Oito bandas participarán o vindeiro 11 de abril nunha nova edición do Fest

171

Esta tarde reuniuse o xurado do Fest organizado polo Local de Música, e que se celebrará o vindeiro 11 de abril. Da selección do xurado, os grupos que participarán nesta edición do Fest son:

  • The Soul Breakers
  • Onion Smile
  • Marvel PoP
  • Cora Sayers
  • La Casa de los ingleses
  • Test Hammer
  • Rëisk
  • HAL 9000

O Fest é unha proposta da Concellería de Xuventude, a través do Local de Música, para promover a escena musical emerxente. Busca pór en valor a creación musicial de base nun espazo tan emblemático da cidade como o Teatro principal.

Os obxectivos principais son:

  • Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade.
  • Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística.
  • Ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promoción.