro

Anabel Gulías BNG 2023 2027

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración con mestrado en Desenvolvemento Local e Comarcal e cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos. Ten experiencia en alta dirección de empresas públicas e privadas.

É concelleira de Pontevedra dende 2015. Foi concelleira do Concello de Forcarei dende 2011 a 2015.

No Goberno local é responsable da Área de promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía que engloba: Igualdade, Actividade física e deportiva. Xestión das instalacións de actividade física municipais. Envellecemento activo. Servizos Sociais. Sanidade. Sanidade animal e refuxio. Cemiterios. Políticas de emprego. Promoción exterior da cidade e do turismo. Grandes eventos. Sociedade de turismo. Mercados, matadoiro. Consumo responsábel. Promoción do uso das novas tecnoloxías.

Contacto: agulias@pontevedra.eu

César Mosquera Lourenzo

César Mosquera BNG 2023 2027

Licenciado en matemáticas e pedagoxía, foi profesor do IES Valle Inclán.

É concelleiro de Pontevedra dende 1991 e deputado provincial dende 1991. Foi vicepresidente da Deputación provincial de Pontevedra de 2015 a 2023.

No actual Goberno local é responsable da Área de mellora urbana que engloba: Ordenación da mobilidade urbana. Impulsión do PMUS. Urbanizacións e reurbanizacións. Estacionamentos: Xestión dos estacionamentos en réxime de concesión. Ordenación do estacionamento en vías públicas en todo o ámbito urbano. Transporte público.

Contacto: cmosquera@pontevedra.eu

Demetrio Gómez Xunqueira

Demetrio Gómez BNG 2023 2027

Licenciado en Filoloxía e profesor no IES Torrente Ballester.

Concelleiro en Pontevedra de 2001 a 2003, de 2005 a 2007 e de 2009 á actualidade.

No Goberno Local é responsable da Área de dinamización social e cultural en engloba: Actividades culturais e sociais. Festas. Xestións das instalacións municipais socio culturais. Normalización lingüística e cultural. Memoria Histórica. Educación nos seus diferentes niveis. Xuventude.

Contacto: dgomez@pontevedra.eu

Luís Alberto Oubiña Piay

Alberto Oubiña Piai - concelleiro

Graduado en Relacións Laborais con máster en Profesorado de formación profesional.

No Goberno local é responsable da Área de planificación do territorio que engloba: Ordenación do territorio e do ambiente natural, urbanismo, disciplina ambiental e urbanística. Xestión urbanística e ambiental. Actuacións en materia de vivenda, ARI’s. Patrimonio histórico edificado e etnográfico. Impulsión dos servizos territorializados en Monte Porreiro.

Contacto: aoubina@pontevedra.eu

Raimundo González Carballo

Raimundo González BNG 2023 2027

Licenciado en Dereito e Económicas foi profesor de FP. É concelleiro de Pontevedra dende 1991.

No Goberno municipal é responsable da Área legal e económica que engloba: Secretarías, Asesoría Xurídica, Contratación, Contratos de auga e de residuos, Intervención, Facenda, Tesourería, Ordenanzas fiscais e económicas, Orzamentos e as súas modificacións. Xestión dos fondos europeos.

Contacto: rgonzalez@pontevedra.eu

María Xosé Abilleira Novo

María Xosé Abilleira BNG 2023 2027

Técnica administrativa. Foi presidenta da Asociación de veciñas e veciños da parroquia de Lérez.

No Goberno local é responsable da Área de xestión ambiental e territorial que engloba: Infraestruturas, dotacións e servizos municipais no rural: de nova planta e sostemento dos existentes. Parques forestais. Ríos, praias, fontes e lavadoiros no rural.

Contacto: mabilleira@pontevedra.eu

Xaquín Moreda González

Xaquín Moreda BNG 2023 2027

Arquitecto, gaiteiro e membro de Maravallada. Ten un mestrado en conservación do patrimonio cultural e inmóbel.

É concelleiro en Pontevedra dende 2019.

No Goberno Local é responsable da Área de servizos urbanos básicos que engloba Sostemento dos espazos públicos urbanos e dos elementos de urbanización. Recollida e tratamento de residuos. Limpeza viaria. Subministro municipal de auga potábel. Fontes urbanas. Recollida de augas residuais. Parques, xardíns, espazos libres e praias urbanas.

Contacto: xmoreda@pontevedra.eu